Inda que a nosa derradeira enquisa (podes ler o editorial correspondente
aquí) amosa moi bos datos de consideración e respeto ao traballo do equipo de GMs e Mods (só un 3% non estabades contentos co seu traballo), mellorar este apartado do xogo relativo ao servizo ao cliente segue a ser unha das nosas prioridades.
A organización interna de GMs e Mods leva xa bastante tempo en funcionamento e, modestia aparte, marcha bastante ben. Como dixemos, moitos aspectos do xogo están cubertos por ámbalas dúas organizacións, tanto a tarefa de exerce-las sancións (expulsións e multas) coma a de procurar casos de trampas. Ata o de agora, en cada expulsión/multa na conferencia ou cando a conta é pechada trala primeira decisión e a protesta do usuario, o procedemento xeral é o seguinte. O caso é revisado polo mesmo GM ou Mod de novo, e se falamos dun caso claro (a meirande parte deles o son), tómase unha derradeira decisión. Cando se trata dun caso complexo ou incerto, os GMs ou Mods consúltanse entre eles, aportando unha segunda opinión ao procedemento e tomando a derradeira decisión, polo que o usuario pode estar seguro de que o veredicto final é xusto e consensuado. Esta é ou debería se-la derradeira parada de cada caso de trampas e sancións, xa que chegados a este punto suponse que todo quedou aclarado. Sen embargo algunha vez, en casos moi especiais, un usuario podería considerar que a derradeira decisión segue a ser inxusta. Neste punto, ata o de agora, o caso era remitido aos GMs globais. Si, este último recurso existiu sempre a pesares de non ser oficial, pero agora isto vai cambiar!
Durante un curto período de tempo probaremos un sistema oficial de "apelación final". Os GMs e Mods veteráns son dous grupos moi experimentados, fiables e respectados dentro do staff e, entre outras tarefas, dende agora terán a responsabilidade de toma-la derradeira decisión nestes casos tan especiais. A súa decisión ofrecerá a maior das seguridades xa que o caso será analizado en profundidade e tamén será definitivo (polo que non haberá necesidade de apelar aos HTs). Dito isto, se un caso remata aquí,
a decisión pode non só non ser revisada, senon que a sanción podería chegar a ser maior se así fose necesario. Así pois, usadea con senso e responsabilidade. Trátase dunha ferramenta que vos ofrecemos para casos moi especiais e no resto de supostos (casos normais, preguntas de principiantes, avisos de bugs no xogo, suxerencias sobre o xogo, etc.) non serán tidas en conta por esta vía e serán borradas automáticamente (e incluso acarrear sancións). Algunhas mensaxes poderían non ter resposta. "Casos moi especiais" significan que efectivamente, o 99% das decisións de Mods e GMs son correctas, confiamos e sentímonos seguros co seu traballo así que por favor, non esquezades ese punto nas vosas reclamacións.
¿Como apelar entón? Como xa liches, todos e cada un dos casos especiais ou complexos sobre contas pechadas poden ser remitidos aos GMs veteráns, e os vencellados con expulsións da conferencia ou multas aos Mods veteráns (en ámbolos casos só poderán ser remitidos polo usuario afectado). Por favor, lembrade que sempre hai que tratar calqueira caso cos GMs ou Mods locais primeiro antes de recurrir aos veteráns, xa que o proceso xeral de decisións non vai cambiar. E non fai falla dicir que ningún tipo de dato interno sobre a investigación será revelado polos GMs veteráns, coma sempre.
Debedes saber que esta canle está permanentemente aberta tamén por se sentides que un ou varios dos membros do staff non desenrola as súas tarefas do xeito adecuado. Entendemos que isto é importante non só para vós, senón tamén para nós. Así, a vosa información será tratada de xeito estrictamente confidencial.
¿Como apelar entón? Empregade o formulario de contacto (MENU > Help >
Contacta, e envía a túa apelación aos Mods veteráns se trátase dunha decisión dun moderador ou aos GMs veteráns cando se trate dunha decisión dun GM. Deberás aportar argumentos constructivos e convincentes, e a apelación ha de estar redactada en inglés para garantir que nos sexa posíbel entender e respostar nun prazo razoable. Se non falas inglés e tes claro que o teu caso non foi adecuadamente tratado, sempre podes empregar algo de tempo na procura de alguén que che axude co idioma para asegurarte de que o caso quede claro.
¿Porqué un prazo de proba? Porque queremos que o noso sistema de xustiza resulte non só tan xusto coma sexa posíbel, senón que tamén volo pareza así. Non sabemos se este sistema de apelación funcionará, pero tememos resultar bombardeados cunha morea de casos que non deberían ser levados ata ese punto. Pero realmente temos a vontade de traballar neste punto, polo que adicaremos os nosos mellores esforzos.
/Os GMs e Mods Veteráns.