Usamos galletiñas (cookies)—axúdannos a proporcionarche unha mellor experiencia online.
Ó usares o noso sitio web, aceptas que poidamos gardar galletiñas—cookies—e acceder a elas no teu ordenador.

Regras da casa

Mensaxes comerciais

As conferencias de Hattrick, libros de visitas, páxinas do equipo e outras áreas de dominio público non son o lugar axeitado para que os usuarios publiquen ningún tipo de mensaxe comercial. O principio que se segue é que como usuario de Hattrick, non tes por que estar exposto a ningún contido que outros usuarios publiquen para beneficio propio na súa vida real.

Isto non significa que non poidas mencionar o nome dunha empresa ou un produto cando o precises no contexto no que esteas a falar, pero se abusas desta regra e tratas de incluír algunha mensaxe comercial por calquera razón, poderíamos borrar a mensaxe, multarte ou incluso botarte fóra de Hattrick. As discusións están ben, a promoción non. Considérase que é spam e que ensucia o noso espazo común.

Nas conferencias non-Hattrick xeralmente permítense fíos sobre, por exemplo, outros portais e xogos de internet. Facemos isto como un servizo aos nosos usuarios e sempre que esta apertura non sexa explotada con propósitos comerciais. Se outras empresas comezan a empregar Hattrick como unha canle por onde se poden anunciar libremente, ou se se publican ligazóns promocionais ou buscando afiliados poderiamos chegar a prohibilos e botar aos usuarios que as publicaran. Lamentabelmente, xa tivemos casos de abusos de anuncios comerciais dentro do Hattrick e non queremos que suceda de novo.

Hattrick pode usar ocasionalmente as conferencias para promover actividades ou produtos de socios comerciais. Tentamos limitar a nosa actividade nas conferencias a temas puramente relacionadas co xogo, pero, por suposto, precisamos ter a liberdade de comunicar aos nosos usuarios outro tipo de asuntos, incluíndo temas comerciais se fose preciso.

 
 
Server 080