Usamos galletiñas (cookies)—axúdannos a proporcionarche unha mellor experiencia online.
Ó usares o noso sitio web, aceptas que poidamos gardar galletiñas—cookies—e acceder a elas no teu ordenador.

O mundo »   Novas 

Novas

9-20-2006 Editorial: Hattrick Masters

O ecuador da tempada sinala a hora da Hattrick Masters. Desta vez Staleno(106210), un asiduo participante da conferencia Global, guiaravos a través de cada rolda da Masters desta tempada. Dalles duro Staleno!
Hola! Son Staleno, o dono do Fusa Farmers da 4ª división norueguesa. Tratarei de levarvos a través desta edición da Hattrick Masters.


Rolda 1
182 equipos de 112 países clasificáronse para a 3ª edición da Hattrick Masters. A primeira vez para algúns managers, pero outros xa estiveran aquí antes. Tralo sorteo, algúns sopraron co acougo de verse clasificados directamente para a 2ª rolda, e algúns tiveron que prepararse para o encontro máis duro de toda a súa carreira.

Case tódolos equipos dispuxeron ós seus onces de gala – algúns moito mellores que outros, pero todos co mesmo desexo de gañar. Algún favorito, como o lendario Xeq Matt de Brasil caeron, pero a maioría deles gañaron doadamente.

Entre os equipos que xogaron na primeira rolda, un equipo estaba noutro nivel que o resto – o FC Meyriez de Suiza. Pero cuns soldos por enriba de que pode manexar... tomará medidas a Hattrick Football Association axiña? Esperade e o veredes.


Rolda 2
Aquí é onde empeza de verdade. Non máis non presentados, e tódolos equipos tiveron que loitar para acadar o pase á seguinte rolda. Nesta rolda quedou claro que algúns equipos ían tralo título da Masters a toda costa.

Un deles era o Arezzo Galasocaray de Italia, que esmagou ó pobriño Wanafunzi 11-0, e outro foi o I L.S.F. de Rusia. O I L.S.F. é agora mesmo o equipo con máis victorias na Masters de tódolos tempos, e participou nas 3 edicións!

Unha vez máis, espléndidos equipos foron eliminados. Entre eles o Ekvilibristerne de Dinamarca, o Beltxis de Venezuela, o Rigid Royalists de Noruega, o Otis' Looney Tunes de Gales e o Cio Soon de Portugal por nomear algúns.

Unha vez máis un equipo estivo moi por riba do resto, pero non foi o FC Meyriez. Foi o Alberto Garcia de Guatemala. Pero como o FC Meyriez, están en graves problemas económicos e arríscanse a caer en bancarrota.


Rolda 3
Nesta rolda xa non quedan equipos febles, e tódolos partidos ían ser moi duros. O partido máis interesante pode que fose o encontro entre o Fc Pärtna e o Fosforos Cassovia. O FC Pärtna presentou unha aliñación que metía medo, e conseguiu gañar. E ó contrario que o FC Meyriez e o Alberto Garcia, o FC Pärtna ten unha economía saudable, e son quen de pagar ós seus xogadores estrela.

Sendo o país máis antigo, Suecia ten unha traxectoria brillante nos Mundiais, pero ten unha triste historia na Hattrick Masters. Agora parece que a maldición rematou, e o famoso Fumpen conseguiu pasar á 4ª rolda.

Outros equipos con grandes actuacións foron o Alderwood Chiefs de Canada, o F.C Haifa de Israel e o Herron de Singapur.


Rolda 4
Os 32 equipos que quedan son maioritariamente das grandes ligas, pero tamés hai equipos dalgúns pequenos países en Hattrick como Taiwán, Guatemala, a India, Tailandia e Vietnam. Os 32 equipos son de 30 países distintos! Só os Estados Unidos e Singapur teñen aínda 2 equipos na copa, o que fai da Hattrick Masters un torneo moi internacional.

Tódolos encontros son interesantes agora, pero aquí tedes algúns dos destacados na rolda 4: F.C Haifa - FC BARCELONA(95597669), F.C Alberto Garcia - tyz26(95597671), FC Meyriez - Radio Flyers(95597677) e por último, pero non por iso peor:F.C Fc Pärtna - I L.S.F.(95597679). O favorito, o monstro come-cartos dende Estonia, contra os veteráns da Masters dende Rusia. Ollo piollo!


A Rolda 4 non nos brindou grandes sorpresas, pero algúns managers abandoaron o torneo máis cabreados que outros...

Non foi unha gran sorpresa, pero hai que comentar que un dos favoritos, o FC BARCELONA perdeu nun disputado encontro(95597669) contra o F.C Haifa. Os tres encontros anunciados antes remataron en victorias para os favoritos e unha diferenza conxunta de 10-0! Os dous equipos con máis partidos gañados na Masters, o I L.S.F.(178385) de Rusia e o FC Murikka(21916) de Finlandia foron apeados do torneo.

Pero non tódolos equipos levan os mesmos goles no torneo. O Dvorista United(95112), por exemplo, quedou satisfeito no torneo aínda que perdeu por seis goles. E o Vitezovi(393373) de Bosnia se cadra nunca agardou chegar ata a rolda 5 antes do inicio do torneo.

Pero o encontro que levou tódalas olladas hoxe foi este(95597671). Alberto Garcia sacou unha das mellores aliñacións da historia de Hattrick. Poderá paralos alguén? O luns xogan fóra contra o FC Meyriez; unha tarefa enorme, e por suposto, o encontro da xornada. Pero non esquezade-los outros 7 partidos!


Rolda 5

Unha morea de partidos apasionantes hoxe, e o máis interesante pode que fose o F.C Haifa - Stiinta United(95735452). Cada equipo púxose por diante en dúas ocasións, pero os locais marcaron dous goles ó final e acadaron a victoria por 4-3. Tamén 4-3 foi o resultado do Vitezovi - C Blooming(95735449), un encontro entre dúas das grandes sorpresas da competición. Cando deixará de selo o Vitezovi?

A chosca da xornada chegou dende Suecia onde o Fumpen(38794) gañou por 6-0 ó poderoso Herron(37558) de Singapur.

O super-equipo do FC Meyriez foi parado doadamente polo equipo de divinos Alberto Garcia – vaia equipo que o manager aglopez, xuntou en só ano e medio! O outro favorito, o FC Pärtna pasou máis apuros, pero finalmente puido gañar por 2-1 ó Husum Dreamteam(6791) dende Alemaña.

Só 8 equipos quedan vivos na copa, e tralos cuartos de final do xoves haberá só 4.


Cuartos de final

Moitos agardaban unha sorpresa ou un par, pero os cuartos de final trouxéronnos catro victorias dos favoritos. O F.C. Haifa tiña unha tarefa case imposible contra o Alberto Garcia, que rematou por ser unha batalla sen esperanzas. Aínda que o Haifa perdeu por 0-4, foi un gran torneo para os campións de Israel.

No segundo en encontro, ó sorprendente equipo do Nekro(110040) de Arxentina paráronlle os pés finalmente. Plantaron cara, pero os Italianos do Arezzo Galasocaray(9101) eran demasiado fortes. O Arexxo está agora a só unha victoria do I.L.S.F. na clasificación histórica da Hattrick Masters.

O Fc Pärtna - Vitezovi(95878508) foi o encontro máis apretado dos cuartos de final. O Pärtna eran claros favoritos, pero foi o Vitezovi quen se adiantou no taboleiro. O Pärtna acadou o empate pouco despois, pero tivo que agardar a que quedasen 7 minutos para o asubío final para marca-lo gol da victoria. Penso que é xusto dicir que o Vitezovi de Bosnia Hercegovina foi a maior sorpresa do torneo. Ó menos ata agora...

O manager karate e o seu equipo o Fumpen están listos para as semifinais despois de vencer ó NK batman(117007) por 2-0, e xa teñen máis que escachada a "Maldición Sueca da HM". Pero tamén o seu rival Esloveno ten boas razóns para estar satisfeito co torneo.

As semifinais parecen moi interesantes. Os dous "non favoritos" mídense ós dous favoritos, e non moita xente agarda sorpresas. En Hattrick non ocorre moi a miudo que os seguidores neutrais vaian con Suecia (e Italia), pero o luns probablemente aconteza. Os dous favoritos caerán na bancarrota tralo torneo, e non son demasiado populares fóra dos seus países.
 
Server 071