Usamos galletiñas (cookies)—axúdannos a proporcionarche unha mellor experiencia online.
Ó usares o noso sitio web, aceptas que poidamos gardar galletiñas—cookies—e acceder a elas no teu ordenador.

Xogadores xuvenís

Encontros

Cada semana o teu equipo de xuvenís terá un partido de liga, e cada tres semanas tamén poderás botar un amigable. Dás as ordes por adiantado e elixes a táctica de xeito exactamente igual a como o fas co primeiro equipo. Se non se deron ordes (ou a aliñación está incompleta), os rapaces elixirán a aliñación coa que xogarán o partido. Primeiro elixirán un porteiro, logo os defensas (5 máx.), despois os medios e extremos (5 máx.) e por último os dianteiros (3 máx.).
 
Server 071