Usamos galletiñas (cookies)—axúdannos a proporcionarche unha mellor experiencia online.
Ó usares o noso sitio web, aceptas que poidamos gardar galletiñas—cookies—e acceder a elas no teu ordenador.

O mundo »   Novas 

Novas

8-18-2005 Editorial: Estatísticas, estatísticas, estatísticas

HT-Jonas estivo facendo números ultimamente. Números grandes. Aquí atoparás fascinantes estatísticas sobre o sempre cambiante mundo de Hattrick.
Despois de engadi-las novas estatísticas sobre cadernos de notas, vin interesante analizar algúns datos estatísticos da páxina que normalmente non facemos públicos.
Fai un ano sacamos unha mensaxe en O Meu Hattrick con ese tipo de estatísticas, e dende entón a xente leva pedindo a continuación destes datos. Deste xeito, fixen algunhas consultas na base de datos para obter informaciçon da actividade xerada por vós, os membros desta vibrante comunidade. Tódolos números son, dende logo, aproximados, xa que varían día a día, pero daranvos unha idea moi aproximada das magnitudes ás que nos referimos.

Por onde comezar? Comunidade. Cada día, o noso sistema envía arredor de 35.000 e-mails. Trátanse de correos de introducción, recordatorios de contrasinais, correos de avisos de peche por trampas (desafortunadamente) etc. Aproximadamente 110.000 mensaxes son publicados nas conferencias cada día, dos que un 40% pertencen ás conferencias das federacións. As conferencias de grupo colócanse nunha sólida segunda posición, cun 20% aproximadamente do total de mensaxes das conferencias. Ademais, envíanse 120.000 ht-mails cada día.

Entón, cando descansa o motor dos encontros? Aparentemente, nunca. Cada semana xóganse 614.000 encontros. Esta cifra corresponderíase, nunha media, a un encontro por segundo durante a semana. Para poder xogar amigábeis, enviades retos. Un feixe deles. Os retos acadan o seu punto álxido o xoves, naturalmente, cando se envían arredor de 500.000 retos. A partir de aí baixa ata 100.000 retos diarios a finais da "semana amigable".

E que hai sobre o mercado de traspasos? Ben, cada día hai 180.000 poxas. Isto prodúcelle ledicia a 10.000 managers, que reciben cartos por club anterior e orixinal.

E finalmente, cada día hai 850.000 conexións. Destas, 300.000 pertencen a usuarios únicos (é dicir, sen contar varias conexións dun mesmo usuario). A última semana conectáronse 520.000 usuarios únicos para comproba-los últimos eventos dos seus equipos. Ben, isto é todo. Espero que disfrutárades estas cifras!
 
Server 071