Usamos galletiñas (cookies)—axúdannos a proporcionarche unha mellor experiencia online.
Ó usares o noso sitio web, aceptas que poidamos gardar galletiñas—cookies—e acceder a elas no teu ordenador.

Axuda »   Manual »   Traspasos 

Exemplos de poxas automáticas

Dúas poxas automáticas concorrentes

Cando dúas poxas automáticas compiten entre si, o equipo que faga a segunda poxa máxima será o primeiro en aumentar a poxa actual na cantidade mínima. Unha vez ocorra isto, o sistema comparará as dúas poxas e de seguido decidirá a poxa gañadora.

Exemplo: o Equipo A fai unha poxa máxima de 50.000 € deixando a poxa en 20.000 €. Entón, o Equipo B fai unha poxa máxima de 40.000 €. Como consecuencia, o historial de poxas amosará isto:

Equipo A - 20 000€
Equipo B - 21 000€
Equipo A - 41 000€

Como podes ver, o sistema comproba as dúas poxas e sáltase todas as poxas ata que o Equipo A alcanza a poxa máxima do Equipo B (40.000), evitando todos os pasos intermedios


No caso de que 2 equipos fagan a mesma poxa máxima

No caso de que 2 equipos fagan a mesma poxa máxima, a regra básica é que o primeiro equipo en facer a poxa gaña. Empregando o exemplo anterior e supoñendo que agora o equipo B tamén fai unha poxa máxima de 50 000€, a cousa sería así:

Equipo A - 20 000€
Equipo B - 21 000€
Equipo A - 50 000€

O sistema examina as dúas poxas, omite as cantidades intermedias, e só ten en conta as máximas. Cando a poxa máxima dos dous equipos é a mesma, o primeiro en poxar, gaña.


No caso de que se faga unha poxa manual pola mesma cantidade que unha poxa máxima activa

Se alguén fai unha poxa manual na mesma cantidade que unha poxa máxima anterior, o gañador será o da poxa manual. É dicir, a mesmo valor sempre gañará a poxa manual. Sería así:

Equipo A - 20 000€
Equipo B - 50 000€


No caso de que alguén faga unha poxa manual que sexa inferior a unha poxa máxima activa, pero esta poxa máxima non sexa suficientemente alta como para elevar nun 2% a poxa

Aquí volve facer acto de presenza a regra básica de que o usuario que poxa manualmente ten preferencia, en detrimento do usuario que fai a poxa automática. Utilizando o exemplo de arriba, pero digamos que o Equipo B fai unha poxa de 49 500 € esta vez. O equipo A non poderá superar xa que o seu máximo é de 50 000 €, polo que a poxa remata cos 49 500€ do equipo B, que é o que ten preferencia. O historial da poxa quedaría tal que así:

Equipo A - 20 000€
Equipo B - 49 500€


Volver >>
 
Server 070