Usamos galletiñas (cookies)—axúdannos a proporcionarche unha mellor experiencia online.
Ó usares o noso sitio web, aceptas que poidamos gardar galletiñas—cookies—e acceder a elas no teu ordenador.

O mundo »   Novas 

Novas

4-26-2005 Editorial: Enquisa e novidades

HT-Jonas comparte algunhas das opinións da enquisa de desenvolvemento que estivo dispoñíbel fai un par de semanas, e algunha información sobre novas ideas e suxerencias.
Recentemente tivéstedes a oportunidade, a través do sistema de enquisas, de dicirnos que opcións considerades que deberiamos imtroducir en Hattrick. Dende que rematou a enquisa estiven lendo e considerando as vosas respostas. Foi moi divertido ollar o que pensades, inda que vos aseguro que levou moito tempo ler todas as vosas suxerencias. Penso que debemos dar algún tipo de resposta, e ofreceros algo de información.

Antes de nada, algúns numeros. Os números e as estatísticas sempre son divertidos. Preto de 15.000 de vós enviástedes suxerencias na enquisa, facendo un total de 35.000 suxerencias. Non todas foron diferentes, sen embargo. Como era de agardar, a suxerencia máis popular foi a de unha liga ou campionato de Campións. Preto de 1.500 suxerencias falaban de competicións internacionais. Neste punto gustaríame aclarar que non é a cantidade ou popularidade dunha proposta o que determina que se leve a cabo ou non, senon a calidade da mesma.

Unha suxerencia da enquisa foi implementada: a gráfica de evolución da posesión de balón nos resumos dos encontros. É unha idea moi simple que nos fixo plantexarnos a pregunta obvia: "Porqué non introducimos isto antes?". Outras das suxerencias da enquisa tiñan esta "calidade cinco estrelas", pero non eran tan doadas de implementar. Probablemente sexan introducidas no futuro pero, como xa é costume, non faremos avances ou prediccións das novidades que estén por chegar.

Faremos outra enquisa como ista no futuro? O certo e que nestes intres non é necesaria. Levou moito tempo lermos tódalas respostas. Pero, como sempre,
se tes unha boa idea podes discutila nas conferencias para pulila, e convertila inda en mellor. Despois, envíalles un e-mail aos GMs do teu país, e eles farán que nos chegue a proposta.

A todos os que participáchedes na enquisa: Grazas polas vosas ideas e polo voso tempo. Foron de gran axuda para nós.
 
Server 070