Usamos galletiñas (cookies)—axúdannos a proporcionarche unha mellor experiencia online.
Ó usares o noso sitio web, aceptas que poidamos gardar galletiñas—cookies—e acceder a elas no teu ordenador.

O mundo »   Novas 

Novas

8-30-2006 Editorial: Parabéns, Hattrick!

Hoxe cúmplense nove anos dende que Hattrick apareceu en Internet. É por tanto o día no que chega o tradicional paquete de aniversario para os supporters de HT así coma un resumo do que fixemos durante o pasado ano.
Cando Hattrick apareceu na rede, aló polo 30 de Agosto de 1997, apenas unha ducia de xogadores coñecían o xogo. Hoxe, estamos moi preto de chegar ao millón de usuarios. A nosa é a historia dunha simple idea que se converteu en algo marabilloso, emocionante e aditivo, que parece ter gañado vida propia dende entón. Unha cousa interesante que atopamos voltando a vista atrás é que de tódolos usuarios que comezaron a xogar en 1997, soamente 97 deles continúan activos no xogo. Isto é algo espectacular. Gustaríanos dárllelas grazas, así como a tódolos usuarios que andan por aquí agora.


Que aconteceu no último ano?

O pasado ano foi moi produtivo para Hattrick. Ollamos o comezo da Hattrick Masters,así coma a súa versión modificada que verá a súa estrea esta tempada. Na primavera, fixemos a actualización de Supporter máis grande ata a data, fixemos unha gran reforma das ligas, e moitos trocos na interface de Hattrick, así como unha nova ferramenta de ordes de xogo. Pero o máis importante, foi aumentar o equipo de desenvolvemento.

HT-Magnus entrou hai un ano no equipo de desenvolvemento coma programador do xogo, e na primavera HT-Berg comezou a encargarse das operacións do servidor, mentres que HT-David ocupou o cargo de xestor do proxecto.
No mes de agosto, HT-Thomas, coñecido anteriormente coma CHHH-Tellerbop, entrou coma programador do xogo, e nas vindeiras dúas semanas, outras dos programador entrarán a formar parte do equipo para encargarse do desenrolo do sistema de supporter e da administración da base de datos.
Todo isto forma parte dun ambicioso plan de desenvolvemento para que o xogo actual nunca sofra con outras cousas que serán necesarias cando o sistema comece a crecer e que os nosos programadores poidan dedicarse máis ao desenvolvemento do xogo. Cremos que Hattrick non podería ter un mellor agasallo.

Noutro orde de cousas, foi unha gran alegría para nós a apertura, no mes de xullo, en Lisboa do primeiro restaurante Hattrick Caffé. Este proxecto foi unha incrible idea que nos foi suxerida por un usuario e empresario portugués, e tivemos o pracer de participar na creación do concepto dun restaurante e bar, de alta calidade, adicado ao deporte. Olla a páxina do Hattrick caffé para ler máis sobre o proxecto.

Novo paquete de Supporter

Agora imos a pasar aos agasallos polo cumpreanos! Hai dúas semanas que os usuarios dispoñen dunha clase de melloras no xogo. Chegou o momento de amosar as novas opcións para os Supporters. As novas opción para esta tempada son:

- Táboa da clasificación da liga detallada con Victorias/Derrotas/Empates/Diferenza de goles.
- Amosar ao mundo ocoma es ti a través dun debuxo ou avatar con detalles do usuario.
- Os favoritos da conferencia pasan a ser 10 no canto de 5.
- Engadimos novos skins para escoller a apariencia da páxina.
- Podes coleccionar bandeiras de amigábeis internacionais xogados na casa.

As novas opcións permiten crear unha nova categoría de coleccionistas de bandeiras así como a posibilidade de que os usuarios máis creativos se expresen mediante avatares.

Tamén fixemos unha enquisa a principios do ano aos presidentes das federacións con maior número de usuarios e tivemos unha serie de ideas sobre novas funcións que poderían ser útiles para as federacións. Escoitamos os seus desexos e implementamos algunhas opcións no novo paquete dos supporters.

- Estatísticas máis interesantes para as federación (e unha morea de espazo para o futuro!)
- Ficheiros XML para as federacións.Os programadores CHHP poden agora escribir programas para axudar a administración das federacións.
- Newsletters para cargos específicos na federación.
- Unión automática á conferencia da federación no momento de entrar nela.

Para rematar, engadimos unha nova opción para todos: a posibilidade de filtrar as mensaxes dun usuario en concreto nun post da conferencia. Moi interesante para saber o que di nun post que teña unha morea de mensaxes. Ah! E a páxina inical de Hattrick, na que entras sempre, tamén sufriualgún pequeno troco, aínda que non te decatases.

Dito isto, moitas grazas por ser usuario de Hattrick. E boa temporada para todos!

 
Server 070