O sistema copeiro

Participar nunha das copas de Hattrick é un apaixonante desafío para calquera mánager, ademais de ser un bo xeito para que os teus xogadores adquiran experiencia e o teu club ingrese algúns cartos extra. O sistema copeiro de Hattrick foi deseñado para ofrecer unha experiencia significativa a equipos de calquera nivel. Tamén foi deseñado asegurándose de que cada equipo teña garantido, polo menos, disputar tres encontros de copa por tempada.

Os equipos que militen na 6ª División e superiores poderán participar na Copa Nacional. Se fosen eliminados as primeiras de cambio, incluiríanse nunha copa de menor nivel. Se a túa liga ten máis de seis divisións, haberá tamén unha Copa Divisional para cada división por debaixo da 6ª. Os equipos que militen nesas divisións (7ª División e inferiores) xogarán na Copa Divisional que lles corresponda en lugar de facelo na Copa Nacional.

Se o teu equipo fose eliminado as primeiras de cambio da Copa Divisional, serías incluído, igual que pasa na Copa Nacional, nunha copa de menor nivel.

Encontros de Copa

Os encontros de Copa dispútanse sempre entre semana. A primeira rolda da Copa Nacional e das Copas Divisionais sempre teñen lugar uns cantos días antes do teu primeiro partido de liga da tempada. As Copas Satélite confórmanse cos equipos eliminados tanto da Copa Nacional como das Divisionais. Por esa razón, a primeira copa Satélite comeza unha semana despois que as Copas Nacional e Divisionais. Existen copas Satélite distintas para a Copa Nacional e para cada unha das Copas Divisionais. Tanto a copa na que participarás como o teu primeiro rival seranche notificados cunha semana de antelación. Nas seguintes roldas, o próximo rival e a copa na que participarás seranche notificados pouco despois de rematar todos os encontros da rolda actual de copa.

Sedes da Copa

A principal regra é que o equipo máis forte que siga en Copa xogará contra o máis feble dos clasificados. Para decidir isto, usaremos o ranking da Copa, explicado un pouco máis abaixo.

Nas últimas seis rondas de Copa o ranking xa non influirá en xogar como local ou visitante, xa que tódolos partidos xóganse en campo neutral.

Sorteo de Copa

Como se decide o teu próximo rival na Copa?

Na primeira rolda de Copa, o equipo que teña o ranking máis alta xogará contra o máis baixo desa clasificación.

Antes de que comece a primeira rolda, xa estará feito o sorteo para a segunda rolda. Para este sorteo, dase por feito que tódolos equipos que estén nas posicións máis altas do ranking pasarán á seguinte rolda.

Se algún dos equipos co ranking máis baixo gaña na primeira rolda, heredará a plaza do seu oponente na segunda rolda, polo que podería implicar un enfrontamento máis sinxelo do agardado.
Así a todo, esta posible vantaxe non dura moito. Antes de que dé comezo a a segunda rolda faise o sorteo da terceira. E, de novo, tódolos equipos da parte alta do ranking son emparellados cos que queden da zona máis baixa.

A vantaxe principal deste sistema é que, para calquera rolda de Copa, tódolos equipos que estén a xogala saberán o que pode pasar na vindeira rolda se logran clasificarse. Sempre haberá outro partido que acabará por definir o enfrontamento da seguinte rolda.

Aquí tes un exemplo de como se fai o sorteo de Copa:

1. Na primeira rolda temos os seguintes 16 equipos e emparellamentos:

Primeira Rolda

Ranking16-Ranking1
Ranking15-Ranking2
Ranking14-Ranking3
Ranking13-Ranking4
Ranking12-Ranking5
Ranking11-Ranking6
Ranking10-Ranking7
Ranking9-Ranking8

Os posibles emparellamentos da Rolda 2, sorteados xa antes de que comezara a Rolda 1, son:

Ranking8-Ranking1
Ranking7-Ranking2
Ranking6-Ranking3
Ranking5-Ranking4

Así e todo, dous dos partidos acabaron en sorprendentes vitorias para os equipos que non eran favoritos—o Ranking14 e o Ranking16. Dada esta circunstancia, os encontros para a rolda 2 serán:

Ranking8-Ranking16
Ranking7-Ranking2
Ranking6-Ranking14
Ranking5-Ranking4.

Cando a terceira rolda esté creada, o sistema volverá a asumir que os equipos da parte máis alta do ranking gañarán e, polo tanto, formulará estos emparellamentos:

Ranking8-Ranking2
Ranking6-Ranking4

Se o Ranking16 volve a gañar, ocupará o lugar do Ranking8.
Se o Ranking14 volve a gañar, ocupará o lugar do Ranking6.

Ranking de Copa

O ranking de Copa úsase para crear o sorteo de Copa. É un ranking estático que non varía unha vez que da comezo a Copa. O primeiro factor a ter en conta é a división na que xoga o equipo durante a tempada actual. Despois diso, os equipos son clasificados nestes subgrupos:

1. Equipos activos descendidos
2. Equipos activos que non veñen nin de ascender nin de descender
3. Equipos que ascenderon por méritos propios
4. Equipos que obtiveron un ascenso extra (substituindo a un bot descendido)
5. Bots, no caso de que haxa vacantes

Os equipos de cada grupo dos anteriores son ordenados de acordo coa súa clasificación ó remate da anterior tempada, e esta clasificación mantense mentres dure a copa.

Unirse a unha copa secundaria tras caer eliminado

Para as copas Satélite e de Consolación, o momento de entrada ten que ver na orixe do ranking. Os equipos que entren máis cedo terán garantizado un ranking máis alto que os que se uniron máis tarde. O ranking de Copa de cada un deles sigue contando como tal, pero soamente para determinar a orde dos que entraron á vez.

Un exemplo sería que o teu equipo é quen de chegar ata a rolda 5 ou 6 da Copa de España, onde cae eliminado. Como a túa aventura copeira continúa nunha Copa Satélite con menor nivel, terás un ranking máis baixo comparado cos equipos que xa estaban a participar nesa copa. O equipo co ranking máis alto de aqueles que entraron na primeira rolda xogará contra o equipo co ranking máis baixo dos que acaban de incorporarse.

As diferentes Copas e os seus formatos

A copa máis importante de calquera liga é a Copa Nacional. Esta está aberta a todos os equipos desde 6ª División para arriba que teñan un mánager humano. Tan só os mellores equipos terán a oportunidade de gañar a Copa Nacional, pero calquera equipo que chegue lonxe nesta competición será ben recompensado.

Non obstante, se o teu equipo cae eliminado pronto da Copa Nacional, terás unha segunda oportunidade. Se es eliminado nunha das seis primeiras roldas da Copa Nacional, pasarás a disputar unha das tres Copas Satélite nacionais. Participar nas copas Satélite tamén vai ser moi atractivo para o teu club, aínda que os premios serán moi inferiores aos da Copa Nacional. De seres capaz, manterte na Copa Nacional sempre debería pagar a pena.

As tres Copas Satélite reciben orixinalmente os nomes de Esmeralda, Rubí e Zafiro. A Copa Esmeralda componse dos equipos eliminados da Copa Nacional na 1ª e na 6ª rolda. Os equipos eliminados na 2ª e na 5ª rolda pasan á Copa Rubí. E os equipos eliminados na 3ª e 4ª rolda pasan á Copa Zafiro. As tres copas dispútanse á vez xunto coa Copa Nacional, e haberá un gañador distinto en cada unha delas. Ten en conta que as copas Satélite poden ter nomes diferentes dos orixinais nalgunhas ligas.

Os equipos eliminados na primeira rolda da Copa Satélite Esmeralda e na primeira rolda da Copa Satélite Rubí pasarán a participar na Copa de Consolación. Esta copa non dará ningún premio en metálico nin ningunha outra gratificación, aínda que si se entregará un trofeo ao gañador.

Nas ligas con máis de seis divisions, organízanse Copas Divisionais a partir de 7ª División para abaixo. As Copas Divisionais seguen o mesmo padrón que a copa principal, con tres Copas Satélite: Esmeralda, Rubí e Zafiro, así como unha Copa de Consolación. A única diferenza é que o premio en metálico é inferior.

O tamaño das Copas vén determinado polo número de equipos xestionados por humanos que se clasifiquen para esta. O tamaño de Copa máis pequeno posible que dea cabida a todos os equipos humanos será o que se elixa. Unha vez incluídos todos os equipos humanos, encheranse os ocos libres con bots ata completar o cadro inicial.

1. Calcúlase o número de equipos clasificados xestionados por humanos
2. Elíxese o tamaño de copa máis pequeno que dea cabida a todos estes equipos
3. Na cadro da Copa, colócanse primeiro os equipos xestionados por humanos
4. Despois tírase dos bots "habituais" do sistema ligueiro
5. Se non fose suficiente, crearíanse novos equipos bot exclusivamente para a Copa


Semana Copa nacional Copa satélite
(Esmeralda)
Copa satélite
(Rubí)
Copa satélite
(Zafiro)
Copa de consolación
Equipos Equipos Equipos Equipos Equipos
1 16384
2 8192 8192
3 4096 4096 4096 4096
4 2048 2048 2048 2048 4096
5 1024 1024 1024 2048 2048
6 512 512 1024 1024 1024
7 256 512 512 512 512
8 128 256 256 256 256
9 64 128 128 128 128
10 32 64 64 64 64
11 16 32 32 32 32
12 8 16 16 16 16
13 4 8 8 8 8
14 2 4 4 4 4
15 - 2 2 2 2
16 - - - - -
  • Os eliminados na primeira e na sexta rolda da Copa Nacional integraranse na Copa Satélite Esmeralda.
  • Os eliminados na segunda e na quinta rolda da Copa Nacional integraranse na Copa Satélite Rubí.
  • Os eliminados na terceira e na cuarta rolda da Copa Nacional integraranse na Copa Satélite Zafiro.
  • Os eliminados na primeira rolda da Copa Satélite Esmeralda e na primeira rolda da Copa Satélite Rubí integraranse na Copa de Consolación.

Efectos sobre o equipo

Un aspecto importante das Copas son as posibilidades tácticas que presentan. Aguantar na Copa durante moitas roldas posibilítache xogar encontros máis competitivos, o que implica ter máis oportunidades de aumentar a confianza e o espírito do equipo como preparación para a liga. Os encontros de Copa tamén lle achegarán máis experiencia aos teus xogadores, o que unido a unha maior recadación pola venda de entradas fai moi atractiva a aposta por permanecer moito tempo na copa. Con todo, non todas as Copas terán o mesmo impacto sobre o teu equipo.

Os cartóns e as lesións teñen todos os efectos en calquera das copas. Se recibes un cartón nun encontro de copa, o teu xogador estará sancionado para o vindeiro encontro ligueiro.

Espírito do equipo, confianza e ánimo dos seareiros: Tan só os encontros das Copas Nacional e Divisional terán un verdadeiro efecto sobre estes valores. Os encontros que se disputen en calquera outra copa terán o mesmo comportamento que un amigable, no que se refire ao impacto sobre o espírito do equipo, confianza e ánimo dos seareiros no futuro.

Experiencia: As Copas Nacional e Divisional danlle aos xogadores que participen no encontro o dobre de experiencia se se compara cun encontro de liga. Os encontros das Copas Satélite e de Consolación danlle aos teus xogadores a metade de experiencia da que obterían nun encontro de liga.

Ingresos da Copa

A venda de entradas supón un importante ingreso derivado dunha exitosa tirada copeira. Canto máis progreses en calquera Copa, máis espectadores acudirán polo que o beneficio xerado será maior. A Copa Nacional e as Copas Divisionais son moito máis atractivas para a afección que as correspondentes copas Satélite e de Consolación. Mentres que un encontro da Copa Nacional ou Divisional (polo menos nas últimas roldas) pode atraer a un número semellante de espectadores que un encontro de liga, as outras copas son máis parecidas a un amigable, no que se refire a afluencia de público. A Copa Nacional Satélite atraerá tres veces máis espectadores que un encontro amigable internacional. A Copa Nacional de Consolación atraerá dúas veces o número de espectadores dun encontro amigable internacional. A Copa Divisional Satélite atraerá dúas veces o número de espectadores dun encontro amigable internacional. A Copa Divisional de Consolación atraerá un 50% máis de espectadores que un encontro amigable internacional.

O equipo da casa obtén 67% da recadación por entradas e o equipo de fóra obtén 33%. Nas últimas seis roldas, os equipos dividen a recadación ao 50%. Por norma xeral, os seareiros non prestan moita atención ás dúas primeiras roldas de copa. Este interese irá aumentando a medida que se avance de rolda. Tamén é certo que os seareiros dun equipo de división inferior quererán ver un encontro contra un rival de superior categoría, pero isto non acontece ao contrario. Os mellores equipos da copa tamén reciben un premio en metálico segundo se mostra na táboa de embaixo. Non hai premio para o máximo anotador da copa.

Copa nacional

Posición Copa nacional Copa satélite Copa de consolación
Campión 1 500 000 US$ 300 000 US$ -
Finalista 1 000 000 US$ 150 000 US$ -
Semifinalista 750 000 US$ 100 000 US$ -
Cuarto finalista 500 000 US$ 50 000 US$ -
Eliminado en 8avos. 250 000 US$ 25 000 US$ -
Eliminado en 16avos. 200 000 US$ - -
Eliminado en 32avos. 180 000 US$ - -
Eliminado en 64avos. 160 000 US$ - -
Eliminado en 128avos. 140 000 US$ - -
Eliminado en 256avos. 120 000 US$ - -
Posición Copa divisional Copa satélite Copa de consolación
Campión 300 000 US$ 150 000 US$ -
Finalista 150 000 US$ 100 000 US$ -
Semifinalista 100 000 US$ 50 000 US$ -
Cuarto finalista 50 000 US$ 25 000 US$ -
Eliminado en 8avos. 25 000 US$ - -
 
Server 070