We use cookies - they help us provide you with a better online experience.
By using our website you accept that we may store and access cookies on your device.

A confe galega, a mellor conferencia do mundo

Cando dentro de HT atopas o teu rincón no mundo.

Cando un amigo me comentou que xogaba a un simulador de fútbol, a min, que viña da xeración do PC Fútbol, non facía falta moito mais para convencerme. O que non imaxinaba era que 16 anos despois aquí seguiría tentando entender como se xoga a isto. Porque si, en todos estes anos estiven a moitas cousas—pero precisamente a manexar un equipo, non.

Debut nunha xa esquecida XI, ascensos, descensos, novos ascensos e tope histórico alcanzado na Vª división. Despois chegaron novas sucursais que fun espallando polo mundo, cos mesmos miserables resultados.

Pero si algo me encheu durante moitos anos, foi a confe galega. Aquí pasei momentos inesquecibles en ambos lados da barra. Debates interminables entre deportivistas e celtistas. Participando nos torneos que se foron organizando, Pichichis, Ligas Galegas Xuvenís, quinielas e sobre todo o Desafío Norte-Sur. Gracias á confe, desvirtualicei a compañeiros en diferentes quedadas.

Por todo isto, agardo botar moitos anos mais na vosa compañía, pasándoo ben e aprendendo cada día. Unha aperta a todos e gracias por todos estes anos.

2024-04-08 23:11:53, 234 views

Link directly to this article (HT-ML, for the forum): [ArticleID=23569]

 
Server 070