Usamos galletiñas (cookies)—axúdannos a proporcionarche unha mellor experiencia online.
Ó usares o noso sitio web, aceptas que poidamos gardar galletiñas—cookies—e acceder a elas no teu ordenador.

Xogadores xuvenís

Os olladores

En canto actives a túa Academia de Xuvenís recibirás un ollador de xuvenís asignado ao equipo. Ti escolles en que rexión debe procurar novos talentos, e tamén lle podes pedir que procure un tipo específico de xogador. Se lle dis que busque un tipo específico de xogador (por exemplo extremos) el ofrecerache ese tipo de xogadores case sempre, pero en xeral os xogadores serán peores.

Podes contratar olladores adicionais se queres, pero non podes ter máis de tres olladores (e tampouco menos de un). Unha vez á semana, cada ollador farache unha oferta cando o chames.

Se tes máis de un ollador, podes recibir unha segunda oferta (e unha terceira se tes tres olladores) se rexeitar a primeira. Pero lembra, se escolles rexeitar a primeira oferta, non poderás volver atrás nesa decisión. Cando rexeitas unha oferta, é definitivo.

 
Server 070