Usamos galletiñas (cookies)—axúdannos a proporcionarche unha mellor experiencia online.
Ó usares o noso sitio web, aceptas que poidamos gardar galletiñas—cookies—e acceder a elas no teu ordenador.

Introdución

En Hattrick cada país ten unha selección absoluta e outra Sub-21, dirixidas por cadanseu seleccionador nacional.

O adestrador é escollido polos usuarios do país nunha elección pública. Os seleccionadores deberán cumprir co seu mandato de dúas tempadas. As novas eleccións serán convocadas unicamente cando os mánagers non podan cumprir as súas obrigacións por diferentes motivos, segundo o decidan os Administradores da Selección Nacional.

As eleccións deben ser limpas. Para asegurar a lexitimitade, os Administradores da Selección Nacional non dubidarán en expulsar os candidatos que promovan actos que, potencialmente, lles dean vantaxe fraudulenta con respecto aos outros candidatos. Hai máis información sobre as eleccións nas reglas do xogo.

Estas regras son un suplemento das regras xerais de Hattrick. A non ser que se diga aquí algo distinto, aplícanse as regras xerais (por exemplo, no funcionamento dos partidos).

Non podes ser seleccionador de dúas Seleccións Absolutas ou de dúas Seleccións Sub-21 ao mesmo tempo xa que poderías rematar xogando un encontro entre dous equipos controlados por ti, o que é inaceptábel. Isto implica tamén que a HFA non te permitirá presentarte como candidato en más dun país durante as eleccións. Isto inclúe tamén presentarte nun país, quitarte e entón presentarte noutro país. Isto pode supoñer a túa descualificación para participar nas eleccións.

Outras regras adicionais e importante información están publicadas na conferencia de seleccións nacionais, a cal é soamente accesíbel aos seleccionadores nacionais. Por favor entra nesa conferencia para ler tódalas regras.

 
Server 071