O encontro: Lanzamentos de balón parado e eventos especiais

Neste apartado, trataremos de profundar un pouco máis en dous detalles importantes dun partido: como se marcan os lanzamentos de balón parado, que é iso dos "eventos especiais" e outros eventos que poderían ocorrer no partido.

Lanzamentos de balón parado

Algunhas das túas oportunidades normais rematarán nun lanzamento de balón parado, tanto faltas coma penaltis.

Dado que unha ocasión normal non pode acabar en córner, estes daranse como Eventos Especiais (ver abaixo).

Así como ocorre no fútbol real, dominar o balón parado pode ser moi determinante en Hattrick.

Lanzamentos directos libres

Se o teu equipo obtén un lanzamento a balón parado nunha boa posición, automáticamente será asignado para o lanzador de Balón Parado escollido (mirar abaixo).

Para tratar de anotar, o teu lanzador emprega a súa habilidade de balón parado e a súa experiencia para tentar burlar ao porteiro rival. O porteiro, polo contrario, utiliza tanto a súa habilidade de portería coma a de balón parado, ademáis da experiencia para defender os lanzamentos directos de balón parado.

Saques de falta indirectos

Arredor dunha de cada tres das túas oportunidades a balón parado serán saques indirectos de falta. O éxito nestas ocasións depende do esforzo de todo o equipo.

Para o ataque empréganse, en orden de importancia:
A habilidade media de anotación de tódolos teus xogadores de campo
A habilidade media de balón parado de tódolos teus xogadores de campo
A habilidade de balón parado do teu lanzador de faltas
A experiencia media de tódolos teus xogadores do once inicial.

Para defender utilízanse (en orde de importancia):
A media de defensa dos xogadores de campo
As súas medias en balón parado
O nivel de portería do gardameta, así como o seu nivel de balón parado.
E, de novo, a experiencia de tódolos xogadores do once inicial.

Estas calificacións reciben o nome de nivel de Balón Parado indirecto ofensivo e defensivo.

Lanzamentos de penalti e rolda de penalties.

Pódense dar dúas situacións de penalti en Hattrick, as cales teñen os seus matices.

Lanzamentos de penalti

Se o árbitro sinala penalti, o teu lanzador de Balón Parado escollido (mirar abaixo) encargarase da pena máxima. As habilidades que hai que ter en conta son:
Para o lanzador: Balón Parado e Experiencia
Para o porteiro: Balón Parado, Portería, Experiencia e a especialidade Rápido.

Rolda de penalties

Algúns partidos, como os de Copa ou os de promoción, non poden acabar en empate. Se o encontro non se decide despois dos 90' e a prórroga, chegarase a unha tanda de penaltis. Cada equipo lanzará cinco penaltis na rolda inicial. Se despois dela todavía non se desfixo o empate, seguiranse lanzando penaltis dun en un ata que un equipo erre o seu lanzamento (sempre e cando outro marque).

Nunha tanda de penalti existen matices importantes. Un xogador que marcase un gol de penalti no tempo regulamentario terá un 10% de bonificación na tanda de penaltis. Pola outra banda, os porteiros que pararan un penalti durante o partido (incluindo a tanda de penaltis), recibirán un 10% de bonificación á hora de intentar parar o próximo penalti. Este plus perderase cando encaixen un gol.

As habilidades e especialidades que contan durante unha tanda de penaltis son as seguintes:
Para o lanzador: Balón Parado, Anotación, Experiencia, a bonificación descrita arriba e a especialidade Técnico
Para o porteiro: Portería, a bonificación explicada anteriormente e a especialidade Rápido.

Escoller ó teu lanzador de balón parado

O teu lanzador de Balón Parado designado encargarase, na inmensa maioría de casos, de lanzar os penaltis, as faltas e os eventos de córner durante o partido.

Se non seleccionas a un xogador para esta tarefa na páxina da aliñación, o adestrador seleccionará automáticamente ó xogador coa habilidade máis alta en balón parado.

Se o xogador escollido ten unha lesión, é substituido ou expulsado, outro xogador asumirá o seu rol. Nesta situación, o xogador designado automáticamente será aquel que esté situado en primer lugar nas instruccións para as tandas de penaltis (ver máis abaixo). Se non deches instruccións para a tanda de penaltis, o adestrador escollerá a un xogador como lanzador.

Para as tandas de penaltis debes ordear a lista de lanzadores na páxina da aliñación. De este xeito, decidirás quen lanzará os penaltis nunha hipotética tanda e en qué orde. Se esta lista non está constituida, o adestrador elixirá ós xogadores baseándose nas súas habilidades de balón parado e anotación.

Eventos especiais

Ademais das ocasións normais, tamén pode ser que ocorran "eventos especiais". Estes eventos poden darse en cada encontro e dependen das características dos xogadores, en particular, das súas especialidades. Isto fai que compoñer un equipo que teña un bo balance nas especialidades sexa unha parte máis da estratexia do xogo.

Hai dous tipos de eventos especiais:

1. Eventos especiais relacionados coa posesión de balón: Dependen directamente da posesión de balón (se tes una posesión do 55%, tes un 55% de probabilidades de conseguir un evento especial de equipo)

2. Eventos especiais individuais:Ríxense polas posicións e especialidades que teñan os xogadores que están no campo, independentemente da posesión. Debes asegurarte tamén de que teñan o nivel suficiente en certas habilidades para que ocorran.

Cada vez que un evento especial teña lugar nun encontro, as probabilidades de que ocorra outro son máis baixas.

Eventos especiais individuais

Estes eventos dependen das especialidades, habilidades e posicións dos xogadores. Cantos máis xogadores teñas dunha especialidade concreta, máis posibilidades terás máis posibilidades de acadar un evento especial individual relacionado con esa especialidade.

Ademais do que se enumera a continuación, o xogador que remata a ocasión (normalmente, pero non sempre, o mesmo xogador que a crea) tamén necesita de algo da habilidade de anotación para marcar nese tipo de ataques.

Imprevisible: Este tipo de xogadores empregan a súa habilidade de pases para crear pases longos inesperados—no caso dos porteiros, defensas laterais e defensas centrais—, e a súa habilidade de anotación para interceptar o balón—no caso dos mediocentros, extremos e dianteiros. Se son xogadores de campo, a súa imprevisibilidade pode tamén crear ocasións da nada.

Por outra banda, canto máis baixo o nivel de defensa dos teus defensas e mediocentros, máis posibilidades haberá de que fagan o parvo e provoquen unha ocasión de gol en contra.

Por último, extremos e dianteiros con pouco nivel de pases poderán crear o caos na túa defensa, resultando nun gol en propia porta.

Rápido: Os mediocentros, extremos ou dianteiros rápidos poderán crear unha oportunidade tirando proveito da súa velocidade. Isto podería ser contrarrestado polo equipo contrario se un defensa (central ou lateral) que tamén sexa rápido estea atento para paralo. Os mediocentros, extremos e dianteiros rápidos daranche tamén un pulo no teu nivel de contraataque. Ó mesmo tempo, este pulo poderá ser reducido ou neutralizado se o teu opoñente tamén ten mediocentros, defensas e/ou porteiro rápidos (só o nivel extra, nunca reducirá o nivel inicial da táctica).

Técnico: Os mediocentros, extremos e dianteiros técnicos poderán crear ocasións de gol se teñen enfronte un porteiro, defensa ou mediocampista con especialidade en xogo aéreo—non ten por qué ser na posición oposta exacta. Por outra banda, cada defensa ou lateral técnico darache unha pequena posibilidade de crear un contraataque non táctico a partires dunha oportunidade fallada polo teu opoñente. Canto máis pases teña o defensor, maior será a probabilidade de que esto aconteza.

Extremo: Un extremo co suficiente nivel de habilidade en extremo pode crear oportunidades de gol que deberán ser rematadas por outro extremo, un centrocampista ou por un dianteiro. Se o outro xogador ten a suficiente habilidade de anotación, haberá máis posibilidades de que a xogada remate en gol, e se é especialista en xogo aéreo o terá aínda máis fácil para anotar.

Cansazo: Os defensores e mediocampistas centrais que estean fatigados poden cometer erros. A non ser que o atacante estea tamén cansado de máis, pódese crear unha ocasión de gol para o teu opoñente.

Outros eventos nos partidos

Hai tamén algúns eventos que poderían ocorrer durante o partido. A probabilidade de que ocorra un destes eventos non depende das cualificacións de medio campo, polo que as túas opcións de que ocorran non aumentan inda que domines o medio do campo.

Contraataques: Aínda que non empregues a táctica de Contraataques, tes algunha oportunidade de ter algún contragolpe durante un partido. Estes contragolpes independentes da táctica non requiren que o teu equipo perdese o medio do campo, como pasa cos contragolpes normais. Le o capítulo O encontro: Tácticas para ter máis información sobre os contraataques.

Tiros de lonxe: Aínda que non empregues a táctica de Tiros de lonxe, tes a oportunidade de que durante un partido che apareza algún. Le o capítulo O encontro: Tácticas para ter máis información sobre os Tiros de lonxe.

Os Mediocentros potentes, xogando coa orde en defensivo—tamén chamados pivotes defensivos ou MauroSilvas—poderán parar ataques do opoñente roubándolles a bóla. Se realizan esta presión con éxito, neutralizarán o ataque do opoñente. Para iso, dependerán en grande medida do seu nivel de defensa e de resistencia.

Os Dianteiros potentes, xogando coa orden normal—tamén chamados dianteiros tanque ou arietes—poderán corpear para gañar espazo no área e gañar o rexeite, creando así unha segunda oportunidade despois dunha ocasión normal fallada polo teu equipo. Para iso precisarán ter dabondo de xogadas e de anotación. Ten en conta que o seu despregue físico poderá provocar cartóns amarelos, pero se o xogador xa ten un cartón, tentará non meterse en leas e ir con máis coidado nesas situacións.

Terás unha penalización por ateigamento se pós no campo dous ou tres xogadores na mesma posición e cunha destas tes combinacións de especialidades e ordes: dianteiros defensivos técnicos, dianteiros normais potentes e mediocentros defensivos potentes. Se pós dous xogadores do mesmo tipo, a penalización será de 4% cada un, e se pós 3, dun 7,5% cada un.

Condicións meteorolóxicas e especialidades

Algunhas especialidades son máis adecuadas para certas condicións climáticas. O rendemento de tódolos xogadores que teñan unha especialidade susceptible de ser afectada polas condicións meteoróloxicas do momento sufrirá unha penalización dende o comezo do encontro.

Técnico: Os xogadores gañan un 5% de rendemento en todas as súas habilidades nos días de sol, pero perden esa mesma porcentaxe coa choiva.

Potente: Os xogadores rinden un 5% máis nos días de choiva e perden esa mesma porcentaxe co sol.

Rápido: Os xogadores perden un 5% da súa contribución tanto nos días soleados como nos de choiva.

Cando as condicións meteorolóxicas afecten a algún xogador, verás o reporte asociado no encontro e tamén a variación no rendemento nas estreliñas e nas cualificacións do encontro.

Eventos especiais relacionados coa posesión de balón

Estes eventos dependen do nivel de mediocampo. O equipo que máis nivel de mediocampo demostre terá máis posibilidades de acadalos.

Evento especial de córner

Os córners funcionan como eventos especiales de equipo. O teu lanzador de balón parado designado será o encargado de botar os córners.

Para marcar de córner, podes mellorar as probabilidades grazas a un lanzador coa habilidade de balón parado moi alta, ademáis de tendo un nivel superior de balón parado indirecto ofensivo respecto ó nivel de balón parado defensivo do rival.

Hai dous tipos de córneres. Nun deles, canto maior sexa o número de cabeceadores entre os teus xogadores de campo (o teu lanzador non conta) en comparación co número de cabeceadores dos xogadores de campo do teu rival, máis oportunidades terás de anotar. Non ter cabeceadores farache ser moi vulnerable á hora de defender córneres e serache moi complicado anotar os que xeres ti.

Nos outros, as probabilidades de anotar dependerán do nivel de anotación que teña o xogador que reciba o balón. Ten en conta que os córneres poden desembocar nun cartón amarelo para o equipo que ataca. Iso si, en caso de ter un xogador amoestado, terá moito máis coidado para baixar o risco de recibir un segundo cartón amarelo.

Experiencia: Os dianteiros poden marcar un gol empregando a súa experiencia. Pola contra, os defensores pouco experimentados pódenlle dar oportunidades extra ao teu opoñente.

 
Server 071