Usamos galletiñas (cookies)—axúdannos a proporcionarche unha mellor experiencia online.
Ó usares o noso sitio web, aceptas que poidamos gardar galletiñas—cookies—e acceder a elas no teu ordenador.

O mundo »   Novas 

Novas

8-10-2006 Editorial: Novas funcións e cambios

Chegou a hora de introducir algunhas funcións e facer algúns cambios no mundo de HT!Le a editorial para saber tódolos detalles.
Comezamos con alguns detalles acerca dos cambios xa anunciados durante a pasada tempada.
- Acadar unha confianza superior a "fantástica" converteuse en algo prácticamente imposíbel. Agora, incrementamos o límite da confianza para convertila nun factor importante a ter en conta cando manexas o teu equipo. Lembra que unha confianza demasiado elevada incrementa o risco de "sobreconfianza" contra peores rivais.
- Cando os xogadores cumpren moitos anos, perden niveis de habilidade, aunque non moi a menudo.De agora en diante, eles perderán cantidades máis pequenas pero de maneira máis frecuente. Isto fai que o fenómeno da idade sexa máis suave. De media, un xogador perderá, despois do cambio, tanta habilidade ao longo do tempo como facía antes.
- A resistencia baixará ao longo desta tempada. A media de baixada estimase en 1 ou 2 niveis cada tempada.

Os equipos nacionais terán unha serie de funcións gráficas: libro de visitas, lista de trofeos, historia dos antigos adestradores e pancartas. Para os adestradores nacionais, engadimos interfaces XML que habilitan varias aplicacións CHPP's que poderán empregar. Os adestradores nacionais tamén poderán enviar boletíns aos donos dos xogadores do equipo nacional,e tamén terán un informe do adestramento. Finalmente, fixemos que os equipos nacionais dispoñan da súa propia Clubhouse! A Clubhouse será manexada polo adestrador nacional. Non é necesario ser supporter para dispoñer destas melloras xa que son para todos.


Para tódolos seguidores que pensan que os reportes de SMS son pequenos en detalles, poñemos en marcha unha nova opción: Platino. É similar a opción de Ouro pero tamén aparecen as ocasións erradas.


A Hattrick Masters tamén terá algúns cambios. Cambiamos a duración,que era dunha semana, para celebrar a competición durante catro semanas. Os encontros xogaranse os luns e martes ás 20:00. O xogador que acade o pichichi (e o seu dono) recibirá a Bota de Ouro e a Gloria eterna!

O cambio no calendario da Hattrick Masters significa que non será necesario suspender as Copas nacionais unha semana, así que voltaremos ao calendario de sempre. Isto fará que a final de Copa volverá a celebrarse de novo na semana 15.

Finalmente, engadimos na lista de traspasos a opción de buscar xogadores segundo o seu nivel de liderado. Isto fará máis doado atopar un novo adestrador!

 
Server 070