Usamos galletiñas (cookies)—axúdannos a proporcionarche unha mellor experiencia online.
Ó usares o noso sitio web, aceptas que poidamos gardar galletiñas—cookies—e acceder a elas no teu ordenador.

Editoriais

Trocos para a vindeira tempada


2007-10-08 10:00:00

Nos editoriais publicados antes do comezo desta tempada, falabamos do estado da economía de Hattrick e os nosos obxectivos para a evolución do xogo, como reduci-lo exceso de xogadores no xogo e crear un mercado de traspasos máis estable. Tamén anunciamos un conxunto de accións concretas, tanto a corto coma a longo prazo. Chegou o momento de da-los detalles dos trocos a longo prazo.

Como lembraredes, en Xullo aumentamos os ingresos dos equipos para deter a perda de cartos semanal do sistema económico de Hattrick. Isto tivo o resultado predicible de que os equipos perderon menos cartos, máis equipos investiron en novos xogadores e recuperáronse os prezos do mercado de traspasos. Inda que necesario, isto foi simplemente unha cura para os síntomas. Os vindeiros pasos, máis importantes, serán o de cambia-lo xeito no que os xogadores se desenvolven co tempo, e como actúan no motor do xogo. Queremos que a mecánica do xogo leve aos usuarios a tomar decisións que sexan non só boas para os seus equipos, senón tamén boas para Hattrick.

Ademais, queremos facer isto sen complicar moito o asunto, e sen dar demasiadas vantaxes a certos grupos de usuarios, como equipos con moitos cartos ou equipos que levan xogando moito tempo. Isto quere dicir que moitos dos obxectivos buscados cos novos cambios veranse de xeito gradual e os efectos reais serán visibles despois dunhas cantas tempadas de adaptación dos usuarios ao novo sistema. Os campións do futuro serán os equipos que mellor se adapten, e non os equipos que parezan ter un mellor plantel agora.

Os trocos que temos preparados poden dividirse en catro categorías:
• Un novo motor do xogo: Posicións dos xogadores e ordes individuais
• Importancia da resistencia para tódolos xogadores
• Adestramento de habilidades
• Baixada de habilidades co tempo

Un novo motor do xogo: Posicións dos xogadores e ordes individuais
Un dos nosos obxectivos a longo prazo é o de primar máis dentro do xogo aos xogadores con moitas habilidades (multi-skilled). Xa que adestrar varias habilidades leva unha morea de tempo, e os xogadores deben ser adestrados ata unha idade avanzada, os xogadores versátiles deberían ser premiados cun rol máis importante no motor do xogo, e non só por un salario máis baixo. Para a vindeira tempada fixemos unha revisión do motor do xogo, revisando a posición de cada xogador e as ordes individuais, e axustando o seu impacto nas calificacións de cada sector (algunhas ordes eran moi fortes, outras moi frouxas) e, consecuentemente, no resultado dos encontros.

Queremos que tódalas ordes individuais teñan relevancia e que a túa elección dependa máis do xogador específico que teñas e da táctica necesaria, e non de que orde parece "obxectivamente" mellor. Queremos establecer relacións naturais máis fortes entre as distintas posicións e equilibra-la súa importancia relativa, algo que ao mesmo tempo debería reduci-lo risco de "tácticas extremas" onde o esaxerado impacto dunha habilidade secundaria no motor do xogo é explotado de xeito pouco realista.

A intención e que, independentemente das ordes individuais que se dean, un defensa sempre aporte máis á defensa que calquera outro xogador non-defensa no xogo. Isto significa que un extremo defensivo contribuirá máis ao ataque lateral que un defensa lateral ofensivo e que un central ofensivo contribuirá máis á defensa que un mediocentro defensivo. Usar xogadores cunha única habilidade adestrada en calquera posición seguirá a ser posible, pero ter un xogador con tódalas habilidades axeitadas para a posición en cuestión será moito máis efectivo. Empregar un tipo de xogador nunha posición para a que non está preparado (coma por exemplo un mediocentro puro como defensa central ofensivo) inda será unha opción, pero non tan efectiva como ata o de agora.

Por último, tamén engadimos novas habilidades para moitas das posicións. Esas habilidades poderían chamarse habilidades terciarias, xa que non engadirán moita forza por sí soas. Crearán interesantes e novos obxectivos para os adestramentos, especialmente considerando o adestramento máis rápido de habilidades baixas (ver a sección de adestramento máis adiante), incluso inda que non teñan un gran impacto inmediato dentro do xogo.

Para unha descrición detallada, posición por posición, dos trocos, podedes ler o seguinte editorial.

Resistencia
A resistencia será importante para os xogadores en tódalas posicións, como avanzamos no editorial de Xullo. O xeito no que a resistencia funciona nos encontros tamén variará. Para comezar, a resistencia contará para todos, e non só para os medios. Tamén será un factor a ter en conta durante todo o encontro, e non só durante a segunda metade que é mais ou menos o que agora acontece. Se o teu xogador ten a resistencia alta, non perderá rendemento posiblemente ata os derradeiros momentos do encontro (dependendo de como de alta esté esa resistencia). Un xogador coa resistencia baixa, pola contra, pode comezar a empeora-lo seu rendemento durante a primeira metade. No descanso recuperará algo de enerxía, pero pronto na segunda metade comezará a empeorar de novo.

A velocidade da baixada de rendemento pola resistencia foi modelada seguindo o funcionamento que tiña ata o de agora para os medios. Sen embargo, agora os efectos serán máis visibles xa que comezaremos a dar máis información sobre os efectos da resistencia nos encontros. Usaremos os informes dos partidos para os eventos de resistencia, e tamén amosaremos o efecto total da resistencia no sistema de calificacións.

Adestramento
O adestramento en niveles baixos será moito máis rápido que ata o de agora -a menor nivel, maior velocidade de adestramento. Isto quere dicir que adestrar en niveis realmente baixos será moito máis rápido do que é agora. O adestramento ralentizarase a medida que o xogador mellore as súas habilidades, e a partires de que alcance un nivel bo (solid) a efectividade do adestramento será semellante á actual. O nivel da habilidade fará que o adestramento sexa máis lento por cada nivel gañado, pero o meirande impacto notarase nos niveis máis baixos. A niveis maiores, a disminución será compensada cunha reducción do efecto da idade no adestramento. Na práctica, haberá que chegar a niveles moi altos nas habilidades para notar considerablemente as penalizacións por habilidade no adestramento.

En resumidas contas, no canto de ter só o efecto da idade afectando á velocidade do adestramento, agora serán importantes o nivel da habilidade e o "nivel da idade". Este troco hará máis rápido adestrar habilidades secundarias, e tamén máis beneficioso (alomenos se estás preto to teu tope salarial). En moitos casos será mellor, por exemplo, darlle ao teu defensa un adestramento en xogadas en lugar de engadirlle máis xogadas aos teus mediocampistas puros, debido aos soldos e á rapidez do adestramento nos niveles baixos.

Como avanzamos, tamén faremos trocos nos adestramentos de balón parado e resistencia.
Balón parado: Tódolos xogadores que participen no encontro (incluíndo os suplentes) recibirán adestramento. O lanzador (ou lanzadores) de balón parado recibirá un bonus. Ao mesmo tempo queremos avisar de que o balón parado será unha habilidade máis valiosa no futuro.
Resistencia: Os xogadores escollidos para o encontro, incluindo os suplentes que non xoguen, reciben o 100% do efecto do adestramento de condición. O resto de xogadores do plantel reciben só a metade do efecto.

Descenso das habilidades
O nivel da habilidade terá importancia para a baixada da mesma, pero só en niveis moi altos (sobre divino). Os xogadores que foran adestrados a niveis por encima de divino costaralles manter as súas habilidades en niveis por riba de divino. Ao mesmo tempo a idade importará menos no que se refire á baixada de habilidades en xeral.

Cando terán efecto estes cambios?
Todos estes cambios terán efecto a vindeira tempada (que comezará o 5 de novembro). Hai moitos trocos no motor do xogo (incluso inda que sexan cambios pequenos) e queremos darvos a oportunidade de probalo antes de que teña importancia nos encontros oficiais, o "novo" motor do xogo (cos cambios na contribución do xogador na posición e a resistencia) só funcionarán nos amigabeis durante a vindeira tempada, despois, será para tódolos encontros.
En resumo, isto significa que que os trocos no adestramento e nas baixadas de habilidades comezarán coa nova tempada, mentres que durante esa tempada os trocos sobre a contribución dos xogadores e a resistencia só valerá para os amigábeis.

Cambios que serán anunciados por separado
Dous cambios mais, dos que informabamos en xullo, serán implementados tamén na nova tempada. Estes cambios sen embargo non estarán listos para o comezo da tempada, e serán anunciados aparte en "O Meu Hattrick" durante a tempada:

• Ter unha resistencia razoable será necesario para que o xogador poida absorber outros tipos de adestramento. Os xogadores cunha resistencia demasiado baixa non se beneficiarán demasiado do adestramento tradicional de habilidades.

• O tempo de recuperación das lesións reduciráse un chisco en relación aos niveis actuais, e terá menos dependencia da idade. As lesións, ademais, poderán verse afectadas pola resistencia. Un xogador canso corre un meirande risco de lesionarse.

Isto é todo?
Para esta vindeira tempada si, pero isto só é un comezo, non é a solución final. Estamos considerando máis trocos e novos engadidos, tanto para o disfrute xeral do xogo como para seguir promovendo os xogadores multi-habilidades. Estou convencido de que a HFA deberá traballar arreo sobre a situación económica (os rumores din que os seareiros están considerando organizar grupos de protesta xa que non están moi de acordo coas subidas dos prezos das entradas, pr exemplo).

A pasalo bomba!

HT-Tjecken
Lista de todos os editoriais

Reaccións da comunidade

Ninguén emitiu aínda un comunicado de prensa sobre isto.

 
 
Server 080