Semifinais1º Encontro - fumpen - Alberto Garcia
(96006446). Karate, o manager do Fumpen, tomou unha decisión moi controvertida esta tarde. Decidiu xogar cos seus peores xogadores, e deste xeito prácticamente non presentarse ó encontro. Polo que sei non explicou o motivo polo que fixo isto, pero paréceme que quería sinalar ó seu opoñente, o Alberto Garcia, que axiña estará en bancarrota. Algúns estaban moi decepcionados pola decisión de Karate, pero outros o apoiaban ó 100%.
2º Encontro - Arezzo Galasocaray - Fc Pärtna
(96006460). O Manager do Arezzo Galasocaray, Marrundo, fixo todo o que estaba na súa man para derrotar ó outro equipo sucida, o
FC Pärtna, e estivo moi preto de facelo. O Arezzo foi gañando por 2-0 pero Luke Truett fixo dous goles para o Pärtna no segundo tempo, e o encontro foise á prórroga. Ós 2 minutos, Lu Joi-Seng marcou o gol de ouro que lle daba ó FC Pärtna a victoria.
Dous xogadores están empatados na loita polo título de máximo goleador. Un é Joshua Duilach
(3786297) do Alberto Garcia e o outro é Luca Omini
(36468481) do Arezzo Galasocaray, pero só Duilach ten a posibilidade de anotar máis goles. E iso terá que acontecer na final contra o FC Pärtna o xoves. Para algúns é a final soñada, para outros todo o contrario. Pero polo menos será unha final divina!
A FinalPara ser honestos para min foi unha final
(96146622) decepcionante. Como os dous managers non puideron conectarse antes do encontro para poñe-la aliñación, o encontro estaba bastante claro xa dende antes de que comenzase. E só 65504 seareiros se xuntaron no enorme Holstein Stadion en Alemaña para ve-lo Alberto Garcia de Guatemala esmaga-lo FC Pärtna por 4-0. Joshua Duilach anotou o derradeiro gol e convertiuse no máximo goleador do torneo con 10 tantos. Pero o seu talento probablemente desaparecerá xunto co seu club.
A final entre os dous equipos pantasma foi motivo de un debate moi quente nas conferencias. Por terceira vez consecutiva o gañador da Masters perde o seu equipo. Debería facer falta tanto sacrificio para gaña-la Masters? Algúns, como aglopez (o manager do Alberto Garcia), pensan que si, pero moita xente non está de acordo.
A pregunta sigue aí; cando veremos ó primeiro equipo que sobrevive tras gaña-la Hattrick Masters? Confío en que algunha vez pasará, e agardemos que pase na vindeira tempada. Seguirei atento ó que pase, e agardo que vos tamén! Grazas por quedar comigo durante todo o torneo. Tamén quero agradecer ó equipo de HT o terme dado a oportunidade de levarvos a Masters a todos vos.
/Staleno