Usamos galletiñas (cookies)—axúdannos a proporcionarche unha mellor experiencia online.
Ó usares o noso sitio web, aceptas que poidamos gardar galletiñas—cookies—e acceder a elas no teu ordenador.

Axuda »   Manual »   Club adicional 

Club adicional

Como Supporter Platinum e Diamond tes a opción de dirixir un club adicional. Este club xestionase individualmente, do mesmo xeito que xestionas o teu club principal, isto significa que o teu club adicional ten o seus propios xogadores, estadio, finanzas, equipo de xuvenís e todo o demais.

Fundar un club adicional

Podes poñer en marcha o teu club adicional en calquera momento. O teu club adicional pode xogar no mesmo país que o teu club principal ou noutro país, sempre e cando haxa un sitio dispoñible.

O club adicional empeza cunha certa cantidade de diñeiro inicial (como calquera outro club), pero non terás que facer a Licenza de Mánager.

Regras xerais

Podes ter ata dous clubs adicionais.

Non poderás facer traspasos entre os teus clubs e os clubs non poden mercar xogadores que pertenceran aos outros se coa compra o outro club recibiria cartos por club nai ou por club anterior.

Club adicional na mesma liga

O teu equipo principal e o adicional non poderán xogar na mesma liga nin atoparse nunha promoción ou copa (excepto nas finais). Os dous clubs si poden coincidir na mesma división, pero en diferentes grupos.

No caso improbable—que non imposible—no que tres equipos do mesmo mánager acaden as semifinais, obviamente dous deles enfrontaranse. E que gañe o mellor. Ou non.

Se un dos teus clubs xa estaba na primeira división e outro consegue ascender, a este último negaráselle o ascenso. O lugar correspondente será ocupado polo club que descendera esa tempada na posición equivalente. Isto procesarase cando rematen os encontros de promoción.

Se os dous clubs conseguen o ascenso á primeira liga na mesma tempada, só ascenderá o club principal.

Club adicional noutra liga

O número de sitios dispoñibles para clubs adicionais dirixidos por managers "estranxeiros" nunha liga depende de cantos equipos están inutilizados nesa liga, o cal depende do tamaño da liga e de cantos usuarios están xa xogando nela.

Un mínimo de 50% dos clubs nunha liga están reservados para usuarios locais. Polo tanto, nunha liga con 168 clubs, polo menos 84 deles están reservados para usuarios locais (e os outros 84 pódense utilizar por calquera manager, xa sexa local ou estranxeiro). Pero, se nunha liga están ocupados o 90% dos sitios, reservamos o resto para usuarios locais.

Cambia de grupo na ventá para cambios

Os clubs adicionais poden cambiar de grupo (cando sexa posible) na ventá para cambio de grupo durante o período entre tempadas, pero non é posible cambiar para a serie na que esta xogando o teu outro equipo.

Bandeiras

As bandeiras cóntanse por separado, os clubs adicionais teñen a súas propias coleccións de bandeiras.

Xogando contra clubs adicionais consegues bandeiras do mesmo xeito que xogando contra calquera outro club, e o club adicional tamén consegue unha bandeira para a súa colección.

Logros

Os logros conséguense polo manager e, polo tanto, gárdanse no usuario (e non en cada club).

Votando nas eleccións

Se tes un equipo adicional en outra liga (excepto Hattrick International), acadarás a túa primeira oportunidade de votar despois de dúas tempadas, pero terás que botar alí 10 tempadas para acadar o definitivo "voto plus".

Bancarrota

Se o teu club principal quebra, perderás tamén o acceso ó teu club adicional.

Se o teu club adicional quebra podes empezar outro equipo pasadas 16 semanas desde o momento no que empezaches o teu primeiro club adicional (polo tanto, se tiveches o teu club adicional por máis de 16 semanas podes empezar un novo club inmediatamente).

Pechar o club adicional

Podes pechar o teu club adicional en calquera momento. Pero, se pechas o teu club adicional, tes que esperar polo menos 16 semas desde o momento no que empezaches o teu previo club adicional para empezar un novo. E recorda que non podes pechar o equipo se tes xogadores á venda nese momento!

Caducidade da subscrición Platinum / Diamond

Se a túa subscrición a Platinum, Diamond ou de equipo extra remata, seguirás sendo o mánager do teu club adicional durante unha semana máis. Tras ese período, xa non poderás xestionalo. 7 semanas despois do fin da subscrición, o sistema desconectará o teu club adicional. Se mercas Platinum de novo dentro desas 7 semanas, terás acceso ó teu club adicional de novo. Pero se non, o club quedará sen dono e xa non poderás acceder a el nunca máis.

 
Server 071