Usamos galletiñas (cookies)—axúdannos a proporcionarche unha mellor experiencia online.
Ó usares o noso sitio web, aceptas que poidamos gardar galletiñas—cookies—e acceder a elas no teu ordenador.

Xogadores xuvenís

Adestramento

Os xuvenís poden centrarse en dous tipos de adestramento á vez, un primario e outro secundario. O adestramento primario ten máis efecto que o secundario. Ti podes escoller adestrar o mesmo (por exemplo defensa) como adestramento primario e secundario, pero o efecto do adestramento será maior se escolles dous tipos de adestramento diferentes.

Os xogadores xuvenís reciben adestramento tanto nos partidos de liga (efecto completo) como nos amigables (efecto reducido), así que poden recibir adestramento dúas veces á semana. Tes que dar as instrucións de adestramento antes de comezar o encontro. O efecto do adestramento e mailo informe de adestramento produciranse xusto despois de que o encontro remate. Tamén poden ser reveladas habilidades:

Para a habilidade que recibe o adestramento primario, o adestrador informará sobre o nivel actual dun xogador que xogou un mínimo de 44 minutos nunha posición adestrábel (é dicir, nunha posición na que recibise un efecto maior ó residual). O mesmo ocorre coa habilidade que recibe o adestramento secundario, pero neste caso vaiche informar sobre o máximo potencial dun xogador nesa habilidade, en vez do seu nivel actual.

Ten en conta que non recibirás ningún reporte para o adestramento secundario se adestras o mesmo que no primario. Obviamente, se tódolos xogadores nunha posición adestrábel tivesen as súas habilidades xa desveladas, o adestrador non dará un reporte desa habilidade. Tamén é importante que se tes menos de 8 xogadores sobre o campo cando remate o encontro, non se revelará ningunha habilidade

Ademais, o teu adestrador informará normalmente sobre un dos tres xogadores cun maior nivel nunha das habilidades non adestradas.

 
 
Server 081