Usamos galletiñas (cookies)—axúdannos a proporcionarche unha mellor experiencia online.
Ó usares o noso sitio web, aceptas que poidamos gardar galletiñas—cookies—e acceder a elas no teu ordenador.

O mundo »   Novas 

Novas

11-2-2007 Editorial: Unha guía para a nova tempada

Co comezo desta tempada poremos en marcha o novo motor dos partidos e o sistema de adestramento que anunciamos nos editoriais previos.

Imos recapitular todos estes trocos que se aproximan e tamén, onde sexa necesario, dar algunha información engadida sobre como funcionarán eses trocos.
En principio, todas as novidades desta actualización comezarán a funcionar de inmediato. Sen embargo, o novo motor dos partidos usarase só para os encontros amigables durante a vindeira tempada. Isto é así para todos, tamén para as seleccións nacionais.

Esta "tempada de probas" daravos unha ocasión para comprende-la nova dinámica do xogo e para prepara-lo voso plantel. Ao comezo da tempada seguinte a primeiros do 2008, o novo motor dos encontros usarase para tódolos encontros de Hattrick.

O sistema de adestramento novo será efectivo inmediatamente. Aquí tendes un repaso dos trocos, incluindo cando terán efecto e exemplos de como funcionan as novidades, cando sexa necesario:

Motor dos partidos

1. O impacto das habilidades, e a importancia das mesmas nas distintas posicións do campo, cambia considerablemente. Agora máis xogadores usarán unha 2ª ou 3ª habilidade. Isto foi detallado no noso último editorial, así que non deixes de comprobar e ler as regras actualizadas de Hattrick.

2. A resistencia agora será importante para tódolos xogadores. Ao comezo do encontro todos están descansados e actúan a plena capacidade. Según avanza o encontro, os xogadores poden comezar a sentirse cansos. Canto máis alta teñan a resistencia, máis tempo poderán xogar sen amosar síntomas de cansanzo. Unha vez que apareza o esgotamento, a perda de rendemento será lineal: un xogador canso perde a mesma cantidade na habilidade entre os minutos 65 e 70 como perderá entre o 85 e o 90. Durante o descanso e antes das prórrogas, os xogadores terán unha oportunidade para descansar, recuperando algo o seu estado físico. Despois do encontro poderedes estudiar os efectos da resistencia no informe de calificación de estrelas. Máis sobre isto na próxima sección.

3. Calificacions por estrelas. Unha consecuencia dos trocos será que as calificacións do equipo e as valoracións en estrelas dos xogadores, cambiará. O resultado é que as calificacións amosarán o novo "poder" de cada xogador e táctica. Debido a que boa parte dos trocos positivos no novo motor de xogo foi engadido no apartado de combinacións de habilidades, algo que todavía non teredes ben preparado, as vosas calificacións poden baixar un chisco. Por outra parte, teredes potencial abondo para melloralas se adestrades ben. Aparte disto, as calificacións en estrelas amosarán información algo distinta á de antes. Debido a que o rendemento dos xogadores non será estático durante o encontro, a calificación de estrelas dun xogador amosará o rendemento medio durante un encontro.
Isto significarán menos estrelas que co vello sistema, onde o rendemento era o mesmo durante todo o encontro. Ademais, a calificación de estrelas indicará como rende o teu xogador no remate do encontro, amosando unha porción da calificación en estrelas en forma de estrelas de cor gris.

Por exemplo: Tes un total de cinco estrelas no informe do partido, as tres primeiras son amarelas e as dúas últimas son grises. Isto quere dicir que a contribución media do teu xogador durante o encontro é de cinco estrelas, pero ao remate do encontro é só de tres. Este xogador podería ter rendido máis cunha meirande cantidade de resistencia. Tamén podería mellorar o seu rendemento medio se xogase menos tempo no encontro, xa que tería menos tempo para sentirse canso.

Tenta atopa-lo xeito de tirar o maior proveito dos teus xogadores, e lembra que será normal para a maioría deles rematar os encontros con algo de cansanzo.

Aparte disto, arranxamos algunhas imperfecciones na vella fórmula da puntuación de estrelas. Un deles era que os xogadores reposicionados obtiñan máis estrelas das merecidas. Outro era que nalgunhas posicións do campo, a contribución das habilidades secundarias non se reflexaba de todo ben nas calificacións. Decidimos non detallar estes trocos xa que podería ser confuso, o importante é que o novo sistema de calificacións daravos unha mellor idea da importancia dos vosos xogadores no campo.


Adestramento e mellora das habilidades

1. Fixemos uns cantos trocos importantes no xeito no que se adestran as habilidades, e na maneira en que os xogadores perden habilidade co tempo. Explicaremos os trocos aquí, e podedes atopar inda máis detalles nas regras, pero tende presente que ó final trátase dun único sistema, cómo se desenvolven as habilidades do xogador ó longo do tempo, tendo en conta a idade, adestramento e habilidade. Antes de nada, explicaremos a idea detrás deste troco.

Ata agora, as habilidades sempre se adestraban á mesma velocidade, sen importar o altas ou baixas que estiveran. O único factor que afectaba ao adestramento era qué se adestraba e a idade do xogador. Isto levou a moitos managers a centrarse en adestrar unha única habilidade por xogador durante toda a súa carreira. Esa habilidade principal chega a "maximizarse", e a partires dese punto considéranse a estes xogadores demasiado vellos como para adestrarlles unha 2ª habilidade. Así, os xogadores considéranse como "completados" a unha idade relativamente temprana, polo que hai un excedente de xogadores a eses niveis en Hattrick. Queremos que o novo sistema cambie esas pautas, animando aos managers a empregar máis tempo adestrando a menos xogadores.

O sistema "novo" toma en consideración tres factores: tipo de adestramento, idade e nivel de habilidade actual. Simplificando, o adestramento non será ralentizado pola idade tanto como antes, pero a cambio, sí será ralentizado por nivel de habilidade. Os efectos principais desta reforma son:

• Tódolos xogadores adestrarán as habilidades moi baixas MOITO máis rápido que hoxe. A medida que a habilidade mellore, a velocidade do adestramento descenderá. Nos niveis máis altos tódolos xogadores terán adestramentos máis lentos que agora.

• Os xogadores con habilidades moi altas en comparación co seu grupo de idade (por exemplo un xuvenil punteiro) adestrarán a súa habilidade principal un chisco máis lento que antes.

• Os xogadores vellos con habilidades baixas en comparación cos mellores do seu grupo de idade, adestrarán máis rápido que hoxe.

• A meirande parte dos xogadores poderá adestrar máis rápido do que o fan agora, alomenos se optan por non adestrar unha única habilidade primaria alta.

Por exemplo: A un gardamallas de 17 anos que parta dende un nivel bo alto, levaralle máis tempo chegar a divino en comparación co que tarda hoxe. (O mesmo para un defensa moi talentoso de 17 anos, mediocampista, extremo, etc).

Sen embargo, un dianteiro de nivel formidable e 24 anos (ou defensa, medio, etc) adestrará máis rápido que hoxe. Este patrón é válido para tódalas habilidades, excepto balón parado. Nas habilidades máis baixas os trocos serán moito máis visíbeis, por exemplo no caso dun xogadas clase mundial con pobre pases, que adestrará os seus pases moito máis axiña que hoxe.


Finalmente, tamén trocamos o sistema de "caída de habilidades". Anteriormente era aleatorio e enteramente basado na idade. Un xogador podía, a medida que aumentaba a súa idade, ter un risco cada vez maior de descenso nas súas habilidades, a veces podía perder varias habilidades dunha tacada. O novo sistema non é totalmente aleatorio, vólvese máis gradual e predicible. Os factores decisivos serán a idade do xogador e o nivel de cada habilidade: As habilidades altas comezarán a baixar antes, mentres que as baixas máis tarde do que o fan hoxe.

Isto fará a curva de desenvolvemento dos xogadores máis individual. No sistema anterior, os xogadores nunca comezaban as perdas antes dos 26. Isto seguirá a se-lo normal, pero a idade exacta agora variará entre os xogadores, en función do alto que teñan as habilidades.

Pensamos que este novo xeito de levar os desenvolvementos dos xogadores terá algúns efectos interesantes. Adestrar unha habilidade secundaria será máis rápido (xa que normalmente comezan dende un nivel menor que as primarias). Debido a que as habilidades altas caerán antes que as baixas, un xogador que adestre varias habilidades pode agora convertirse en máis resistente á perda de habilidades a medida que se fai vello.

Os xogadores con habilidades extremadamente altas serán os que perdan esas habilidades máis rápido. Algúns xogadores extremos poderían ver perdas considerables incluso no transcurrir dunha mesma tempada.

Ten en conta: Durante a tempada que vai comezar agora, as perdas de habilidades e adestramentos seguirán sendo informadas en días separados. Dentro dunha tempada moveremos a actualización de perda de habilidades e a combinaremos coa actualización do adestramento.

Adestramento residual

Ata hoxe, había un moi pequeno efecto do adestramento dado a TODOS os xogadores do plantel, xogaran un encontro na posición adecuada ou non. Co novo sistema de adestramento, o adestramento residual só beneficiará aos xogadores que xogaran durante a semana. Sen este troco, o adestramento residual sería demasiado potente.

Posicións Defensivas

O tipo de adestramento "Posicións defensivas" agora tamén adestrará aos gardamallas en Defensa.

Balón Parado

O adestramento de balón parado non seguirá a beneficiar ao plantel completo, só aos xogadores que xogaran durante a semana. Os lanzadores de balón parado e os gardamallas obterán un beneficio extra dun 25% no seu adestramento de balón parado. Aparte disto, o adestramento de balón parado funcionará do mesmo xeito que sempre, o nivel da habilidade non será un factor nin na velocidade do adestramento nin na perda de habilidades. Facemos esta excepción porque temos trocos pensados para o xeito no que o balón parado funciona no xogo, e queremos rematar este traballo antes de facer variacións no sistema de adestramento do balón parado. Tamén retrasamos o considera-lo balón parado como un factor no cálculo do soldo dos xogadores. Máis información sobre os futuros cambios no balón parado chegará durante a vindeira tempada.
 
Server 070