Usamos galletiñas (cookies)—axúdannos a proporcionarche unha mellor experiencia online.
Ó usares o noso sitio web, aceptas que poidamos gardar galletiñas—cookies—e acceder a elas no teu ordenador.

O mundo »   Novas 

Novas

3-24-2007 Editorial: O libro de Hattrick

En Agosto deste ano Hattrick cumpre 10 anos. Gustarianos festexalo editando un libro sobre a viaxe que levamos feita, sobre o xogo hoxe en día, e sobre toda a xente que fixo isto posible.
O protagonista real deste libro será a comunidade de Hattrick, porque sen ela non teriamos chegado tan lonxe e non habería moita historia que contar. Por iso queremos editar este libro en estreita colaboración convosco, para te-la certeza de que ledes (e escribides) sobre os temas que realmente vos interesan.

O libro de Hattrick será un proxecto bastante grande, cunhas 200 páxinas a toda cor. Queremos que teña unha alta calidade, e un prezo razonable, dabondo para cubri-los nosos gastos pero suficientemente económico para que o poidades mercar se vos interesa.

Xa comezamos por crea-los artigos principais do libro, o material sobre a historia do xogo “detrás das cámaras”, o deseño, o equipo de HT e todo iso. Pero aínda estamos abertos a ideas para outros artigos!

Tamén nos gustaría que colaborases no libro de dous xeitos. Primeiro, invitámoste a escribir ideas sobre artigos e a discuti-las ideas doutros na conferencia “Hattrick Anniversary Book”. Se estás interesado e colaborar no libro, necesitamos que entres nesa conferencia.

En segundo lugar, haberá centos de oportunidades para que aportede-lo voso material. Poden ser fotos de encontros de Hattrick, historias do voso equipo ou da vosa comunidade, tiras cómicas, debuxos, letras de cancións sobre Hattrick, fotos das vosas prendas de Hattrick “feitas na casa”, anécdotas raras ou fragmentos serios de opinión. Mantennos informados!

Tamén montaremos concursos de redacción algo máis formais, onde poderedes escribir textos ou facer outras contribucións sobre certos temas que decidamos. As mellores redaccións de cada tema obviamente terán o seu lugar no libro, e tamén levarán algúns premios especiais.

O noso obxectivo con este libro é crear un documento rico e interesante sobre a comunidade de Hattrick, algo que poderedes amosar ós vosos escépticos familiares ou amigos, algo do que vos poidades sentir orgullosos, e algo que simplemente conte a nosa historia para as vindeiras xeracións.
 
Server 070