Usamos galletiñas (cookies)—axúdannos a proporcionarche unha mellor experiencia online.
Ó usares o noso sitio web, aceptas que poidamos gardar galletiñas—cookies—e acceder a elas no teu ordenador.

O mundo »   Novas 

Novas

3-26-2007 Editorial: A Academia de Xuvenís abre as súas portas

Atopa-lo talento axeitado para o teu equipo será más interesante! Hoxe lanzamo-las Academias de Xuvenís de Hattrick, a grande novedade para esta nova tempada. Os Supporters xa podedes proba-lo sistema, mentres o resto de vós teredes que esperar uns días ata que teñamos a certeza de que o sistema non se sobrecarga. Cos novos equipos xuvenís poderedes ollar e desenvolver xogadores xuvenís, quitándolle-los diamantes en bruto ós vosos rivais. E ademais, poderedes crea-las vosas propias ligas e competir contra calquera outro manager de Hattrick!
Benvidos de volta á escola! A principal mellora da nova tempada de Hattrick será o noso novo sistema de xuvenís, que poremos a andar nas vindeiras semanas. Como primeiro paso, só os Supporters terán acceso ó novo sistema. Algúns días despois, tódolos usuarios de Hattrick poderán probalo. A razón para a limitación inicial é co fin de reduci-lo risco de que se produzan problemas de rendemento, ademais de ter cos Supporters un pequeno xesto de agradecemento, claro!

Coa nova academia de xuvenís, poderedes traballar dende o comezo nas carreiras dos vosos xogadores xuvenís. No canto de metelos directamente no primeiro equipo, poderedes asinalos cando aínda son nenos, facer que xoguen unha liga especial de xuvenís, e tratar de saber a quen deles pagará a pena adestralo e algún día pasalo ó primeiro plantel. Podes ler máis sobre isto nas regras, que xa foron actualizadas, pero antes de nada quería falar un pouco sobre a novsa visión global das academias de xuvenís.

Non era a nosa intención sustitui-lo vello sistema de “sacar xuvenís” con algo novo. O vello sistema aínda funcionará (só que trocamo-lo seu nome a “Scouting”), e será tan sinxelo como sempre. E usa-lo vello sistema seguirá a ser unha estratexia válida. Isto é moi importante, xa que non queremos forzar ós usuarios a gastar máis tempo en Hattrick do que fan agora.

A nova academia de xuvenís será máis como unha simulación do tempo que hai antes de “sacar un xuvenil”, como un “xogo dentro do xogo” que non fai que acades necesariamente mellores xogadores ó final, pero que che da a oportunidade de derrota-lo sistema escollendo e adestrando o tipo de xogadores que pensas que che será mellor para o teu primeiro equipo no futuro.

Dende o punto de vista do xogo, pensamos que a academia de xuvenís terá varios puntos interesantes. Procurar xogadores, manexa-lo equipo e adestrar xa será un reto en si mesmo, no que haberá moitas cousas que aprender e explorar. Outra opción interesante é que podedes forma-las vosas propias ligas con quen queirades, e incluso decidir cando queredes que se xoguen os encontros!

Esta será a primeira vez en que tódolos usuarios poidan competir entre eles ó mesmo nivel: Nas ligas de xuvenís, nin os cartos, nin os traspasos, nin a antigüidade no xogo hanche dar vantaxe. Tódolos clubes terán a mesma posibilidade de atopar novas promesas e será a vosa habilidade como adestradores e estrategas a que determinará o éxito dos vosos equipos de xuvenís.

Tamén nos gusta o xeito en que as academias de xuvenís dan máis personalidade e historia no xogo ós xogadores. A túa estrela futura podería ser ese xogador que foi rexeitado por un rival rexional e que ti colliches por casualidade, sen esperar que fose a ningures. Ou podería ser que o eterno pichichi da liga de xuvenís chegue un día ó primeiro equipo, e entón caias na conta de que non é tan bo como pensabas. Pero serás capaz de despedilo despois do que pasáchedes xuntos?

Á marxe de temas sentimentais, gustarianos falar doutro tema importante coa academia de xuvenís. Este foi un grande proxecto para nós, xa que tivemos que crear un xogo completamente novo dentro do xogo; cun motor de encontros moi modificado, novas páxinas web, novos resumos dos encontros, novos servidores e novas ideas para o xogo. Traballamos a fondo co código como había moito tempo que non faciamos, e tivemo-la oportunidade de depurar e mellorar moitos detalles alí tamén :). Foi moi intenso e divertido!

Tamén caímos na conta de que o proxecto da academia de xuvenís foi a mellor maneira de que fixesemos probas con novas ideas para Hattrick, e co que Hattrick podería chegar a ser. Normalmente cando facemos trocos no interior do xogo, teñen que ser pequenos e coidadosos, porque o xogo é enorme e os usuarios investiron moito tempo nos seus equipos. Iso está moi ben e é como debería, pero tamén limítanos no desenvolvemento, porque ten que haber un equilibrio entre a innovación e a tradición.

Pero coa academia de xuvenís, estamos nun caso no que ninguén tivo tempo para facerse unha idea concreta sobre o tema, e ademais existe “a carón do” núcleo do xogo e non lle afecta directamente. Así que cando traballamos no desenvolvemento da academia, decidimos que gardariamos para nós o dereito a probar novas ideas alí e non só quedar co estado actual de Hattrick. Depois de todo, se unha mellora non funciona ben, sempre poderemos quitala. E se funciona ben e vos gusta, poderemos engadila de xeito doado ó sistema principal, porque xa foi probada!

Emporiso, non estamos a dicir que a academia de xuvenís só será un circuito de probas – é moi importante para nos que sexamos coherentes no que facemos e que manteñamo-lo xogo sinxelo e doado de entender. Pero en comparación co motor orixinal de Hattrick, tentaremos que o sistema de xuvenís sexa un pouco máis experimental. Podedes agardar moreas de pequenos erros e reparacións nas vindeiras semanas durante o asentamento do sistema de xuvenís.

E sentimos ter que mencionalo de novo, pero estamos ante un enorme proxecto, polo que non temos moitas cousas máis no almacén para sacar á luz agora. Este ano é o 10º aniversario de Hattrick, así que queriamos sacar unha mellora que resaltase. Agardamos poder presentarvos un par máis ó longo do ano... Para a vindeira tempada voltaremos a centrarnos no motor principal do xogo, especialmente no xeito de mellora-la economía e as estratexias a longo prazo para o adestramento e os traspasos. Temos dous proxectos separados en marcha analizando o funcionamento de Hattrick, e unha conclusión anticipada pero evidente é que temos que facer algo coa deflación na economía de Hattrick. Isto ten moito que ver co aumento nos gastos para o equipo medio (salarios principalmente) que non están equilibrados cos ingresos, e co exceso de oferta de xogadores. O xeito de reparar isto non é simplemente baixa-los salarios, nin reduci-lo número de xogadores de alto nivel, senón tentar equilibra-la economía global para que se regule a si mesma máis eficientemente. É moi cedo para dicir que faremos finalmente, pero o que si que podemos dicir é:

* A nosa meta a longo prazo para o mercado de Hattrick é unha estabilidade de prezos.
* É lóxico que os mellores xogadores sexan os máis caros.
* É lóxico que o adestramento produza valor para o equipo.
* Hai un exceso de oferta de xogadores en Hattrick hoxe en día, e procuraremos novos xeitos de regulala.

O que fagades con esta información é cousa vosa, pero queriamos que saibades que agora mesmo é unha prioridade para nós...

Xa falamos dabondo de cartos! Os xogadores xuvenís aínda non reclaman unha suba no salario, xa sabedes...
 
Server 071