Usamos galletiñas (cookies)—axúdannos a proporcionarche unha mellor experiencia online.
Ó usares o noso sitio web, aceptas que poidamos gardar galletiñas—cookies—e acceder a elas no teu ordenador.

Xogadores xuvenís

Os xogadores

A túa Academia de Xuvenís pode acoller a un máximo de 18 xogadores á vez. Os xogadores que entren na túa Academia terán entre 15 e 16 anos. A maior parte das súas habilidades están aínda por descubrir, polo que non verás tódalas súas características ou personalidade, como ocorre cos xogadores do primeiro equipo. Para coñecer os teus xogadores terás que probalos en diferentes posicións no campo, para ver onde o fan mellor. Como axuda terás cualificacións por estrelas, os comentarios dos olladores e o informe do adestrador. A través do adestramento poderás desvelar as súas habilidades (máis información na sección sobre o adestramento). Tamén atoparás pistas adicionais no resumo do encontro.

 
Server 071