O encontro: Conceptos básicos

Elixir a aliñación correcta é un dos máis grandes desafíos en Hattrick. Neste capítulo e noutros centrarémonos en como inflúen as habilidades dos xogadores nos encontros. O capítulo informaravos dos conceptos básicos, as cousas máis importantes que debades coñecer.

Conceptos básicos da simulación dos encontros

En cada parte dun encontro fanse un número de ataques, e o medio do campo decide que equipo obtén cada ataque. O equipo cun medio máis forte (o equipo con maior posesión de balón) é moi probábel que teña o maior número de ataques.  Cando un equipo ataca, decídese que tipo de ataque vai ser. Os ataques básicos consisten en ataques pola banda dereita, pola esquerda ou polo centro, e tamén xogadas a balón parado (libres directos e penaltis). O ataque do equipo atacante para esa demarcación tentará rachar coa defensa do equipo que defende nesa mesma demarcación.

Os ataques normais

En cada encontro son xerados un número de ataques básicos (como expliquei antes). Algúns deses ataques son abertos e poden ser xerados por ámbolos dous equipos, e outros son exclusivos dun só equipo.

Nos ataques abertos o medio do campo decide que equipo xera o ataque. Os ataques exclusivos funcionan do mesmo xeito, pero cunha excepción: se o teu medio "gaña" un dos ataques exclusivos do teu rival conseguirás parar o ataque, pero non se converterá nunha ocasión para ti. Ti non podes conseguir as ocasións exclusivas dos teus rivais e eles non poden conseguir as túas.

A maioría dos ataques básicos son comentados no informe do partido, pero os ataques que quedan moi lonxe de acabar en gol nin sequera son informados.  Tamén podedes conseguir ataques adicionais grazas aos "Eventos Especiais" e aos contraataques. Estes ataques adicionais descríbense nos outros dous capítulos do encontro.

Vantaxe do equipo local

O equipo local vese axudado polos seus seareiros. Normalmente tes unha porcentaxe máis elevada de posesión na casa que fóra.  Nun derbi (cando ámbolos dous equipos son da mesma rexión) o equipo local tamén recibe esta vantaxe, mentres que o equipo visitante só a metade. Se o xogo dispútase nun campo neutral, ninguén recibirá esa vantaxe, aínda que un equipo pertenza á rexión onde se dispute o encontro.

Psicoloxía e mentalidade do adestrador

O espírito, a confianza e a actitude do equipo afectan ao rendemento do mesmo. Podes ler máis sobre como Hattrick simula isto no capítulo de "Psicoloxía".
A mentalidade do adestrador (ofensivo, defensivo ou neutral) tamén ten a súa importancia. Máis información no capítulo "Adestrador".

Ao que deberías prestarlle atención é ás cualificacións do equipo

Despois da disputa dun encontro, obteredes unhas cualificacións do equipo para cada parte do equipo. Estas cualificacións informaranvos do nivel de rendemento das diferentes demarcacións do teu equipo e esas cualificacións son tamén o que determinan na actualidade o cálculo do encontro.

As denominacións das cualificacións dos partidos divídense en catro subniveis: moi baixo, baixo, alto e moi alto. Sabendo que a escala vai dende nulo até caralludo, é sinxelo coñecer como son as túas cualificacións, dentro duns rangos. Por exemplo, unha cualificación de "bo (moi alto)" é lixeiramente peor que un "excelente (moi baixo)", pero bastante mellor que un "pasable (moi baixo)"

Cualificación en Estrelas

Despois dun partido os teus xogadores reciben unha cualificación en estrelas polo seu rendemento durante o mesmo. A máis estrelas, mellor actuación.

Ten en conta que as estrelas só valoran o rendemento individual do xogador na súa posición e son de utilidade para comparalas con outros xogadores que xogaran na mesma posición. De todos xeitos non é o mellor camiño para evaluar o rendemento do equipo, para comparar a nivel global ese rendemento (e a súa vez comparalo con outros equipos) debes mirar as cualificacións do equipo.

Debes ter en conta tamén que os efectos do equipo (coma a perda de contribución para máis dun xogador na posición central, ollar o capítulo básico de aliñacións) non se ven reflectidos nas cualificacións.

Un caso normal

En resumo, o estado do medio do campo decide o número de oportunidades que o teu equipo producirá durante un encontro. As outras partes do equipo decidirán a probabilidade de que eses ataques se convertan en goles.

A seguinte táboa axudarache algo cando fagas a aliñación. Ten en conta que só se trata dunha aproximación.  Algúns niveis de habilidades seguindo a outros poden significar só lixeiras diferenzas no rendemento, mentres que para outros as diferenzas poderían ser moito maiores. Ademais, as ordes individuais ou a perda de contribución para dous ou máis xogadores na posición central (ver o capítulo previo) non foron tomadas en consideración.

Parte do equipo Factores (o máis importante primeiro)
Medio do campo Xogadas dos mediocampistas
Xogadas dos extremos
Xogadas dos defensas centrais
Xogadas dos dianteiros
Xogadas dos defensas laterais
Ataque banda esquerda Extremo do extremo esquerdo
Extremo do defensa lateral esquerdo
Anotación dos dianteiros
Pases do mediocampista esquerdo
Pases do extremo esquerdo
Extremo dos dianteiros
Pases dos dianteiros
Pases dos mediocampistas
Defensa banda esquerda Defensa do defensa lateral esquerdo
Portería do porteiro
Defensa do defensa central esquerdo
Defensa do extremo esquerdo
Defensa polo medio dos defensas centrais
Defensa do porteiro
Defensa do mediocampista esquerdo
Defensa polo medio dos mediocampistas
Ataque central Anotación dos dianteiros
Pases dos dianteiros
Pases dos mediocampistas
Anotación dos mediocampistas
Pases dos extremos
Defensa central Defensa dos defensas centrais
Portería do porteiro
Defensa dos mediocampistas
Defensa dos defensas laterais
Defensa do porteiro
Defensa dos extremos
Ataque banda dereita Extremo do extremo dereito
Extremo do defensa lateral dereito
Anotación dos dianteiros
Pases do mediocampista dereito
Pases do extremo dereito
Extremo dos dianteiros
Pases dos dianteiros
Pases dos mediocampistas
Defensa banda dereita Defensa do defensa lateral dereito
Portería do porteiro
Defensa do defensor central dereito
Defensa do extremo dereito
Defensa polo medio dos defensas centrais
Defensa do porteiro
Defensa do mediocampista dereito
Defensa polo medio dos mediocampistas
 
Server 071