Membros do equipo do seleccionador
Segundo adestrador
O segundo adestrador será a man dereita (ou esquerda) do seleccionador, e poderá ser nomeado ou destituído cando sexa necesario. O segundo terá acceso a información dos xogadores tal como o seu nivel de habilidades, e poderá enviar instruccións para os encontros e aceptar solicitudes de amigables. A idea é que lle poida axudar ó seleccionador as semanas con máis encontros e cando os horarios sexan máis difíciles de seguir.
Ollador
Os olladores axudan ó seleccionador a seguir os progresos das futuras promesas. Serán nomeados polo seleccionador e terán acceso a ferramentas limitadas ó seguimento de xogadores.
|