Usamos galletiñas (cookies)—axúdannos a proporcionarche unha mellor experiencia online.
Ó usares o noso sitio web, aceptas que poidamos gardar galletiñas—cookies—e acceder a elas no teu ordenador.

Xogadores xuvenís

Pechando a Academia

Se queres pechar a túa Academia de Xuvenís podes facelo durante a pretemporada das Ligas de Xuvenís ou en calquera momento se o teu equipo non pertence a ningunha liga. De todas formas, tes que manter a túa Academia polo menos durante seis semanas. Tamén poderás reiniciar o teu equipo de xuvenís, incluso no medio da temporada, dándolle ó botón de "Reiniciar equipo de xuvenís" na páxina principal do teu equipo de xuvenís. Aínda así, ten en conta que esta acción é irreversible, polo que todos os teus rapaces e ata os olladores irán directos a rúa, e a túa academia pechada seguirá na liga ata o final da mesma, e ti terás que atopar unha nova liga para o teu novo equipo. Poderás usar esta opción só unha vez cada 3 temporadas (48 semanas).

Ten en conta que "reiniciar equipo de xuvenís" só aparecerá cando a academia estea inactiva (sin chamar aos olladores) durante polo menos 3 semanas, ou tamén no caso de que non os chamaras esta semana e teñas menos de 9 xogadores elixibles na academia (menos de 19 anos).

 
Server 071