Usamos galletiñas (cookies)—axúdannos a proporcionarche unha mellor experiencia online.
Ó usares o noso sitio web, aceptas que poidamos gardar galletiñas—cookies—e acceder a elas no teu ordenador.

Xogadores xuvenís

Rede de Olladores

Podes obter un novo xogador cada semana enviando aos teus olladores a atopar un novo xogador para o primeiro equipo. Canto mellor sexa a túa secretaría técnica, máis oportunidades terás de obter un bo xogador. Non podes escoller que tipo de xogador queres, aparte de escoller entre porteiro ou xogador de campo. Non esperes sacar un galáctico cada semana. A meirande parte dos xogadores que os olladores recomendan non serán válidos para o teu equipo. Podes darte por satisfeito se acadas un ou dous xogadores válidos nunha tempada - pensa en como funcionan estas cousas na realidade!

Moitos equipos invisten moitos cartos na rede de olladores, pero hai tamén quen inviste menos cartos ou nada, preferindo no seu lugar mercar reforzos no mercado de fichaxes. De calquera xeito, se decides investir na estrutura da túa rede de olladores, pensa que levará algún tempo que o teu investimento se traduza en xogadores decentes. Non ten moito sentido asinar novos talentos se a túa rede de olladores ten, por exemplo, un nivel "pobre".

Cada semana terás a posibilidade de facer investimentos grandes (20 000 US$), medios (10 000 US$), ou pequenos (5 000 US$) na túa rede de olladores. Moitos investimentos pequenos son máis eficaces que uns poucos grandes. Noutras palabras, é preferible facer un proxecto a longo prazo—se pretendes investir moitos dos teus fondos futuros en incrementar o nivel da rede de olladores, os investimentos grandes poden ser un xeito de obter resultados antes. Se queres construír unha estrutura decente de xeito gradual, sen gastar demasiados cartos, fai un pequeno investimento cada semana. O mantemento dos xogadores non che custará nada, pero se non garantes unha inversión regular, a estrutura deteriorarase axiña. Unha vez que o nivel da rede de olladores baixe, levarache moito tempo subilo de novo.

Só podes ascender un xogador novo por semana. Se non trocas a cantidade investida, manterase por defecto a mesma da semana anterior.

O prezo de asinar un xogador novo é de 2 000 US$.

A información sobre a túa secretaría técnica pode atoparse no menú "O meu club", baixo o enlace "Equipo de Xuvenís". Dende aquí tamén podes escoller a cantidade de diñeiro que queres investir na rede de olladores, e atopar un xogador usando a rede cada semana.
 
Server 070