Usamos galletiñas (cookies)—axúdannos a proporcionarche unha mellor experiencia online.
Ó usares o noso sitio web, aceptas que poidamos gardar galletiñas—cookies—e acceder a elas no teu ordenador.

Axuda »   Manual »   Hattrick Masters 

Hattrick Masters

A Hattrick Masters é a competición internacional para tódolos gañadores das ligas e copas do mundo. Xógase durante catro semanas, comezando despois da 4º xornada de cada tempada. Os encontros xóganse os luns as 16:00 e os xoves contra as 20:00.

Encontros

Na Masters poden participar 256 equipos ao longo de 8 roldas a partido único. Os sorteos de cada rolda son completamente aleatorios, e os encontros xóganse en campo neutral.

Se non hai suficientes equipos para encher a primeira rolda por completo, algúns equipos (seleccionados de xeito aleatorio) evitarán esta primeira rolda e accederán directamente á segunda rolda. Se algún dos gañadores da Copa ou da Liga chegan a quedar sen dono (ou cambian de propietario) non poderán participar na Masters. Se algún equipo gana tanto a Liga como a Copa na mesma tempada, será o único equipo dese país en participar na Masters.

Regras especiais do torneo

Existen algunhas regras especiais aplicábeis á Hattrick Masters:

Cartóns e lesións: Os cartóns non contan (agás os cartóns vermellos, por suposto), por outro lado as lesións si son rexistradas como normais.

Actitude do Equipo:Xogar "Encontro da Tempada" (MOTS) ou "Xogar relaxados" (PIC) non baixará nin subirá o espírito do equipo tanto como nun encontro normal. Non obstante, o efecto durante o partido é o mesmo que durante un partido normal.

Adestramento: Os partidos de Masters non contan para o adestramento dun xogador.

Ingresos da Masters

A recadación pola venda de entradas repártese ao 50% entre o equipo local e o visitante. Os mellores equipos tamén recibén os premios en metálico que se amosan embaixo.

O campión da Hattrick Masters gaña 800 000 US$, o finalista gaña 400 000 US$, e os dous semifinalistas gañan 200 000 US$. Os eliminados en cuartos de final terán de premio 100 000 US$ e os eliminados en oitavos de final obterán 50 000 US$.

 
Server 071