Usamos galletiñas (cookies)—axúdannos a proporcionarche unha mellor experiencia online.
Ó usares o noso sitio web, aceptas que poidamos gardar galletiñas—cookies—e acceder a elas no teu ordenador.

O mundo »   Novas 

Novas

10-8-2007 Editorial: Detalles das contribucións dos xogadores

Este editorial contén unha descrición detallada, posición por posición, de tódolos trocos nas posicións dos xogadores e ordes individuais no novo motor dos encontros.
Gardamallas
Os gardamallas agora só se benefician da habilidade de portería, dende agora tamén será importante adestralos no control e dominio da defensa mediante a mellora desa habilidade. Algo máis dun 25% da contribución total dun gardamallas virá da súa habilidade de defensa, pero a habilidade de gardamallas contribuirá arredor dun 5% menos en comparación co que aporta hoxe. (A contribución da habilidade de gardamallas podería reducirse de novo no futuro)

Defensas centrais
Normal: Comezarán a usar a súa habilidade de xogadas, contribuindo aproximadamente unha cuarta parte do que o faría un mediocentro. A súa contribución á defensa central verase (moi) lixeiramente reducida.
Cara á banda Tamén usarán a súa habilidade de xogadas (pero non tanto como no caso normal) e tirarán algo de proveito da súa habilidade de extremo (pero non tanto coma un defensa lateral). Comparado co actual, serán máis dun 50% mellores defendendo no medio, mentres que a súa defensa lateral será arredor dun 10% peor.
Ofensivo: Será moito mellor defendendo (tanto no medio coma na banda) que antes, case as tres cartas partes (¾) tan bo coma un defensa normal. Serán mellores creadores de xogadas que os defensas normais, pero máis dun 10% menos efectivos que hoxe.

Defensas laterais
Normal: Arredor dun 15% mellor en defensa (tanto lateral como central) e extremo (ataque pola banda) que antes. As xogadas serán efectivas, de xeito semellante ás de un defensa central cara á banda.
Defensivo: Defensivamente serán igual de bos que hoxe, cunha pequenísima mellora na súa contribución á defensa central. Pero a súa habilidade de extremo será máis de 3 veces máis importante que agora (bastante menos que un defensa lateral normal, pero cunha diferenza que non chega ao 50%) e tamén terase en conta unha pizca de xogadas.
Cara ó medio: Aumentan a contribución (arredor dun 25%) á defensa lateral. Contribuirá tanto ao ataque lateral como un defensa lateral defensivo, e usará tanto as xogadas como un defensa lateral normal.
Ofensivo: Será moito mellor defensa (arredor dun 50% no centro e un 25% na banda) que antes, pero perderá algo do seu poderío no ataque lateral (arredor dun 15%). A contribución das xogadas seguirá a se-la mesma (lixeiramente maior que a dun defensa lateral normal).

Extremos
Normal: Quedarán case igual, cun pequeno incremento na súa contribución á defensa (lateral e central). A súa habilidade de pases tamén comezará a contribuir ao ataque polo medio.
Defensivo: Case o doble de contribución ao extremo que antes e unha pequena, pequena mellora na defensa. Usarán a súa habilidade de ataque para axudar no ataque central (pero menos que un extremo normal) mentres que perderán algo da súa contribución de pases ao ataque da banda. A súa contribución en xogadas continúa a se-la mesma, algo menos que un extremo normal.
Cara ó medio: Contribuirá por riba dun 50% máis coa súa habilidade de extremo e converterase en moito mellor defensivamente, en comparación coa orde normal, algo máis de contribución defensiva no centro e algo menos na banda. Pola contra, a súa habilidade de xogadas non contribuirá tanto como antes (arredor dun 20% menos) e a súa contribución coa habilidade de pases tamén será reducida, especialmente no medio.
Ofensivo: Reducen (aproximadamente nun 20%) a súa contribución ao extremo, pero a habilidade de pases terá máis importancia tanto na banda (arredor dun 15% de aumento) como agora tamén no medio (de xeito semellante a un extremo cara ó medio). Tamén obterán un incremento do 30% na súa contribución defensiva pola banda.

Mediocentros
Normal: Quedará case igual, so un pouquiño mellor defensivamente (no centro e na banda).
Defensivo: Contribuirá un chisquiño máis á defensa (central e lateral) e obterá unha importancia dun 50% maior da súa habilidade de pases (medio e banda). Tamén perderá un pouco da contribución das xogadas en comparación cun inner normal.
Cara á banda: Será significativamente máis forte que antes, mellores creadores de xogadas (inda que lixeiramente peores que os ofensivos ou defensivos), máis de dúas veces mellorados no extremo e máis dun 50% mellores pasadores (banda e medio). Contribuirán moito máis (arredor dun 50% máis) á defensa central, pero un pouquiño menos á defensa lateral.
Ofensivo: Contribuirá coas xogadas coma un mediocentro defensivo. Terá unha mellora aproximada do 20% na súa contribución á defensa (central e lateral).

Dianteiros
Normal: Comezarán a tirar proveito da habilidade de extremo (menos da metade que un dianteiro cara á banda). A anotación contribuirá arredor dun 20% menos aos ataques laterais, mentres que os pases contribuirán a estes ataques laterais (nunha cantidade maior que a perda da anotación).
Defensivo: A habilidade de extremo contribuirá aos ataques laterais (menos que un dianteiro normal). A anotación contribuirá máis no medio, pero moito menos (case un 50%) na banda. Os pases, sen embargo, contribuirán moito máis. Un dianteiro técnico recibirá inda máis incremento na súa habilidade de pases (inda que o incremento non é tan grande esta vez).
Cara á banda: Perderán arredor dun tercio da súa contribución ao extremo, e case o mesmo coa anotación no lateral. No canto, os pases contribuirán máis (pero menos que a perda total de extremo e anotación). No medio, a anotación contará un 20% máis, e os pases un pouco menos.
 
Server 070