Usamos galletiñas (cookies)—axúdannos a proporcionarche unha mellor experiencia online.
Ó usares o noso sitio web, aceptas que poidamos gardar galletiñas—cookies—e acceder a elas no teu ordenador.

Xogadores

O seleccionador nacional pode seleccionar libremente a calquera xogador dende calquera equipo do mundo, sempre que sexa nativo do país da Selección correspondente e que xogue nun equipo que teña dono.

A selección pode ter ata 26 xogadores no equipo ao mesmo tempo. Unha vez que se alcanza ese límite, hai que quitar a un xogador antes de seleccionar a outro. Cando un xogador deixa o equipo da selección, a moral baixará para os xogadores restantes. Agás por isto, non hai ningún outro efecto ao quitar xogadores.

O seleccionador pode ollar tódolos datos dos xogadores convocados pola selección, a mesma información que podes verlle aos xogadores dende a páxina do teu club. Cando o xogador sae da selección (ou o mandato do seleccionador remata) o seleccionador xa non poderá ver os datos ocultos.

Sen dúbida, o seleccionador precisará colaboradores para determinar que xogadores son os mellores. As cualificacións dos encontros e as estatísticas de Supporter tamén poden axudar na procura dos mellores xogadores. Os xogadores no estranxeiro poden ser complicados de seguir, polo que un seleccionador podería recrutar axudantes para as súas tarefas.

 
Server 071