Usamos galletiñas (cookies)—axúdannos a proporcionarche unha mellor experiencia online.
Ó usares o noso sitio web, aceptas que poidamos gardar galletiñas—cookies—e acceder a elas no teu ordenador.

Xogadores xuvenís

Xogadores xuvenís

Podes introducir novos xogadores no teu primeiro equipo asinando xuvenís. Isto pode facerse de dous xeitos distintos:

  • Promover un xogador de fóra directamente ó teu primeiro equipo, usando a Rede de Olladores.
  • Abre a túa Academia de Xuvenís, mete nela proxectos de futuro e fai que melloren. Xoga encontros contra outros equipos de xuvenís en ligas privadas ou públicas, e de vez en cando ascende aos teus rapaces máis destacados ao primeiro equipo.

Sacar un xogador aleatorio do exterior para o teu primeiro equipo é un xeito sinxelo e efectivo de adquirir novos xogadores. Levar o control dunha Academia de Xuvenís é un desafío, pero tamén pode ser moi divertido.

Soamente podes utilizar un dos dous sistemas. Se xa tes unha Academia de Xuvenís non podes incorporar un xogador a través da Rede de Olladores. Sen embargo, os custos da academia tamén contan como investimentos na Rede de Olladores, permitíndoche maior rapidez se desexas pechar a academia e usar no seu lugar a Rede de Olladores.

 
 
Server 081