Guía para principiantes
Esta é a guía rápida de Hattrick. Vai o manual para obter información máis detallada.
As túas funcións
Ti es o mánager e estás a cargo de todo o relacionado co club. Planeas as tácticas e a estratexia, decides o que adestrar e seleccionas os xogadores que deberían xogar. Tamén compras e vendes xogadores, invistes en melloras para o estadio e moito máis.
Cartos
Os cartos son importantes, así que pensa ben onde gastalos. Un bo consello de inicio é non gastar os cartos ata saber que é realmente importante e onde sería mellor invertilos.
Ingresas cartos polos partidos, dos patrocinadores, dos socios e pola venda de xogadores, que se usan para cubrir os gastos en salarios dos xogadores e dos empregados, no mantemento do estadio... e ademais, en investir en novos xogadores e en melloras para o estadio.
Xogadores
Dedícalle tempo a coñecer os teus xogadores e as súas habilidades. Preme nas ligazóns das habilidades para ver en que punto da escala se encontran. Ademais, o teu adestrador elixiuche os xogadores estrela (segundo a súa opinión) para axudarche nos teus primeiros pasos.
A maioría de xogadores acaban facendo uso de varias habilidades no campo. Non obstante, dado que estás empezando, é mellor que te centres só nas principais:
Posición |
Habilidade principal |
Porteiro |
Portería |
Defensas |
Defensa |
Mediocampistas |
Xogadas |
Extremos |
Extremo |
Dianteiros |
Anotación |
Encontros
Unha tempada de Hattrick dura 16 semanas: 14 xornadas de liga, unha semana para os partidos de promoción e outra sen actividade de liga. Os partidos de liga son nas fins de semana, mentres que á metade de semana se xogan os amigables e os partidos de copa. Se hai algo que debes facer como manager, é enviar as ordes dos encontros antes do seu comezo.
Ademais, asegúrate de concertar un amigable cada semana se non estás xogando a copa (podes concertalo rapidamente usando a bolsa de amigables). Xogar amigables significa que podes adestrar máis xogadores cada semana, e maximizar o teu adestramento é moi importante para chegar lonxe.
Conceptos básicos dos partidos
Resumindo, a simulación do encontro consta de tres pasos. En cada tempo fanse unha serie de ataques:
- O teu mediocampo enfróntase ao mediocampo do teu rival para obter unha ocasión de ataque, tendo máis probabilidades de conseguila o mediocampo máis forte dos dous. A habilidade xogadas dos teus medios é a máis importante para o teu mediocampo.
- Cando o teu mediocampo "gañe" unha ocasión de ataque, decídese qué tipo de ataque é (esquerda, dereita, polo centro ou a balón parado).
- O teu ataque por ese sector compárase coa defensa do teu opoñente nese mesmo sector. A habilidade anotación dos teus dianteiros é a máis importante, particularmente para o ataque central; mentres que a habilidade extremo dos teus extremos terá moita influencia nos ataques pola banda.
Adestramento
O adestramento é a túa principal ferramenta para mellorar o equipo, e tamén é unha boa canle para facer diñeiro (embaixo hai máis información sobre isto).
Como debutante, recomendámosche que elixas unha habilidade "principal" para adestrar, coma portería, defensa, xogadas ou anotación, e que adestres esa habilidade por un bo tempo antes de cambiar.
O efecto do adestramento é visible unha vez á semana. Para que un xogador reciba todo o adestramento necesita xogar na posición correspondente 90 minutos (equivalente a un encontro completo) durante a semana. Xogar máis ca iso non suporá recibir ningún adestramento extra. Así que para recibir adestramento completo de xogadas, un xogador precisará xogar como mediocentro; para recibir adestramento de anotación precisará xogar de dianteiro, e así sucesivamente.
Traspaso
Podes mercar novos xogadores no mercado de fichaxes, e alí é onde tamén poderás vender os teus xogadores. Unha boa idea é comprobar o "comparador de transferencias", para ter unha orientación de canto custa normalmente un determinado xogador.
Empregados
Os empregados que contrates poden axudar a mellorar o teu club de diferentes maneiras. Por exemplo, e podería ser unha boa primeira opción para un novo equipo: canto maior sexa a súa habilidade, maior será o seu salario. Os empregados con habilidades moi altas poden ser excesivamente caros, así que mantente alonxado deles ata que esteas seguro de que realmente son o que precisas. Atoparás máis información sobre os empregados no manual.
Estadio
Chegará un día no que desexes ampliar teu estadio. Un bo consello é facelo cando vexas que enchas regularmente o estadio actual. Facelo antes é malgastar os cartos.
Xuvenís
Recrutar os teus propios xuvenís é un xeito moi divertido de adquirir xogadores para o teu equipo, mais existen algúns custos que van emparellados, polo que recomendamos que agardes a ter un mellor coñecemento do xogo co fin de non malgastares os cartos.
Estratexias para construír o equipo
Como novo equipo, unha boa estratexia será construír para o futuro en troques de para o presente. O futuro do teu equipo pertencerá de seguro aos xogadores máis novos, así que un bo consello é que constrúas o teu equipo arredor deles. Algunhas veces pode ser incluso recomendable vender ao teu mellor xogador para poder mercar talentos máis novos.
Centra teus esforzos no adestramento e mellora unha soa parte do equipo de cada vez. Pon os teus xogadores titulares a xogar na liga e merca un par de adestrables (xogadores novos con pasable ou bo na habilidade que esteas adestrando) para xogar nos amigables co único obxectivo de adestralos nesa habilidade. No comezo da túa carreira non é mala idea ter adestrables que xoguen tamén na liga, sempre que poidas permitírteo. Estes adestrables poden (cando as súas habilidades teñan mellorado uns cantos niveis) venderse máis adiante (cun chisco de sorte) por un prezo máis alto do que che custaron; proporcionándoche cartos cos que fortalecer aínda máis o teu equipo.
Usa a formación dos encontros para maximizar o adestramento, polo menos nos encontros amigables. Se, por exemplo, adestras anotación, asegúrate de xogar cunha formación de tres dianteiros polo menos, unha vez á semana (deste xeito recibirán adestramento completo máis xogadores). E se adestras defensa, xoga cunha formación que teña 5 defensas.