Usamos galletiñas (cookies)—axúdannos a proporcionarche unha mellor experiencia online.
Ó usares o noso sitio web, aceptas que poidamos gardar galletiñas—cookies—e acceder a elas no teu ordenador.

O Hattrick anuncia

12-9-2021 Chegan as eleccións!

Co [World Cup a piques de rematar coa final de mañá, é hora de elexir aos próximos adestradores das seleccións ABS.

Se queres participar como candidato, o primeiro que debes facer e rexistrarte como tal.

O rexistro comezará o venres ás 7:00 (CET), e o periodo de votación abrirase o luns e durará unha semana. As eleccións terán lugar nos 144 países de Hattrick que poden competir no Mundial, o que supón o debut de 16 seleccións!

O teu discurso de candidato será posteado automáticamente como fío na conferencia nacional do país no que sexas candidato -e non perdas a oportunidade de dar resposta ás preguntas da comunidade.

Tanto para ser candidato como para votar nas eleccións precisas cumprir unha tempada enteira de antigüedade nese país.

Que comece a campaña!


12-7-2021 Cámbiate de grupo! (Se podes e queres)

Coma de costume, os mozos da HFA van permitir que algúns equipos cambien de grupo neste peche de tempada:

• A ventá para o cambio de grupo estará aberta desde o xoves 9 ás 00:00 ata o venres 10 de abril ás 23:59 (CET)
• Ós equipos da HTI só poderán cambiar de grupo ata o venres ás 16:00 (CET) para que de tempo á creación dos partidos da vindeira tempada.
• Só podes cambiar de grupo se militas nalgunha das tres últimas divisións do teu país
• Só poderás cambiar de grupo cun bot se é da túa mesma división. Poderás facelo na páxina de unha liga dándolle click no enlace que aparece ao lado do nome do bot co que desexes facer o cambio.
• Só poderás facer un cambio e será definitivo.

Poderás cambiar grupo cun bot na páxina do grupo do bot. Vai á clasificación, e atoparás o link despois do nome do equipo bot. Ten en conta que só poderás cambiar grupo con bots—equipos co logo do robotiño—, pero non con equipos sen dono—xa que estes últimos aínda non foron botificados.


12-2-2021 Escolle ós teus patrocinadores...e escólleos ben

Os patrocinadores son unha gran fonte de ingresos para tódolos equipos de Hattrick, pero é unha parte do xogo que ata o de agora non ofrecía moitas opcións ós managers. Co noso novo sistema de patrocinadores confiamos en cambiar isto.

Antes do comezo de cada tempada, terás a oportunidade de escoller un patrocinador entre cinco distintos. Tódolos contratos teñen unha parte fixa, que será pagada semanalmente e que terá o mesmo importe independentemente do patrocinador que elixas. Esta parte sempre será a maior dos ingresos totais que proveñan do patrocinador.

Pero os contratos tamén terán unha parte variable. Polo tanto, podes optar por ser conservador ou arriscar un pouco máis para tratar de gañar máis diñeiro. Dependendo do contrato, podes ter un ou máis bonus por obxectivos, como por exemplo partidos ganados, goles a favor ou posición na táboa ó final de liga.

É cousa túa tomar o camiño máis arriscado, polo que deberás analizar primeiro cal pode ser o teu papel nesa tempada. Se un usuario non escolle nada, activaráselle por defecto a opción conservadora. Os equipos de recente creación virán con esta opción de serie.

Ah, e outra cousiña: os patrocinadores terán nomes e un pequeno logo. As compañías son ficticias e inspiradas no mundo de Hattrick.

Agardamos que esta mellora na toma de decisións sexa un trampolín para que o xogo siga progresando.

Un saudiño!

11-29-2021 Os traspasos e a Xunta

En Marzo anunciamos cambios no mercado de traspasos, para impedir o uso de xogadores «lingotes de ouro», noutras palabras, xogadores que apenas perden valor co tempo e que poidan ser usados para escapar dos límites das reservas da Xunta Directiva.

Co novo sistema, a Xunta pode decidir quedarse cunha porcentaxe do traspaso para as reservas se vendes xogadores que non teñan xogado ultimamente para o teu club. Isto segue a ser así, pero imos anunciar algúns cambios importantes que fixemos dende que introducimos o mecanismo.

A partir de agora, a Xunta só quedará cunha parte do traspaso se o xogador que vendes é un Porteiro (de bo portería en adiante) ou se o xogador ten polo menos liderado bo e experiencia insuficiente. Falando claro: se o xogador que queres vender cadra coa nosa definición de«lingotes de ouro» E dito xogador non foi usado dun xeito significativo nos teus últimos encontros, correrás o risco de que os cartos do traspaso vaian as reservas da Xunta en vez de ó teu dispoñible. Con este arranxo final, queremos impedir que esta nova regra amole ós usuarios que non fan uso dos «lingotes de ouro».

A maioría dos mánagers nunca terán nin que preocuparse desta nova mecánica. E se cres que algún dos teus xogadores poden ser afectados pola regra, é fácil comprobalo: sairán indicados antes de pór o xogador á venda, igual que as comisións do axente ou de club nai.

Cremos que é unha solución xusta, xa que non lle quitaremos cartos a ninguén, pero si que restrinxiremos o xeito de gastalos, cos límites que están en vigor.

So engadir que a definición de «lingotes de ouro» podería cambiar no futuro, se vemos que os mánagers atopan outro xeito de evadir as normas.

11-12-2021 Deseñador de estadios na App

É hora de proporcionarlle unha nova actualización ó deseñador de estadios.

Fixemos posible utilizar o deseñador tamén na app do móbil e melloramos en xeral a interactividade nas pantallas táctiles.

Ademáis disto, podes ver a animación do tempo atmosférico, así como botar man da función desfacer/refacer e dispoñer dos eixos de cordenadas para moverte con máis facilidade mentras deseñas.

Finalmente, arranxamos algúns bugs e tamén adecuamos o deseñador para as pantallas máis pequenas. Agardamos que disfrutedes desta nova versión!

10-27-2021 Acabouse o verán, meu!

O luns pola madrugada rematará o horario de verán, polo que as 02:00 pasarán a ser as 03:00. Non cho dicimos por amolar, senón por se chegas ao traballo e te miran con mala cara...

10-25-2021 Prepárate para a túa próxima misión!

Hoxe presentámosche unha novidade fresquiña. A maioría de vós non poderedes vela de momento, pero queremos comentarte en que consisten as Misións para que o día que consigas algunha sepas de que vai a cousa.

Unha Misión é un evento que pode darse en determinados puntos da túa carreira en Hattrick. Será unha especie de reto que podes ignorar ou aceptar, recibindo unha recompensa en caso de superalo e quizais un castigo se non o acadas. Nunca saberás cando terá lugar unha Misión, pero as regras sempre serán as mesmas para tódolos equipos. Se dous equipos logran reunir os criterios para superar esa misión, ámbolos dous serán merecedores da recompensa.

As nosas primeiras Misións non serán moi complicadas, dado que van dirixidas aos equipos e usuarios que por diferentes razóns parezan estar en risco de perder o seu interese por Hattrick, pero haberá distintos tipos de Misión ao longo da túa vida Hattriqueira.

Para darvos un exemplo de Misión que xa vai a estar dispoñible: se estás a xogar na última división do teu país e non tes opcións de ascender, poderíaseche ofrecer un obxectivo exclusivo para o resto da tempada -por dicir algo ao chou, mellorar a túa posición na liga-. Se o acadas, obterás unha recompensa.

As recompensas das misións serán equilibradas para non desvirtuar a competición e para que os equipos non poidan repetilas. Consideramos que pode ser un bo xeito de crear obxectivos secundarios, descoñecidos polos rivais, así como unha maneira de introducir algún tipo de incentivo que supoña un empurronciño á motivación de moitos usuarios.

Coma sempre, o obxectivo real é sumar un plus á xogabilidade e diversión no xogo, polo que agardemos que vos guste.

Deicalogo!

 
 
Server 081