Usamos galletiñas (cookies)—axúdannos a proporcionarche unha mellor experiencia online.
Ó usares o noso sitio web, aceptas que poidamos gardar galletiñas—cookies—e acceder a elas no teu ordenador.

Partidos

Os xogadores reciben experiencia por xogar partidos coa Selección Nacional. Ademais, o xogador que participe coa Selección Nacional terá unha redución no seu soldo do 40% se pertence a un equipo do seu país de orixe ou do 33% se é de fóra.

Os xogadores poden mancarse cando xogando coa Selección. De ser así, ademais da redución do soldo, o club propietario do xogador mancado recibirá como compensación o 100% do soldo base do xogador por cada semana da duración estimada da lesión.

Non hai bonificación por lealdade nas seleccións nacionais, por tanto esta non se aplicará sobre os xogadores nos partidos entre seleccións.

Os partidos das Seleccións Nacionais non contan para o adestramento dos xogadores. Os cartóns e expulsións tampouco contan. Neste senso, os partidos das seleccións funcionan do mesmo xeito que os amigables dos clubs.

A vantaxe de xogar na casa no caso das seleccións nacionais non é igual que para os clubs. As seleccións nacionais conseguen unha vantaxe por xogar na casa menor, igual ao pulo dado ao equipo de fóra cando se trata dun derbi.

Os equipos nacionais terán ocultas ao público varias estadísticas 8 horas antes de que se xogue un encontro. Por exemplo, o espírito, a confianza, xogadores, etc deixarán de ser públicos. Isto evitará que os mánager teñan que estar pendentes de cambiar as súas ordes ata o último momento.

 
Server 071