O xogo online de mánager de fútbol clásico
Hattrick é un xogo de mánager online onde controlarás un equipo para intentar chegar ao máis alto das ligas! Controlarás todos os aspectos do club: compra e venta de xogadores, adestramento e tácticas para os encontros de copa e liga, coma Estados Unidos e US Open Cup.
Cando sexa hora do encontro, este será simulado polo noso programa e poderás seguilo en directo e comunicarte co teu rival pola parola! Ao rematar o encontro, tamén poderás ver a análise e resultado deste.
Hattrick é por riba de todo un xogo que mistura fútbol e estratexia cunha planificación a longo prazo. Debes invertir en mellorar a Academia de Xuvenís ou mellor gastar o diñeiro nunha superestrela veterana que poida volver o teu equipo máis competitivo a corto prazo? Debes promocionar defensas prometedores ou atacantes de futuro na túa Academia?
Escolle ben: os teus talentosos xuvenís ben poderían ser as estrelas do teu equipo no futuro. Quizáis teñas ó próximo Leo Messi, Cristiano Ronaldo ou Kylian Mbappé do universo de Hattrick!
Gran parte do éxito e disfrute de Hattrick ten que ver coa súa experiencia multixogador -os equipos cos que te enfrontas son dirixidos por outros humanos que tratarán de superarte. Hai unha comunidade interna moi rica da que podes aprender moitísimo, mellorando así tanto o adestramento como a parte táctica e financieira.
Os teus mellores xogadores poden chegar a debutar coa selección nacional de USA! Cada tempada, o Hattrick organiza un Mundial, tanto para equipos absolutos como a nivel sub-21. Os actuais campións do Mundial do Hattrick son España, imos ver o que din!
Se chegas a ser un gran mánager, podes erixirte como candidato nas eleccións para dirixir á selección nacional. Actualmente, hai 152 ligas nacionais en Hattrick e podes postularte como candidato para calquera delas, incluso si o teu equipo é doutro país.
En Hattrick sempre hai algo que facer, sexa pasar un bo rato nas conferencias falando de Hattrick ou fútbol en xeral, ou buscando gangas no mercado de transferencias.
Pero é importante sabe que Hattrick é tamen un xogo ó que podes adicarlle o tempo uqe che pet. Se invirtes 30 minutos durante a semana para preparar as túas aliñacións e actualizar os adestramentos, poderás competir perfectamente nas principais competicións -sempre que tomes boas decisións.
Ó contrario que noutros xogos, non precisas conectarte tódolos días para adquirir extras ou gañar diñeiro virtual. En vez de iso, podes facerte Hattrick Supporter, o que che dará un montón de posibilidades para facer o xogo máis divertido e entretido, pero que non supón obter vantaxes de ningún tipo.
Hattrick é o auténtico xogo online de manager de fútbol, e leva en liña desde 1997. Os fundadores todavía seguen en activo e comprometidos con ofrecer Hattrick como un xogo de fútbol gratuito.
Consideramos que Hattrick contén o mellor dos xogos tradicionáis de mánager para ordenador soccer manager game, tales como as edicións de Football Manager, pero dunha forma na que se viven máis os partidos, dado que sempre xogas contra xente real.
Tamén inclúe aspectos dos típicos xogos de fútbol para consolas, como o Fifa Ultimate Team, donde confeccionas os teus propios equipos de fútbol para xogar contra outros usuarios ou conseguir logros e trofeos.
Benvido a Hattrick: o mellor xogo de mánager de fútbol gratuito do mundo! Non terás que pagar nada para xogar nin descargar ningún archivo, e ademáis podes optar por xogar na nosa gran app para iOS e [/#Link.Googleplay]Android[/#Link.Googleplay], o que fai que Hattrick tamén sexa un xogo de móbil!
Pero ten coidado, Hattrick pode ser moi adictivo, moitos usuarios levan xa máis de 10 anos con nós!