Usamos galletiñas (cookies)—axúdannos a proporcionarche unha mellor experiencia online.
Ó usares o noso sitio web, aceptas que poidamos gardar galletiñas—cookies—e acceder a elas no teu ordenador.

Regras da casa

O teu comportamento

Podedes facer moitas cousas en Hattrick e con Hattrick, pero para conseguir manter que o xogo sexa entretido para todos necesitamos ter unha serie de regras para saber como actuar chegado o momento. Estas regras son simples e bastante obvias, e aplícanse en todas as áreas de Hattrick. Xogar a Hattrick debería ser entretido e seguro para todos, independentemente da súa idade, xénero, orixe, raza ou relixión. En resumo, pedímosche que sexas educado con todo o mundo, trates aos outros con respecto e que teñas en conta que aquí tamén aceptamos a menores.

Calquera que incumpra estas regras pode ser descualificado do Hattrick con efecto inmediato. Ten en conta que os GameMasters teñen autoridade absoluta para decidir se alguén está incumprindo estas regras.

Está estritamente prohibido para ti, como usuario de Hattrick:

  • Enviar mensaxes ameazando, insultando ou desprezando (sexa por HT-Mail ou no libro de visitas) outros usuarios ou nas conferencias de Hattrick. Tamén está prohibido facer SPAM tanto a nivel usuario como nas conferencias (enviando mensaxes non solicitadas como anuncios, ofrecementos para encontros amigables ou solicitando o apoio como seareiro). Está tamén prohibido dirixirse aos demais de xeito abusivo e ferinte.
  • Intentar roubar ou sabotar a propiedade de Hattrick Europe Ltd. ou convencer a alguén para que o faga. Enténdese como propiedade os servidores, o software e material protexido por copyright.
  • Explorar a páxina ou crear, usar ou distribuír aplicacións que automaticen partes do xogo, a menos que esas aplicacións estean autorizadas polos programadores do xogo. Tampouco podes incluír automaticamente partes da páxina noutras webs ou noutras aplicacións.
  • Facer trampa en calquera das súas formas, como intentar conseguir a clave de outros usuarios ou facer calquera outra cousa coa intención de prexudicar e estragar o goce dos outros usuarios.
  • Tanto o tentares o acceso a información dende sitios que non teñen relación coa páxina, como o tentares enviar información dun xeito semellante non está permitido. Só se pode acceder a información do HT navegando pola páxina ou cunha aplicación CHPP certificada.
  • Facer acusacións de trampas, anuncios de produtos da vida real (isto inclúe ligazóns externas), promover actividades criminais e/ou drogas, facer públicos correos cos colaboradores de HT, falar sobre as decisións dos GM ou Mod e discutir decisións de carácter individual.

Por último, pero non menos importante, soamente podes ter unha conta. Unha vez máis, está prohibido controlar máis dunha conta. Se tiveses varias contas, aríscaste a ser expulsado de Hattrick. E non importa que un amigo teu rexistrase a conta: se es ti quen a controla e quen dá as ordes, consideraremos que ti es o dono. A túa conta é privada, o que quere dicir que non podes deixar que accedan a ela nin a amigos nin a familiares. Tamén está prohibido mercarlles xogadores aos teus amigos a prezos descaradamente inflados, incluso se soamente tentabas ser riquiño! Se recibes unha destas poxas desorbitadas por algún dos teus xogadores, contacta cos GM inmediatamente. Para contactar cun GM fai o favor de visitar a nosa páxina de contacto.

Para todas aquelas situacións que non estean recollidas nas regras, os colaboradores de HT (GM, Mod, CHPP) teñen autoridade para solucionar os problemas seguindo o espírito das mesmas. Queremos remarcar tamén que tódalas conversacións que poidades ter con eles son estritamente persoais e non poden ser publicadas ou remitidas a terceiras persoas de ningunha forma.

 
 
Server 081