Usamos galletiñas (cookies)—axúdannos a proporcionarche unha mellor experiencia online.
Ó usares o noso sitio web, aceptas que poidamos gardar galletiñas—cookies—e acceder a elas no teu ordenador.

Xogadores xuvenís

Os gastos

Cando por en marcha a Academia de Xuvenís, pagas unha taxa de rexistro de 5 000 US$ que se engade aos custos temporais do teu Club. Levar a Academia cun ollador custa 10 000 US$ á semana e cada ollador adicional custa 5 000 US$. Pagarás tamén 5 000 US$ adicionais como custo de contratación na primeira semana. Os custos semanais da Academia serán engadidos ao epígrafe "Gastos dos xuvenís" no informe financeiro semanal. A Academia non ten empregados, confíase en que os pais se fagan cargo do transporte, golpes, lesións, etc (cousa que fan sen gastos adicionais). Asemade as Academias de Xuvenís non teñen ingresos, os únicos espectadores nos encontros son os pais e amigos dos xuvenís.

Promover un xogador da Academia ó teu primeiro equipo custa 2 000 US$.

Ademais diso, o único gasto adicional que terás é se lle dis ao teu ollador que vaia procurar xogadores noutra rexión, entón terás que lle pagar o seu billete de avión

 
Server 070