Historia de Hattrick
Tempada 88 (27 de maio de 2024)
Guinea únese a Hattrick, ademáis da nova liga de Equipos Canteiráns, da que poderán disfrutar aqueles que desexen competir nunha liga sen xogadores comprados fóra do clube.
Tempada 87 (5 de febreiro de 2024)
Dámoslle a benvida a Guiana e Tahití ao mundo de Hattrick!
Hattrick Arena lanzarase para torneos, escadas e outros encontros, excepto os principais do xogo.
Todos os iconos de encontros serán rediseñados para que tanto a web coma a app se parezan máis. Tamén se engadiran novos emoticonos ao foro para que os usuarios se poidan comunicar e reaccionar aos fíos. Introducirase a nova funcionalidade de Posición recomendada para os xogadores.
O proceso de crear novos equipos en Hattrick será mellorado, sendo moito máis rápido para os novos usuarios. Agora non se reutilizarán os equipos antigos abandonados, evitando o seu historial que resultaba confuso. Este sistema comezará a probarse na liga de Suecia. Finalmente, haberá un novo sistema de benvida para os novos mánager, mellorando os seus xogadores e equipo en xeral durante as primeiras semanas.
Reduciranse as ofertas dos contratos de patrocinio de 5 a 3 por tempada, facendo as eleccións arriscadas máis beneficiosas. Introduciranse novos logros, e moitos deles serán idea da comunidade, gracias a todos!
A comunidade terá finalmente a oportunidade de abrir un cuarto clube! E agora os Supporter máis despiadados poderán eliminar aos seus xogadores do Salón da Fama. Tamén dobramos a cantidade de marcadores que poden ter os supporter.
Tempada 86 (16 de outubro de 2023)
Hattrick chega a instagram! Xa que o noso equipo de traballadores medra, imos levar a cabo un ciclo de melloras máis estructurado, con lanzamentos mensuais e presentacións en vídeo.
Un novo sistema de xuvenís mellorará a experiencia dos olladores e as academias. Os xogadores terán avatares de corpo enteiro. Haberá novas transferencias programadas para facilitarlle a vida aos Supporter.
Os torneos mellorarán engadindo novas regras coma límite de idade, salario, tope de ráting, etc
Tempada 85 (26 de xuño de 2023)
Todo o relacionado co diñeiro no xogo será agora concentrado na páxina de Finanzas. Os informes actuais serán mellorados epresentaranse outros novos sobre os xuvenís, transferencias e patrocinadores. Ademáis, terán efecto as novas especialidades para porteiros.
O backstage será introducido como un espazo onde os membros de Hattrick poderán traballar xunto á comunidade para transformar o futuro do xogo.
Finalmente, a aplicación do xogo recibirá máis amor coas novas páxinas para as Copas Nacionais e a Hattrick Masters, xunto a melloras no visor en directo dos lanzamentos de penalti.
Tempada 84 (6 de marzo de 2023)
Hattrick nunca para de medrar! Tres novas ligas comezarán pronto: Nepal, Burkina Faso e Granada.
Moedas personalizadas, novos criterios para as ordes de equipo nos encontros, etc. Agora os funcionarios do clube poden evitar a derrota por non presentar a aliñación para un encontro.
Agora os entrenadores funcionan de forma similar ao resto de empregados. Terán un salario e un nivel de entrenador dende 1 (feble) ata 5 (excelente). Tamén haberá distinción entre xogador-entrenador e entrenador soamente.
Xa é posible facer unha búsqueda dentro dun fío do foro, e a páxina do Estadio será mellorada para os Supporter, presentando unha nova imaxe máis acorde co resto do xogo.
Tempada 83 (14 de novembro de 2022)
A páxina da Copa ten unha nova imaxe e o sorteo cambia ata o punto de que as dúas próximas roldas son sorteadas ó mesmo tempo. Esto fai que o camiño ata a seguinte rolda sexa visible, o que fai que os non favoritos teñan a posibilidade de saír beneficiados se acadan unha victoria milagreira. Así a todo, cada unha das copas ten agora un "Equipo da Semana".
O meu Hattrick e o Meu Clube xuntaranse nunha soa sección chamada "Meu Clube", con un sistema de notificacións unificado.
Engádense novas opcións no Salón dos Figuras, sendo posible desfacer un ingreso nos 10 minutos seguintes da súa solicitude.
Finalmente, os servidores de Hattrick moveranse a un novo fogar!
Tempada 82 (25 de xullo de 2022)
Hattrick celebra o seu 25 aniversario! Para conmemorar unha data tan sinalada, unha das melloras máis aclamada se á luz: barbas para os avatares dos xogadores.
A páxina web renóvase cun mellorada menú da Comunidade e lánxase un novo deseñador de logos para os Supporters.
Os porteiros canteiráns poden aparecer dende xa con especialidades. As especialidades dos porteiros sufren algún que outro axuste, pero eses cambios de momento son visibles soamente nos partidos de xuvenís.
Introdúcese a taxa por especialidade, coa intención de incrementar nun 10% os salarios dos xogadores con especialidade.
Finalmente, unha nova interface para as tandas de penalti fai esta parte de Hattrick máis emocionante. Tanto os lanzadores como os porteiros gañan en dinamismo.
Tamén aumentamos a lista de logros para xogadores con vínculos familiares!
Tempada 81 (4 de abril do 2021)
Lanzamos un novo feixe de Misións, dirixidos ós equipos que non progresaron nas últimas tempada. Agora podes unirte a un Círculo Local adicional. Poñer un enlace a un xogador nas Conferencias permíteche ver o seu nome, idade, dono, etc. sen ter que deixar a páxina na que estás. Tamén extendemos os detalles dos resumos na páxina de reporte do encontro.
Actualizamos o Planificador de adestramento, onde agora podes simular múltiples planes de adestramentos. Revelamos vínculos familiares en Hattrick mostrándolle a cada novo xogador se ten algún parentesco cos xogadores xa existentes.
Os xogadores agora tamén acadan títulos se forman parte dalgún equipo que consigue facerse cun trofeo. As recompensas ofrecidas polos patrocinadores melloran para unha relación máis equilibrada entre dificultade e recompensa.
Hattrick vai lento pero seguro cara o seu 25 Aniversario e, a modo de homenaxe, créase a Liga Aniversario de Hattrick, unha liga aberta a todo o mundo e de balde. Ademáis diso, tódolos usuarios poden retarse entre eles na Escada da Liga Aniversario de Hattrick.
Tempada 80 (13 de decembro do 2021)
Os comentaristas dos partidos van mellor preparados, proporcionando máis información sobre os xogadores, equipos e actuacións anteriores. Os Logros nunca son suficientes, así que engadimos algún máis para a colección.
Un novo servidor está listo para usarse, o que significa máis almacenamento, máis potencia para calcular, etc., dándonos moitas máis opcións para plantexar o futuro. Coas "Ligas Preferidas", podes escoller o teu destino favorita a través do sistema de ligas de Hattrick, tanto si ascendes, descendes ou permaneces na mesma división.
Actualizamos a páxina das instrucción para o partido con novas características e aumentando a rapidez de carga e resposta. Con unha mellor integración do estadio, este vese de fondo nos partidos en vivo, ademáis de poder escoller o patrón de corte para o céspede.
A páxina dos xogadores recibe unha actualización, facendo máis doado ter a información chave deles dun vistazo. Móstranse máis detalles, como as lesións, os cartóns vermellos e os goles.
Tempada 79 (23 de agosto do 2021)
Esta tempada comezamos coa novidade de "Liga Apache", onde os equipos participantes terán seis tempadas para chegar á cima e convertirse en campións. Tamén podénse apreciar algunhas melloras na app, como a búsqueda nas Conferencias, as internacionalidades e os goles dos xogadores e moitas cousas máis.
As federacións das Seleccións Nacionais estarán abertas para todos os usuarios, incluidos os non-Supporters. Agora tamén podes deseñar camisetas exclusivas para os teus porteiros. Ademáis, engadimos algún logro máis para o voso disfrute.
As tácticas Presión, Atacar polas bandas e Atacar polo centro ven algúns cambios para equilibralas con respecto ás demáis tácticas dispoñibles en Hattrick. Dende agora podes aceptar misións que se activarán en determinados puntos da túa carreira en Hattrick e proporcionarche obxectivos adicionais.
O novo deseñador do Estadio tamén fai a súa aparición na nosa app con unha serie de melloras. De cara a evitar que se fagan triquiñuelas para eludir os límites das Reservas da Xunta, a Xunta pode decidir gardar algo de efectivo para determinados xogadores "Lingote" que non xogan a cotío no teu club.
Antes do comezo de cada tempada, poderás escoller un dos cinco patrocinadores que che ofertarán en base a distintos obxectivos a cumplir.
Tempada 78 (3 de maio do 2021)
Grazas ós Círculos Locais, agora podes falar e xogar pachangas contra usuarios que estén na mesma zona. Os apadriñados terán un mellor contacto cos seus padriños para achegarse moito máis ó xogo.
Un mellorado deseñador do Estadio volve tras moito tempo por mor dun inactivo Flash. Tamén engadimos unha morea de novas estadísticas e ferramentas.
Calquera ó que lle gusten os Logros está a decatarse de que ten moitos novos ó seu alcance. Ademáis de algunhas melloras para o deseñador de uniformes, fixemos posible o seu uso na app.
Tempada 77 (11 de xaneiro de 2021)
Tamén modificamos a Copa Mundial, con un novo sistema mellorado no que participarán 144 equipos, e engadimos as competicións Continentais.
O sistema de simulación de aliñación mellorado permitirá calcular o tempo, espírito do equipo, confianza, etc para un encontro e aliñación determinados.
Finalmente, incorporaranse novas ferramentas de deseño e un sistema de xestión dos chats nos que participas.
Creouse unha nova sección para ver os logros e mellorouse a información da liga mediante tablas que ensinan a posición dos diferentes equipos durante a tempada, podendo ver os resultados de cada encontro xogado.
Tempada 76 (21 de setembro de 2020)
Birmania, Zambia, Porto Rico, San Marino, e Haití únense a Hattrick. Inclúense varios cambios visuais relativos ao entrenamento.
A nosa APP foi actualizada con numerosas funcionalidades que xa estaban dispoñibles na web. Agora poderás crear torneos e invitar equipos, ver o historial de habilidades, salario e lesións, ver os momentos memorables de cada xogador, etc
Tamén engadimos unha nova sección na historia do clube que mostra a progresión do teu equipo na liga e copa durante as últimas tempadas.
Tempada 75 (1 de xuño de 2020)
Con Belice, Botsuana, Madagascar e San Vicente das Granadinas, será catro as novas ligas de Hattrick. Tamén lanzaremos varias melloras no historial de adestramento, como ver o que estabas a entrenar nunha determinada data.
Haberá unha nova opción para os encontros de torneo e pachangas que permitirá xogalos entre 3 e 6 veces máis rápido. Finalmente, engádense novas funcionalidades na lapela de liga e búsqueda no mercado de transferencias.
Tempada 74 (10 de febreiro de 2020)
Co planificador de adestramento poderás crear estudos que amosan tanto habilidades coma salarios do plan descrito.
Un calendario mellorado na oficina darache unha mellor visión dos datos máis relevantes. E tamén puxemos a traballar en serio aos teus empregados para que melloren os seus informes.
A Forza Hattriqueira é unha nova forma de medir o nivel do teu equipo, baseada nos teus 7 mellores encontros dos 14 últimos. Tamén haberá máis datos para os equipos nacionais, e novas funcións coma que os asistentes poidan crear amigables.
Poderanse crear torneos personalizados. Os bots están a aprender a base de levar no pandeiro: agora serán máis difíciles de vencer!
Tempada 73—21 de outubro de 2019
A familia hattriqueira medra coa inclusión de Etiopia e da República Democrática do Congo. Chega o Furor Divisional, no que poderás competir xunto con outros membros do teu grupo para ver qué equipo é o máis forte da túa división.
A sección da liga foi mellorada e cambiou de apariencia. Coa función «Proba» poderás ver simular o rendemento dun xogador antes dun encontro para saber se alinealo ou non. Tamén poderedes xogar un encontro de escada ou pachanga de forma inmediata se os dous mánager aceptades con «Dalle meu!».
Os comentarios dos partidos serán máis completos e terán máis información, para que non vos quededes durmidos se os xogadores non teñen o seu día... E esperamos que disfrutedes do novo modo escuro da app!
Melloramos a oficina para facer que a información relevante sexa máis accesible. Nas seleccións nacionais, os olladores terán un rol máis importante, e as listas públicas de futuribles farán máis sinxelo o seu seguemento.
Tempada 72 (1 Xullo 2019)
Varias melloras na app: revisión da páxina de ordes do encontro, posibilidade de seguir partidos das seleccións nacionais, etc
Aumentado o mínimo do adestramento de resistencia de 5% a 10%. Recompensas e melloras para os padriños. Novas funcións para o Hattrick Gears.
Estreamos páxinas de Adestramento e tamén Adestradores Auxiliares. Fixemos que o manual fose accesible dende a app. Tamén fixemos dispoñible a opción de previsualizar antes de envialos tanto os correos HT como as mensaxes nas conferencias.
Tempada 71 (11 Marzo 2019)
A copa e o reporte de encontros levaron un lavado de cara. E agora tamén podes entrar ao xogo coa conta de Google, ademáis de coa de Facebook.
70ª tempada (19 novembro 2018)
Sete anos despois... Engádense novas ligas a Hattrick! Os países isleños Illas Comoras, Curaçao, Guam, Sri Lanka e Santo Tomé & Príncipe incorpóranse á familia de Hattrick.Ademáis, engádense unha morea de melloras, tanto nas Academias de Xuvenís coma no apartado de Estatísticas, así como na páxina das copas. Aínda que a máis importante tivo lugar na páxina da Aliñación, volvéndoa máis intuitiva, potente e rápida.
69ª tempada (30 xullo 2018)
A app de Hattrick xa é unha realidade! Este lanzamento supuxo que, por primeira vez, os managers puideron xestionar todas as facetas do seu equipo estén onde estén. Unha vez saíu a app, a atención centrouse na web. Apareceron as Pachangas e mellorouse o comparador e as listas nas transferencias, o Equipo da Semana, ademáis doutros cambios.
68ª tempada (9 abril 2018)
O equipo de desenvolvemento traballou duro para sacar a nova app para móbiles, o que significou unha tempada tranquiliña en canto a novidades no ámbito da funcionalidade.
67ª tempada (16 decembro 2017)
Celébrase unha competición de deseño entre os usuarios para compartir ideas de como podería ser o futuro da interfaz de Hattrick. Os gañadores foron convidados a unha segunda fase, amosando fantásticos plans que inspiraron ó equipo de Hattrick a seguir mellorando na parte estética e funcional.
66ª tempada (28 agosto 2017)
As Copas Xeracionales foron unha das grandes novas na parte competitiva: unha competición internacional donde os managers que comezaron a súa andadura en Hattrick máis ou menos á vez poden verse as caras. Lanzouse unha nova páxina de adestramento, proporcionando mellores ferramentas para planificar o adestramento e máis detalles sobre os factores que inflúen no adestramento.
65ª tempada (8 maio 2017)
Realízanse melloras no sistema de parolas, facendo máis doado atopalos, estar ó tanto das novas e trocar de parola entre partido e partido.
Lánzase unha nova páxina de aliñación, non so visualmente, senón que tamén inclúe melloras no funcionamento e na xogabilidade, como pode ser os 7 ocos para poder facer sustitucións ou distintas opcións que te axudarán a mellorar a túa experiencia á hora de plantexar partidos.
64ª tempada (16 xaneiro 2017)
Hattrick International dache a oportunidade de competir contra usuarios de todo o mundo. O que verdadeiramente resulta interesante, sendo unha liga de recente creación, é ver quen será o máis rápido en conquistar a liga de Primera cando se completen 6 tempadas.
As lesións adquiren un novo matiz, posto que agora danse nunha parte específica do corpo. No mesmo orde de cousas, a estimación das mesmas éche máis precisa. Por outra banda, as pachangas xa poden ser analizadas, ademáis de outras melloras que se lle engaden á ferramenta O'laboratorio.
A votación na que participaron os Supporter Platinum e Diamond desembocou nun recordatorio para os encontros de xuvenís, de modo que se soubese a través dunha notificación cando un xuvenil estea preparado para subir ó primeiro equipo.
63ª tempada (26 setembro 2016)
A ferramenta O'laboratorio permite agora non só analizar o teu propio equipo, senón tamén os teus xogadores se eres Supporter. Os non Supporters poderán gozar tamén da Moviola utilizando Credits.
As notificacións no teu navegador vólvense máis accesíbeis para os que están a facer varias cousas ó mesmo tempo, sen perderse nada do que ocorre nos seus encontros. A páxina principal de cada país actualízase, aportando datos interesantes e mostrando o vixente campeón de Primera e o gañador da Copa.
Son varias as melloras que poden desfrutar os mánagers que teñen un equipo de xuvenís, tales como o efecto do adestramento aplicado inmediatamente ó rematar os encontros e que os olladores só se fixan en talentos de 15 e 16 anos. Que non tes academia de xuvenís? Daquela xa non te ofrecen xogadores de 19 anos.
62ª tempada (6 xuño 2016)
A introdución do Visor do Estadio fai os partidos máis atractivos e apaixonantes, á vez que nutrímonos de útiles estatísticas durante os encontros. O árbitro pode decretar que se prolongue a contenda con algún minuto de tempo engadido e habilítase unha parola para falar ou latricar durante os partidos co teu oponente e outros managers que compartan liga.
Coa ferramenta O'laboratorio podes analizar rapidamente os encontros previos dos teus próximos contricantes.
61ª tempada (15 febreiro 2016)
Móstranse os niveles por riba de caralludo. O sistema de apadriñamento mellórase de cara a facer máis enriquecedora esta experiencia, tanto para padriños como para apadriñados.
60ª Tempada (26 octubre 2015)
Esta tempada actualízase o sistema de empregados. Desde agora os teus empregados pasan a formar parte do teu club a través de contratos. Outra das novidades neste ámbito é que os voceiros xa son cousa do pasado e, no seu lugar, incorpórase a figura do auxiliar táctico.
Finalmente, deixamos atrás o horario de HT e xa podemos escoller o noso fuso horario. Desta forma, temos a posibilidade de seguir calquer encontro sen ter que calcular a diferenza de tempo que hai entre onde vives e Europa Central.
59ª tempada (6 xullo 2015)
Resultará máis sinxelo facer a análise dos encontros xa que mostraremos estatísticas de todas as ocasións producidas nos partidos logo de disputárense. Introdúcese un simulador da aliñación que, noutras palabras, sirve para xoguetear coa interface das ordes de partidos sen asociala con ningún partido concreto.
No noso 18º aniversario, poñemos a disposición de todos os xogadores as estatísticas de salarios e estatísticas separadas dos goles que un xogador anotara no seu club actual. Tamén lles é posible crear e participar en torneos de 32 e 64 equipos.
Estamos orgullosos de incorporar o indonesio como nova lingua do Hattrick. O noso sistema de parola particular ponse en marcha como a última das novas funcións das nosas apps móbiles. Agora é posible parolar cos membros da túa división, co teu vindeiro rival ou dentro da parola dunha federación, por suposto, aberto a todos os membros desa Federación.
58ª tempada (16 marzo 2015)
A partir de agora a confianza será máis previsible, e os cambios extremos serán menos frecuentes. A penalización de adestramento por WO foi suprimida, polo que os xogadores que xa xogasen noutro encontro na mesma semana xa non perderán adestramento. E falando de penalizacións, as quendas de penaltis agora durarán uns minutos, e non os ata 20 minutos que levaban antes.
Os Supporters poderán empregar as súas vellas glorias do Furancho Dos Figuras como olladores de xuvenís, adestradores de xuvenís ou outro tipo de empregados do club. E respondendo á vosa petición, agora as nosas apps para móbil xa teñen a súa sección social, onde poderás navegar, ler e, por suposto, escribir nas conferencias do Hattrick, así como manexar o teu correo HT.
Ao longo dos anos houbo moitas iniciativas por parte dos nosos usuarios para axudar os novos a introducirse no Hattrick. Agora, co noso programa de apadriñamento, será moito máis fácil apadriñar novos mánagers para lles ensinar as reglas básicas do HT.
Durante a pretempada, terá lugar un torneo exclusivo para os nosos Supporters. Vai ser máis intensivo que as nosas copas "normais", completamente internacional, e ofrecerá unha boa chea de sorpresas a todos os participantes.
57ª tempada (24 novembro 2014)
Estamos encantados co lanzamento da nosa nova web para dispositivos móbiles e co novo deseño das apps para iPhone e Android. Cremos firmemente que isto lle dará un pulo á experiencia de xogo con aqueles que entenden internet como algo móbil.
Os Supporters teñen a posibilidade de organizar as listas da súa Rede. Os Torneos abertos ofréncenlle aos mánagers a oportunidade de unirse a calquera torneo dispoñible sen ter que agardar por unha invitación.
56ª tempada (4 agosto 2014)
Redeseñamos por completo o noso sistema de Copa permitindo que máis equipos gocen da experiencia dunha auténtica rolda copeira. Ademais, introducimos as Copas Divisionais para as divisións inferiores. Ao mesmo tempo, tamén entregaremos premios de maior valor e desde roldas de Copa anteriores do que antes.
Co inglés americán, Hattrick chega ás 55 linguas.
55ª tempada (14 abril 2014)
Esta tempada o tan esperado novo sistema do cadro de persoal ve a luz do día, facendo que as decisións dos usuarios á hora de contratar sexan máis interesantes e significativas.
Somos testemuñas dunha renovación do sistema de promoción nas divisións inferiores, tendo como consecuencia máis partidos de promoción e facendo que ao longo da tempada haxa máis encontros con importancia. Tamén se incrementaron os premios económicos.
Faise posible disputar máis dun torneo á vez. Agora eres capaz de vez o historial médico dos teus xogadores nun abrir e pechar de ollos. Coa Rede de Mánagers, todos os usuarios de Hattrick poden seguir a actividade de equipos e mánagers polos que senten interese.
Co renomeador de xogadores e cos eventos de encontros personalizados, engadimos uns cantos novos produtos Gears. Por se isto non fose suficiente tamén introducimos os amigables de pretempada, así que haberá un encontro de Hattrick cada fin de semana, excepto que non programes un amigable, claro.
O Diamond é unha nova modalidade de Supporter onde poderás usar os teus produtos Gears sen cargo de Credits ningún. Tamén inclúe, de xeito exclusivo, a Moviola, coa que poderás descubrir que tivese ocorrido se o encontro fose simulado vinte veces máis.
54ª tempada (23 decembro 2013)
Unha nova ferramenta para os adestramentos axudará os nosos Supporters a calcular a cantidade de adestramento que necesitará calquera dos seus xogadores para alcanzar o seguinte nivel nunha habilidade en concreto.
Grazas a un maior apoio ás aplicación CHPP, os nosos desenvolvedores externos son agora capaces de facer aplicacións novas, mellores e máis interesantes, algo que antes non era posible.
Por vez primeira, parte das conferencias de Hattrick poden ser lidas por visitantes que non xogan ao Hattrick. Presentamos as escadas nas Federacións. Ademais, facemos posible que os Supporters vexan o desenvolvemento das cualificacións do encontro durante os partidos coas Valoracións en Directo.
Para rematar esta tempada, anúnciase o Xogo Limpo Financeiro co obxecto de garantir unha maior igualdade de condicións no sistema internacional de ligas de Hattrick.
53ª tempada (2 setembro 2013)
Tras moitos anos, Hattrick finalmente despídese da regra do Gol de Ouro tal como requiriu a nosa comunidade na votación do aniversario. Grazas á mesma votación, agora tamén podes ver, editar e eliminar as túas aliñacións por defecto.
Os equipos xuvenis xa non volverán parar durante a pretempada do primeiro equipo.
52ª tempada (13 maio 2013)
As Escadas son unha competición alternativa cun ritmo intenso para aqueles que demandan máis acción, un novo reto ou simplemente queren gozar do xogo dunha maneira divertida e adictiva. O acerbaixano convértese na 54ª lingua dispoñible en Hattrick. Lánzase unha páxina sobre o estado da conta como parte do noso traballo para facer que Hattrick sexa máis cercano.
Zattika vende Hattrick aos antigos propietarios por problemas financeiros. Para alivio de moitos, Hattrick continúa, pero, desafortunadamente, ten que dicir adeus a algúns coñecidos colegas moi respectados como HT-Klas e HT-Tjecken.
51ª tempada (21 xaneiro 2013)
Ao ter a posibilidade de compartir os resultados dos teus encontros cos amigos nas redes sociais, podes falarlles sobre esa heroica vitoria ou aquela penosa derrota.
Hattrick Supporter deixa de ser un único produto para converterse en tres distintos: Platinum, Gold e Silver. Os prezos específicos para cada país danlle aos usuarios de moitos paises a oportunidade de comprar Supporter a un prezo máis baixo que antes.
Moita xente dubidaba de que puidésemos facer unha broma mellor para día dos enganos de abril que a de Cabezabola. A introdución dos árbitros foi un bo intento. Agora podes gañar Reward Points invitando os teus amigos a xogar a Hattrick.
50ª tempada (1 outubro 2012)
As gráficas danlle aínda máis valor ás cualificacións detalladas dos encontros. As pachangas ofrécenche a posibilidade de retar a calquera equipo e disputar máis encontros á marxe do calendario habitual.
Realízase unha grande actualización do noso paquete Supporter. Entre outras cousas, as buscas de futuribles, os temas de equipo e un editor de escudos. Pola contra, algunhas vellas características propias do Supporter pasan a estar dispoñibles para todos.
As poxas automáticas permítenlle aos mánagers quedar na cama a altas horas da madrugada e conseguir ese xogador que tanto desexan. A través do Escaparate de Ofertas ofrecémosche a posibilidade de gañar Reward Points para acceder ao Supporter e aos Credits sen gastar nin un peso do teu peto.
49ª tempada (11 xuño 2012)
O noso novo centro de recrutamento facilítache o proceso para invitar os teus amigos a Hattrick. Xunto a Hattrick Press, organizamos un Concurso Literario onde podes escribir artigos sobre a traxectoria de Hattrick. Unha nova Licenza de Mánager reempraza ao antigo Desafío para a Obtención da Licenza de Mánager como parte das melloras encamiñadas a unha nova experiencia para os usuarios.
Dado que Hattrick veu a luz fai 15 anos, celebrámolo con novas clasificacións que che darán moita máis información para entender que pasa nos partidos. Tamén lanzamos a nosa páxina de Aniversario onde compartimos algunhas curiosidades sobre os nosos primeiros 15 anos.
Os usuarios de smartphones agora tamén poden gozar de Hattrick por medio da nosa app oficial para Android, que terá as mesmas características que a app de iPhone.
48ª tempada (20 febreiro 2012)
Podes invitar máis amigos ao teu propio grupo se xogas nas dúas últimas divisións. Por medio dos Torneos Hattrick tes a posibilidade de xogar contra quen queiras sen risco de lesións ou cartóns, o que condicionaría os teus encontros ordinarios.
Un gran paso na nosa historia é cando Hattrick se une a Zattika, unha axencia de publicidade especializada nos xogos sociais e para móbiles.
Agora podes ver as túas equipacións na interface da aliñacion do encontro e os xogadores que participaron nun encontro desde o último adestramento aparecen resaltados. E se isto fose pouco, tamén lanzamos a app oficial de Hattrick para iPhone e ademais agora tes a posibilidade de iniciar sesión en Hattrick a través de Facebook.
47ª tempada (31 outubro 2011)
A lealdade dos xogadores que levan no teu equipo un longo período de tempo mellorará o seu rendemento. Presentamos Hattrick Gears, funcións de pagamento único, como o cambio de apariencia dos xogadores. Tamén creamos novas estatísticas no sitio, no que se pode chamar unha versión reducida de Alltid.org. Hattrick Press consegue o seu propio blog en Hattrick United ao tempo que as federacións adquiren a posibilidade de abrir un propio.
Estamos encantados de sermos votados como "Most Favourite Simulation Game" (Xogo de Simulación Preferido) de 2011!
46ª temporada (11 xullo 2011)
O formulario de envío de ordes do encontro é mellorado cun simulador de cualificacións e a posición ideal dun xogador é resaltada. Os novos xogadores poden comezar pedindo ao seu adestrador unha suxestión de aliñación. Deixar que dous xogadores intercambien posicións no campo tamén é posible agora.
Tódolos usuarios teñen acceso ao reporte de adestramento básico. Os Supporters obteñen acceso a un reporte de adestramento mellorado, incluíndo actualizacións de forma e resistencia. Tamén hai outras novas funcionalidades de Supporter como son os gráficos de uso do estadio e desenvolvemento do club de fans, así como a posibilidade de enviar ordes para un encontro a través de aplicacións CHPP.
45ª temporada (21 marzo 2011)
Un montón de cousas ocorreron en Hattrick esta temporada. Quizais o maior cambio en Hattrick é a introdución de "O meu curruncho", a nova páxina inicial para tódolos mánagers. Ademais diso houbo tres grandes publicacións: Hattrick United (o noso portal de blogs), Hattrick Widgets (complementos preparados para empregar en practicamente calquera web/blog) e Hattrick Open (onde podes xogar torneos de Hattrick contra os teus amigos cando queiras).
O Supporter de Hattrick celebra o seu 10º aniversario cos retratos de mánager personalizables, comunicados de prensa enlazables, novos fondos e un mercado de fichaxes con información recente mellorada.
Camerún, Uzbekistán, Cuba e Palestina son novos membros da familia de Hattrick, e a versión do xogo en islandés é publicada.
44ª tempada (29 de novembro 2010)
Tras moitos anos, Hattrick por fin dispón da tan esperada versión en Árabe do xogo. O paquete de Supporter foi actualizado con táboas de clasificación en directo e a posibilidade de ver só os encontros de casa/fóra, botóns de "Góstame" e comentarios nos comunicados de prensa, e fotos do equipo. E os comentarios pre-encontro están agora dispoñíbles para todo o mundo, e tamén é posible concertar un amigable a través de Facebook.
No xogo o adestramento xeral (forma) foi eliminado.
43ª tempada (9 de agosto de 2010)
Durante esta tempada Hattrick entra na adolescencia, todo un logro. A nova máis importante desta tempada é o adestramento máis rápido para moitos dos niveles de habilidade, pero tamén máis lento para os niveles máis altos. Ó mesmo tempo os descensos nas habilidades fanse máis en función do nivel e menos da idade. Tamén hai algúns trocos no equipo técnido, os adestradores de porteiros combínanse cos adestradores asistentes, elimínanse os economistas e se establece unha limitación de 30 axudantes en total, e un máximo de 10 de cada tipo.
O motor do xogo recibe unha mellor simulación para as situacións de nerviosismo e subestimación do rival, e os eventos especiais distribúense a partires dagora linealmente dacordo coa posesión. Os médicos reciben con alivio a nova de que os novos parámetros de saúde limitan as lesións de longa duración, cando un xogador se manca +4 será a duración máxima.
E por se isto non fose dabondo, tamén melloramos o calendario da liga, grazas a un membro da comunidade (jimrtex). E falando da comunidade, activamos unha primeira versión dunha ferramenta de procura nos foros e os programadores abriron o seu propio blog para compartir a súa vida cotiá.
42ª tempada (19 abril 2010)
Por primeira vez temos un motor do xogo que non está baseado no 4-4-2, o novo motoro do xogo posibilita tódalas formacións sen ter que cambiar de posicións aos xogadores facéndoo moito máis doado de usar. Outra das vantaxes do novo motor foi que os medios pasaron a ter menos importancia ca antes.
A sección de finanzas actualizouse para ser máis completa, incluíndo ademais resumos por tempada. Os Supporters tamén pasaron a gozar de gráficas financeiras para ter unha mellor visión global. Hattrick comezou unha asociación co xornal de deportes punteiro en Italia Gazzetta dello Sport.
41ª tempada (28 decembro 2009)
Antes de que comezara esta tempada tódolos equipos BOT da 6º división e superiores (5º, 4º, etc) comezaron a descender ás divisións máis baixas ao final da tempada, e os equipos con mánagers activos comezaron a ocupar os seus sitios para darlle máis salsa á competición. A distribución das ocasións normais cambiaron no motor do xogo, facendo que algunhas das ocasións sexan exlusivas para cada equipo, e deste xeito mellorar o balance do xogo e reducir a súa varianza. Isto tamén permitiu un mellor manexo das tácticas de contragolpe e presión.
Publícase o maltés, convertíndose no noso 50º idioma, así como a nosa páxina de información do sistema, coa cal se melloran enormemente as nosas canles de comunicación. A HFA deu a benvida a toda unha nova xeración de reporteiros que agora si son puntuais nos estadios, e tamén ao final da tempada a nova páxina de aliñacións é probada nos xuvenís, e posteriormente nos amigables dos primeiros equipos.
40ª tempada (7 setembro 2009)
A tempada número 40 foi bastante tranquila, sen cambios no propio xogo. Inda que Hattrick conqueriu a súa moi agardada aplicación de Facebook, e tamén unha páxina de seareiros no propio Facebook. Actualízanse os logros, xunto cunha lista de tódolos logros dispoñíbeis. Tamén creamos unha pequena función onde os mánagers poden facer unha listaxe dos seus equipos favoritos.
39ª tempada (17 maio 2009)
O efecto da confianza vese reducido no motor do xogo, o cal provocou que, polo xeral, fose máis sinxelo para os defensores e os porteiro deter os ataques rivais. Ó mesmo tempo, as cualificacións volvéronse máis precisas e os efectos da confianza, da confusión e de botarse atrás fixéronse completamente visíbeis.
O HT-Live foi considerablemente mellorado, e coa incorporación do Re-Live pódese disfrutar a emoción do directo aínda que non poidas conectarte á hora do encontro. Foron engadidas dúas novas linguas: o vietnamita e o macedonio. A inclusión desta última provocou que a disputa entre Macedonia e Grecia sobre a denominación do idioma na vida real se trasladase ó Hattrick, seguida dunhas cantas semanas de acalorado debate nos foros deses países.
38ª tempada (25 xaneiro 2009)
Nesta tempada as substitucións programadas por fin chegaron ao xogo despois de telas probado nos equipos xuvenís e nos amigables por un tempo. Apareceu tamén unha nova táctica coa que xogar os partidos: Os tiros de lonxe.
No referente ao mercado de fichaxes introduciuse unha regulación para tentar regular o sistema: non se podería poñer á venda un xogador máis veces dos partidos que teña xogado para o equipo. Ademais, estableceuse un límite de 50 xogadores por equipo.
O noso paquete de Supporter tamén tivo unha boa actualización, nas que habería que destacar a páxina de planificación dos partidos, pero tamén se incluíron os perfís de busca no mercado de fichaxes e o compromiso de non ter anuncios tradicionais en banners para os nosos supporters.
Ah! e non esquezamos ao señor Castañazo! O primeiro de abril o asistente ao xogo de Hattrick, o señor Castañazo, apareceu afirmando que quería axudar aos mánagers. Foi a nosa primeira brincadeira oficial do primeiro de abril, moi apreciada, por certo!
37ª tempada (5 outubro 2008)
O novo deseño de Hattrick viu por fin a luz a mediados de decembro, sen dúbida o cambio máis importante na páxina en moito tempo. Con el tamén chegaron unha chea de novas ferramentas, como por exemplo as renovadas conferencias e as novas caras dos xogadores. Os Supporters tamén dispoñen agora dun fantástico Deseñador de uniformes para fedellar con el, e agora poden escoller a súa imaxe persoal.
O novo deseño foi un cambio tan grande que case che fai esquecer aqueles introducidos antes da estrea. Non obstante, a bolsa de amigables non debería pasar inadvertida, nin tampouco que os usuarios das divisións máis baixas podían invitar os seus amigos a xogar no seu mesmo grupo.
Tamén estreamos unha ferramenta de busca no mercado de fichaxes máis avanzada, que permite facer unha busca en todo o mundo dunha vez. Xa non terás que buscar zona por zona nunca máis. Ademais, engadíronselle os saques de falta indirectos ao motor dos partidos. Xa no terreo de xogo, beltxis converteuse no primeiro equipo en gañar en dúas ocasións a Hattrick Masters.
36ª tempada (15 xuño 2008)
Hattrick Press, o noso propio xornal, inicia o seu camiño, e o correo interno de HT mellórase con novas funcionalidades. Os lanzamentos de faltas indirectos fanse realidade nos amigables e a táctica de atacar polas bandas é máis eficiente despois de solucionar un erro. As instrucións individuais fan posible excluír a un xogador do adestramento da habilidade, e por outro lado xa non é posible ter os dous sistemas de xuvenís á vez.
Uganda e as Illas Maldivas entran no mundo do Hattrick. O xeito de encher a Liga con equipos novos mellorouse para estimular a competición humana, os novos equipos non son deixados "sós" como o único equipo con dono nun grupo. Tamén abrimos a nosa páxina de probas Stage para 5.000 usuarios normais de Hattrick, e co idioma friulano conseguimos chegar ás 45 linguas en HT.
35ª tempada (24 febreiro 2008)
O novo motor dos partidos está agora funcionando para todos os encontros. O adestramento comeza a ter en conta os minutos xogados (anteriormente soamente se baseaba na última posición do xogador) e o balón parado comeza a parecerse máis ás outras habilidades (antes, todos os xogadores do equipo beneficiábanse do adestramento de balón parado e o seu salario non se vía afectado por esta habilidade). Comézanse a ter en conta as expectativas dos seareiros, o que os teus afeccionados esperan antes de cada partido, e inmediatamente pasan a ter un papel moi importante na vida dos equipos. Auméntase o prezo das entradas para os asentos baixo teito, e a xente comeza a mercalas máis frecuentemente en encontros con tempo nubrado ou chuvioso. Ademais, o equipo local nos derbis rexionais pasa a ter unha lixeira vantaxe, cousa que non pasaba nas tempadas anteriores.
Comeza a venderse o Match of the season, o xogo de mesa de Hattrick. Faise a meirande enquisa de fútbol até a data, o Miradoiro Global de Fútbol 2008, que recibe a incrible cantidade de 440.000 respostas. O idioma bosníaco comeza a empregarse e Tanzania e Dawlat Qatar xa son novos países de HT.
Ao final da tempada comézanse a probar as substitucións programadas nas Academias de Xuvenís.
34ª tempada (4 novembro 2007)
Alcanzamos os 75.000 usuarios conectados ao mesmo tempo en xaneiro. Cambiouse a velocidade do adestramento, para facelo máis rápido nos niveis baixos de habilidade e máis lento nos niveis altos. Do mesmo xeito, as caídas de habilidade tamén comezan a depender do nivel da mesma e non soamente da idade. Próbase un novo motor de encontros nos amigables. Con el cámbianse as contribucións dos xogadores e a súa resistencia, que pasa a ser igual de importante para todos os xogadores. Preténdese promover o uso de xogadores con varias habilidades altas.
As Academias de Xuvenís tamén teñen moitas melloras; dáselles un impulso ás habilidades dos xogadores, auméntase a velocidade do adestramento, fíxanse os niveis de forma e resistencia e mellórase a información que proporcionan tanto o adestrador como os olladores.
Envíase por primeira vez o Hattrick News, o periódico de Hattrick por correo electrónico. Faise pública a versión do idioma persa e Benin e Siria son as novos países creados esta tempada.
33ª tempada (15 xullo 2007)
Hattrick festexa o seu 10º aniversario coa presentación da ferramenta do calendario, unha función de invitación e un novo visor HT live con parola incorporada. Máis adiante tamén temos notas para os escudos e os Supporters reciben máis opcións de favoritos coas que xogar. Gana, Mozambique, Camboxa e Brunei entran na familia de Hattrick, e os idiomas Frisón e o Luxemburgués son engadidos.
Agora a resistencia adéstrase como unha porcentaxe do adestramento total, no canto de ser adestrada por separado como o resto de habilidades. O primeiro paso para volver á normalidade económica consiste nunha reforma no inicio da tempada, con baixada de salarios e custos de construción, ademais dun aumento dos ingresos por patrocinadores e dos prezos das entradas. Ao fin da tempada pódese ver un incremento xeral dos prezos no mercado, poñendo fin a moitas tempadas de baixada de prezos.
32ª tempada (25 marzo 2007)
A maior función de tódolos tempos ve a luz: A Academia de Xuvenís - un xogo dentro do xogo no que manexas o teu propio equipo de xuvenís e adestras ás túas futuras estrelas. Un mes despois do seu lanzamento xa había en Hattrick máis de 500 000 equipos de xuvenís. Hattrick acada un aspecto máis moderno e os usuarios teñen a oportunidade de apelar a decisión dos GM ante os GM veteranos, os líderes da organización dos GM.
Os Supporters teñen un arquivo de resumos dos adestramentos estendidos para os seus equipos de xuvenís, os comentarios dos adestradores tamén se poden ver na páxina de cada xogador. Ao remate da tempada os xogadores pasan a ter aniversarios individuais. Antes tódolos xogadores cumprían anos o mesmo día, a principios de tempada.
31ª tempada (3 decembro 2006)
Unha opción alternativa de facer carreira en Hattrick, os logros, saen á escena. Os ingresos por patrocinadores aumentan, mentres as comisións dos representantes baixan, así como os tipos de interese.
O paquete de Supporter esténdese con moitas máis estatísticas dos encontros. Omán e Iemen son os novos países, e chégase ás 40 versións lingüísticas co bielorruso e o éuscaro.
30ª tempada (13 agosto 2006)
Supérase a barreira dos 900.000 usuarios. A resistencia tamén comeza a baixar durante a tempada e os xogadores comezan a perder habilidades pola idade en menores cantidades, pero máis frecuentemente. Agora se pode chegar a niveis de confianza por riba de fantástica e os xogadores poden ter niveis de habilidade nulos. As seleccións nacionais teñen un feixe de opción gráficas e a Hattrick Masters pasa a ser unha competición de catro semanas.
Lánzanse unha terceira versión do idioma español (Centro América) e o quirguiz, e créanse catro novos países: Kuwait, Angola, Bangladesh e Montenegro.
Tempada 29 (23-4-2006)
Máis de 800.000 usuarios activos xogan a Hattrick. Temos un novo deseño e un apartado en flash para facer a aliñación manualmente. Comézase a pagar o soldo dos xogadores desde o principio, de xeito inmediato nada máis fichalos e os informes dos encontros teñen máis variedade de eventos.
O Supporter é mellorado cun bo feixe de novas posibilidades. O Furancho Dos Figuras, o kit de deseño de camisolas, un meirande listado de amigos e informe do adestramento por nomear unhas poucas. Os supporters tamén comezan a verse compensados polas caídas inesperadas da páxina. Acerbaixán e Iraq fan a súa chegada ao mundo Hattrick. Unha enquisa global sobre o xogo recibe arredor de 200.000 respostas, incrible!
Tempada 28 (1-1-2006)
Entre as tempadas 27 e 28 tódolos equipos sen dono, que quedaban conxelados e perdían automaticamente por 0-5 ao non presentar aliñación ata que chegaban ás dúas divisións máis baixas, convértense en equipos "bot". O seguinte paso nesta reforma do sistema de ligas faise ao remate da tempada ordenando as ligas en forma de pirámide (a menor división máis número de grupos), no canto do anterior "sistema de botella". Tódolos bots son descendidos ao fondo da pirámide.
O resultado é que os bots chegan á parte máis baixa da liga axiña e poden ser substituídos, no canto de estaren pululando polo medio durante tempadas.
Xógase a primeira Hattrick Masters, que ten un gañador francés: o FC Barentin. Cartoon United, unha banda deseñada sobre Hattrick, fai a súa primeira aparición na páxina e Hattrick comeza a patrocinar algúns equipos de fútbol Hattrick na vida real. Tamén damos a benvida a catro novos membros: Bahrein, Barbados, Cabo Verde e Costa de Marfil.
Tempada 27 (11-9-2005)
Nunha soa tempada 100.000 novos usuarios uníronse á familia para facer un total de máis de 700.000 xogadores. Introduciuse a Licenza de Mánager, para facilitar os primeiros pasos no xogo.
Lánzase unha nova táctica, xogar creativamente, así como a posibilidade de darlle a orde aos dianteiros de "cara á banda", xunto co novo tipo de adestramento, ataque por bandas. Ao mesmo tempo, os dianteiros comezan a contribuír menos, e máis os extremos aos ataques por banda.
Introdúcese o ranking e a novidade para os Supporters e o Editor do estadio, onde poderás deseñar o teu propio campo. Os servizos de móbil fanse interactivos, para permitir, por exemplo, que poidas facer unha poxa dende o móbil no mercado de fichaxes.
Alxeria, Armenia, Líbano, Liechtenstein, Mongolia e Senegal son os novos países para esta tempada, mentres que os novos idiomas son o coreano, xaponés e esloveno. Por último, pero non por elo menos importante, Hattrick xa ten a súa propia wiki.
Tempada 26 (22-5-2005)
A cantidade de usuarios activos pasa xa dos 600.000. Surinam, Nicaragua, Trinidad e Tobago e Kazakhstán convértense en membros de Hattrick, e engádense os idiomas serbio, noruegués e eslovaco.
O Supporter é mellorado con estatísticas de favoritos e conferencias rexionais.
Tempada 25 (30-1-2005)
Por primeira vez na historia de Hattrick Suecia xa non é o país máis grande, sendo España e Holanda os países con máis usuarios activos con equipo. Engádense dous novos tipos de adestramento, pases curtos e posicións defensivas. Tiros é mellorado nun 25%. Trocos na fórmula de cálculo de espectadores axudan a reducir a flutuación no número de espectadores, reducindo ademais a importancia do humor dos seareiros.
As "Últimas novas" de cada grupo están de volta despois de 14 tempadas, xa que desapareceran cando Hattrick adoptou un novo estilo, na tempada 11. Xordania, Andorra, Xeorxia e Guatemala únense á familia, e o galego convértese no idioma número 30. FC Hong Kong supera unha nova barreira, converténdose no primeiro equipo que acumula máis de 100 millóns de € na tesourería.
Tempada 24 (10-10-2004)
O número de usuarios activos supera os 500.000, feito celebrado cunha viñeta cómica do mundo Hattrick, que causa algo de polémica en Brasil pola aparición dun mono (substituído algúns días despois) nesa parte do mundo.
As mellores novas son as relativas ao novo formato da copa, que permite que 32.768 equipos poidan participar, no canto dos 8.192 que podían antes. Os prezos das entradas e os ingresos dos patrocinadores son incrementados nun 10%, e os premios por posición en liga son dobrados. Introdúcese a lingua checa, e seis novas ligas: El Salvador, Honduras (Viva!), Kirguizistán, Malta, Moldavia e Xeorxia.
|
A versión do comic sen-monos.
|
Tempada 23 (20-6-2004)
Hattrick supera os 400.000 usuarios activos e ráchase a barreira de 25.000 conectados ao mesmo tempo. Para reducir a importancia do fenómeno do "daytrading" cambian as comisións e os ingresos dos traspasos, facendo menos interesante mercar e vender xogadores da noite á mañá. O botón de Comparación de Traspasos e o Índice Total de Habilidades (TSI) para tódolos xogadores, substituíndo o que antes se chamaba "valor de mercado" son outras das medidas para facilitar o cálculo do prezo real dos xogadores no mercado.
Refórmanse os soldos dos xogadores, reducindo o custo das habilidades secundarias, aumenta a intelixencia dos seareiros do equipo, tódolos equipos poden ter contraataques e redúcese a aleatoriedade da relación ataque-defensa. As cualificacións do equipo divídense á metade, sendo ademais acompañadas de moi baixo, baixo, alto ou moi alto en tódolos niveis.
As novas ligas son Irlanda do Norte, Bielorrusia, Macedonia, Kenya, Panamá e Xamaica; os novos idiomas son o croata, hebreo, ruso e o ucraíno. Hattrick Clubhouse é novo servizo de pago e o Supporter é mellorado cun feixe de ferramentas para as conferencias, entre outras cousas.
Tempada 22 (29-2-2004)
Arabia Saudita, Túnez, Costa Rica, Emiratos Árabes Unidos, Luxemburgo, Irán, República Dominicana e Chipre son os novos membros na familia, e os novos idiomas serán o húngaro, lituano, español de Arxentina (máis tarde español de Sudamérica) e o búlgaro.
Tempada 21 (9-11-2003)
Hattrick chega ós 250.000 usuarios activos! Engádense seis ligas (Paraguai, Ecuador, Bolivia, Nixeria, Marrocos, Illas Feroe) así como seis novos idiomas (flamenco, turco, portugués do Brasil, grego e lituano) e o HT Live é a nova gran función.
Os ingresos por espectadores increméntanse nun 25% e temos un novo formato para a Copa do Mundo. Sae á venda o primeiro Calendario de Hattrick na tenda e tamén é posible apostar nos encontros de Hattrick grazas a unha casa de apostas amiga. O dominio Sueco no campo leva un bo pao cando Noruega gaña a Copa do Mundo.
Tempada 20 (20-7-2003)
Introdúcense as tácticas nos encontros, aínda que durante esta tempada só se poderán empregar nos amigables, e a experiencia dos xogadores comeza a afectar ao seu rendemento.
O sistema antigo de cambio de adestrador no que pagabas 10.000€ e recibías un novo adestrador aleatorio cámbiase. Agora poderás converter a un xogador propio ou pagar por un novo coas habilidades que escollas.
Engádense seis países (Lituania, Eslovaquia, Ucraína, Bosnia-Hercegovina, Vietnam e Paquistán) e tres idiomas (polaco, portugués e catalán)
O Supporter expándese con máis alternativas para as camisolas, máis estatísticas e algunhas funcións para a conferencia, e o programa de colaboración CHPP troca a súa forma para permitir máis programas de axuda, pero xa non é posible mercalos na nosa tenda.
Romanía convértese no primeiro país en vencer á selección nacional Sueca en competición oficial (mundial sub-20), ademais de gañar o campionato do mundo nesta tempada.
Tempada 19 (30-3-2003)
O número de usuarios activos supera a máxica barreira dos 100.000.
Os periódicos da comunidade acadan o seu propio espazo para anunciar os seus artigos na páxina da AHP (Associated Hattrick Press) e os seareiros do equipo fanse algo máis listos xa que comezan a darse conta, por exemplo, da liga na que xogas.
A versión en língua finesa aparece durante esta tempada.
Tempada 18 (8-12-2002)
Aparecen tres novas versións lingüísticas (estoniano, italiano e danés) e engádense catro novos países (Bulgaria, Gales, Israel e Eslovenia). Faise máis doado mellorar a experiencia na formación e leva máis tempo perder esa experiencia.
A compensación para os internacionais cambia, non recibes ningún adestramento adicional polos encontros dos xogadores coa súa selección, pero a HFA aínda paga un terzo da nómina se o xogador xoga un encontro co seu país.
O conxunto de posibilidades do Supporter crece con recordatorios. Os anuncios non se cargan para os supporters (unha posibilidade moi apreciada). Introdúcese o prefixo LA para os nosos administradores de idiomas.
17ª tempada (18 agosto 2002)
A tempada 17 é proclamada como unha tempada de aniversario, xa que Hattrick cumpre 5 anos. Neses momentos 60.000 xogadores participan en Hattrick. Teremos cinco novas denominacións (titánico, extraterrestre, lendario, máxico e utópico) a engadir ás 15 previas, dous novos países (Hong Kong e Taiwán) e a versión en idioma holandés.
Abandónase o sistema de conferencias en árbore, sendo este substituído por un novo sistema, xunto coa ferramenta de "ollada rápida". O espírito de equipo comeza a verse afectado polos traspasos e os Supporters obteñen máis estatísticas, caderno de notas e boletíns para as federacións. O prefixo de Mod ve a luz, para recoñecer de xeito máis doado aos nosos moderadores nas conferencias.
16ª tempada (28 abril 2002)
Hungría, República Checa, Letonia, Indonesia, Filipinas, Estonia, Grecia, Croacia e Iugoslavia, que logo pasaría a chamarse Serbia e Montenegro, únense á familia Hattrick. Os Servizos de móbil pasan a estar dispoñibles para tódolos usuarios, e as facianas dos xogadores e os favoritos son novas ferramentas supporter. Eses adestradores que sempre se preguntaron como de guapo sería Bob Sunesson terían que seguir coa dúbida xa que o seu rostro sempre estaba cuberto por distintos obxectos.
A Copa do Mundo tiña unha páxina e logo separados durante as primeiras edicións.
A HFA decide pagar un terzo do soldo dos xogadores internacionais cando estes xoguen tanto para o país como para o seu equipo.
Suecia gaña o primeiro Mundial Sub 20, de novo sen sorpresas, e o primeiro xogador que alcanza 10* é Thomas Ranlind, un gardameta sueco que unha tempada máis tarde sería despedido do xogo polo seu dono sueco.
15ª tempada (6 xaneiro 2002)
Case se podería dicir que todo sucedeu durante a tempada 15. Comezou cunha importante introdución de novas características como os eventos especiais, os amigables internacionais, os derbis rexionais e as seleccións nacionais. Acontecementos moi importantse para o crecemento da comunidade.
Rematou con Suecia gañando a primeira Copa do Mundo (para sorpresa de ninguén) e a reparación dunha crise económica global cun conxunto de medidas que incluían menores soldos, menos taxas de traspasos, premios por ascenso, límite para os intereses e cartos por club nai e anterior.
Todos os equipos tamén recibiron cartos en concepto de dereitos televisivos a metade de tempada. Un feixe de solucións para arranxar o problema de que a economía non estaba a crecer ao mesmo ritmo que o xogo.
Mentres isto acontecía, o equipo de HT medrou de 3 a 9 membros xa que facía falla máis axuda no desenvolvemento, administración etc.
Os seis novos membros axudaron de xeito voluntario, ata que algúns anos despois case todos pasaron á nómina de Extralives. O feito de que sacamos unha nova versión lingüística, o alemán, case pasou inadvertido.
14ª tempada (16 setembro 2001)
Finalmente Hattrick acada o seu sistema propio de conferencias, un sistema de árbore, e a comunidade atopa un lugar adecuado para reunirse e falar. Aparecen os idiomas castelán e francés, xunto con seis novos países: Singapur, Suíza, Islandia, Bélxica, Austria e Malaisia.
A páxina de traspasos é actualizada, incluíndo máis posibilidades na procura facendo posíbel procurar por habilidades. Outro troco é que as variacións no espírito do equipo acontecen diariamente en pequenas doses, no canto de unha grande semanal.
Os primeiros servizos para móbiles, só para Suecia, son introducidos e o Supporter é mellorado cos dorsais para as camisolas, libro de visitas e conferencias de federacións. Tamén se crea o CHPP (Certificado de provedor de produto hattrick), un programa de colaboración con desenvolvedores de software relacionado con Hattrick. Pódense mercar os programas CHPP na tenda.
13ª tempada (27 maio 2001)
Lánzase o Hattrick Supporter, un servizo de pagamento que co tempo converterase na clave da permanencia de Hattrick e do seu desenvolvemento futuro.
Por 15 SEK (arredor de 1,5€) ao mes podías ter un listado de colegas, algunhas estatísticas persoais e información en directo na pestana. Seica o máis importante do Supporter era que se convertía nunha boa forma de manter vivo o xogo. Dous meses despois, o Supporter sería mellorado cos uniformes, a vitrina de trofeos, os comunicados de prensa, os escudos, as federacións e máis estatísticas.
Introdúcense nada menos que 23 novos países: Oceanía, España, Portugal, Polonia, Romanía, Chile, Brasil, Turquía, Colombia, Perú, China, Uruguai, Venezuela, Canadá, Rusia, Tailandia, Escocia, Irlanda, Xapón, Corea, Exipto, India e Suráfrica.
As notables actuacións de Bob Sunesson en Hattrick non pasan desapercibidas para a HFA (Hattrick Football Association) que o proclaman como "Querido compañeiro de equipo", un dos primeiros mitos do xogo.
12ª tempada (4 febreiro 2001)
Dende esta tempada quedas na mesma liga se non ascendes nin descendes, non sendo así antes cando os equipos que xogaban na mesma división mesturábanse aleatoriamente cada nova tempada.
Lánzase a fermosa camisola verde de Hattrick, o primeiro produto que se pode mercar na tenda.
Fan a súa aparición no mundo Hattrick 4 novos países: Noruega, Dinamarca, Finlandia e Holanda.
11ª tempada (15 outubro 2000)
Tras un mes inactivo, Hattrick está de volta cun deseño completamente novo e un feixe de novas ferramentas. Hattrick xa non será exclusivo de Suecia, tamén poderá xogarse en inglés e ábrense sete novos países: Arxentina, Alemaña, Francia, Inglaterra, Italia, España (que despois se convertería en México) e USA. A liga sueca expándese a 10.920 equipos, que rapidamente son adxudicados.
|
Un logo alternativo de Outubro do 2000 que nunca foi usado.
|
Ademais dos novos países, a meirande noticia é que o Hattrick está xa sempre en liña e que todo acontece en tempo real - incluso os encontros! O sistema de cualificacións tamén é completamente novo, con medias estrelas e estrelas completas, e engádense tres novas denominacións (clase mundial, prodixioso e caralludo), conformando un total de 15.
|
A finais da tempada o xovenciño cancerbeiro Bob Sunesson, fai a súa aparición en Hattrick, á idade de 22. Tempo despois converteríase no xogador máis famoso do xogo a pesar de que a súa mellor habilidade era un pobre en extremo.
|
10ª Tempada (4 xuño 2000)
Esta tempada será recordada sempre por ser a derradeira tempada co aspecto nostálxico.
9ª Tempada (13 febreiro 2000)
A comunidade móvese por propia iniciativa dende Passagen aos foros de Delphi e crece a ritmo inda maior. Despois, xorde o primeiro sitio con estatísticas xeradas automaticamente: HTSCB (Hattrick Central Bureau of Statistics).
8ª Tempada (24 outubro 1999)
Ó final da tempada, a principios do 2000, fúndase a compañía que desenvolve Hattrick, Extralives. De contado comezan a traballar nunha grande actualización. No campo o Sunne IK fai historia, ó ser o primeiro equipo da historia en acadar o "dobrete".
7ª Tempada (3 xullo 1999)
Por primeira vez podes escoller unha formación distinta ó 4-4-2, xa se pode reposicionar ós xogadores. Ó mesmo tempo introdúcense as ordes individuais para os xogadores, o que fai que as vellas opcións tácticas totalmente ofensivo, optimista, coidadoso e ultra defensivo queden totalmente obsoletas.
6ª Tempada (14 marzo 1999)
Segundo os libros de historia, non pasou nada especial esta tempada.
5ª Tempada (15 novembro 1998)
Se aconteceu algo extraordinario esta tempada, non quedou plasmado nos libros de historia.
4ª Tempada (26 xullo 1998)
Esta tempada prodúcese a reforma do sistema de adestramento. Engádense unha morea de novos tipos de adestramento, facendo posible adestrar tódalas habilidades e non só resistencia e balón parado.
Como consecuencia do novo adestramento, Per Emilsson racha o teito de habilidades dos xogadores, converténdose no primeiro xogador en chegar ó nivel "Santo" (que foi engadido por se sucedese o imposible, contra tódolos prognósticos).
A causa disto, o sistema de cualificacións trocou, engadíndose signos de exclamación tralo máximo "*****". Tralo troco, este é o sistema completo de cualificacións: 0, H, HH, HHH, *, **, ***, ****, *****, *****!, *****!!, etc.
3ª Tempada (5 abril 1998)
Hattrick expándese a 1704 equipos cando se engade a división IV. Introdúcese a copa e tamén os encontros amigables. O Zakrock Rooch convértese no primeiro campión de copa.
2ª Tempada (23 novembro 1997)
Hattrick expándese a 680 equipos en catro divisións (Allsvenskan, div I, II and III) e trasládase ó portal Sueco passagen.se.
Nace o sistema de mercado aberto (antes podías ofrecer por calquera xogador e se o dono aceptaba a oferta o xogador era teu).
Xógase o primeiro encontro entre seleccións nacionais: Suecia 1 - Dinamarca 2. Dinamarca era un clon de Suecia, pero pasarían un par de tempadas ata que Suecia tivese ocasión de vingarse.
1ª Tempada (30 agosto 1997)
Hattrick nace o 30 de Agosto de 1997. O xogo só está en Sueco e comeza con 16 equipos. Xóganse dúas ligas de proba (A e B) en 7 roldas. A única formación que se pode usar é o 4-4-2 e os tipos de adestramento son xeral, resistencia e balón parado
A páxina cerra polas noites ás 00:30 para que teñan lugar as actualizacións, se completen os traspasos e se xoguen os encontros. Cando a web abre de novo pola mañá podes ver os resultados dos teus encontros.
|
O logo orixinal.
|