Usamos galletiñas (cookies)—axúdannos a proporcionarche unha mellor experiencia online.
Ó usares o noso sitio web, aceptas que poidamos gardar galletiñas—cookies—e acceder a elas no teu ordenador.

O mundo »   Novas 

Novas

6-14-2005 Editorial: Relación entre os GMs e a comunidade - Derradeiro capítulo

HT-Tjecken remata as súas reflexións, alomenos polo de agora, sobre este asunto neste derradeiro capítulo da editorial.
Xa que as dúas primeiras partes desta editorial falaron, na meirande parte, sobre malentendidos, enfados, rumores e aclaracións, esta derradeira parte vaise centrar en cousas máis positivas: O que tanto os GMs coma o resto de nós, podemos mellorar.

Comezando co máis obvio, está claro que debedes coñecer máis sobre os GMs e o seu mundo. Non soio por curiosidade, senón tamén para poder confiar neles e crer que están a facer un bo traballo (porque realmente o fan). Esta editorial podería falar dalgúns casos i exemplos do mundo dos GMs, pero todavía nos quedan cousas por clarexar. Así, imos asegurarnos de mellora-la páxina dos GMs, a través dunha serie de FAQ (Preguntas e respostas máis comúns) onde atoparedes de xeito doado as respostas ás cuestións mais plantexadas, con respostas sobre as labouras, tarefas e políticas a seguir dos GMs.

Sobre todo debemos ser o máis abertos posíbel no tocante ás discusións sobre os temas de GMs nas conferencias e chats, xa que unha FAQ non pode dar resposta a todo e as discusións tamén serven para avanzar como de feito o facemos. Non queremos ser unha comunidade onde non se poida dicir unha verba determinada ou tratar un asunto vencellado cos GMs, non queremos ser coma "os cabaleiros que din "ni" na película dos Monty Python "Os cabaleiros da Táboa cadrada", que non soportan a verba "it". Sinto que os GMs síntense máis seguros e calmos falando destes asuntos que fai un ano, pero dende logo sempre se pode mellorar.
Esta é tamén unha área onde a comunidade enteira pode mellorar, debido a que non é so unha tarefa dos GMs o seren abertos sobre os seus asuntos, tamén a comunidade debe amosar madurez bastante como para soster discusións deste tipo mantendo este tipo de conversacións nun nivel educado e constructivo.

Unha das áreas onde os GMs máis melloraron últimamente é no tocante á relación co cliente. Sí, xa sei que normalmente empregamos a verba "usuario", pero para nós usuario é outro modo de chamar aos clientes. Cando dicimos usuarios pensamos en clientes. Incluso cando os GMs ás veces actúan como un policía na procura de trampas, sempre pensan sobre como escribir de xeito educado e amigable nos mails que envian aos presuntos trampóns sen esquece-la importancia do asunto. Todavía quedan cousas por mellorar no tocante ao tema da relación cos clientes, pero avanzamos na dirección axeitada.

O derradeiro tema do que falarei nesta looonga editorial é sobre humanidade, non soio porque é unha verba preciosa, senón porque a humanidade é vibrante na comunidade de Hattrick. Penso que aos membros do staff inda nos falta, de feito, un chisco de humanidade ás veces. A meirande parte das veces débese a que pensamos demasiado sobre cómo afectará a Hattrick unha determinada decisión a longo prazo, metres que esquecemos amosa-los nosos sentimentos e humanidade no momento actual. Non me malinterpretedes, dende logo é importante considerar como afectarán a Hattrick as decisións a longo prazo e o seguiremos facendo, pero esto non debería impedirnos amosa-los nosos sentimentos algo mellor, xa que somos personas e non máquinas.
 
Server 070