Usamos galletiñas (cookies)—axúdannos a proporcionarche unha mellor experiencia online.
Ó usares o noso sitio web, aceptas que poidamos gardar galletiñas—cookies—e acceder a elas no teu ordenador.

O mundo »   Novas 

Novas

2-5-2007 Editorial: Quen fai que?

Hai algo máis dun ano, escribín un editorial sobre que facía cada membro do equipo de HT. Dende entón, un par de novos rapaces uníronse ó equipo, mentres outros obtiveron novas responsabilidades no staff, así que… é hora da revisión!
Ás veces é evidente que poden pasar moitas cousas en só un ano. Iso foi o primeiro que pensei ó ler de novo o meu vello editorial deste tema. Nada menos que cinco novos membros uníronse ó equipo de HT, polo que tivemos que facernos cunha nova oficina xa que a vella quedaba pequena. Ademais, durante este ano Björn (orixinalmente o deseñador xefe de Hattrick) deixou o seu posto para centrarse noutros temas. Jonas sustituino o pasado inverno, e agora tamén ten novas tarefas.

Pero aínda que pasaron moitas cousas, tamén hai moitas outras que seguen igual, e penso que deberiamos comezar por esa parte. Sarah, Mattias, Magnus, Hasse, Trapper, Calle, Pelle e eu mesmo non nos fartamos dos nosos antigos cargos. Noutras verbas, seguimos a facer prácticamente as mesmas cousas e a te-las mesmas responsabilidades, así que non gastarei máis espazo en nós. O máis interesante son os nosos cinco novos membros:


HT-David
David uniuse ó equipo en Xaneiro de 2006. Necesitabamos un líder de proxectos con experiencia, e despois dunha procura atopamos a David. Despois de só uns meses de traballo el convertiuse no Xefe Executivo de Extralives (manda truco coa carreira meteórica!). El é un grande cinéfilo… e tamén afeccionado á ópera (podías agardar outra cousa?).

HT-Berg
O nome de Berg é “sorprendentemente” Jonas (ademais de HT-Jonas, tamén Frid se chama Jonas) e é o noso gurú do hardware e as redes. Por sorte amosa ser moito máis competente que o encargado do server que tedes visto nos comics de Cartoon Utd. :)
O principal interés de Berg na vida (ademáis de cousas técnicas curriñas) é Junior, o seu “pequeño” can de 65 kilos.

HT-Thomas
Thomas uniuse ó equipo de HT en Agosto como desenvolvedor a tempo completo, pero leva xogando a Hattrick dende comezos de 2003. Os Logros foron o seu primeiro proxecto, e agora está atarefado co novo sistema de xuvenís. No seu tempo libre traballa na súa ferramenta CHPP e tamén leva a páxina CHPP de Maptrick, por se programar Hattrick non era dabondo.
Ás veces el leva á oficina pan feito na casa para o noso almorzo semanal (gústanos moito!
).

HT-Hommik
Hommik entrou no equipo en Agosto, o mesmo que Thomas, así que sabede-lo seu nome? Certo, Toomas. Non é exactamente o mesmo, pero anda bastante preto. Hommik fai unha chea de traballo de desenvolvemento de fondo para facer máis sinxelo o traballo ó resto de nós e ó noso staff de voluntarios. Hommik tamén é un super-fan da serie de televisión “Heroes”.

HT-Klas
Klas empezou a xogar a Hattrick no 2000, e foi anteriormente conocido como GM-Klas. Klas acaba de entrar no equipo de HT e dividirá o seu tempo entre o soporte á Clubhouse e o desenvolvemento, tarefas de Atención ó Cliente e outros proxectos con Extralives. Cando non está a traballar podes atopalo no Eyravallen en Örebro, o estadio do seu equipo favorito, o Örebro SK.

Algúns destes membros do equipo de HT teñen papeis completamente novos, mentres outros ocupan os ocos que deixaron os antigos membros que trocaron o seu enfoque. Como che dixen ó comezo, Björn colgou as botas como deseñador xefe porque quería centrarse en outros proxectos, e tamén deixou o cargo de Xefe Executivo de Extralives a David. Aínda é parte do equipo, pero agora está a traballar en outros proxectos de Extralives. Jonas fíxose co cargo de deseñador xefe de Björn a principios de 2006, pero dende agora estará centrado noutros proxectos de Extralives. Aínda así, el manterá un dos seus dedos no tarro da mermelada de Hattrick.

Isto significa que alguén ten que facerse co cargo de deseñador xefe, e ese alguén vai ser Johan. Johan terá moita axuda por parte de Daniel, porque agora que Daniel non ten que preocuparse máis do hardware ten moito tempo para centrarse no que fai mellor: programar. Durante o último ano Daniel acelerou a maioría das distintas actualizacións (traspasos e as outras actualizacións diarias) no sistema de Hattrick e agora está centrado no seu novo “fillo”: o novo sistema de xuvenís. Por último, Frid está traballando a tempo parcial últimamente, pode que o perdamos no escenario de ópera, xa que está estudando para ser cantante de ópera.

Isto é todo polo de agora, pero axiña teremos máis xente entrando no equipo de HT para reforza-lo nosa parte de marketing e desenvolvemento. Así que, agardo estar de volta en pouco tempo con máis presentacións de novos membros do equipo.
 
Server 070