Usamos galletiñas (cookies)—axúdannos a proporcionarche unha mellor experiencia online.
Ó usares o noso sitio web, aceptas que poidamos gardar galletiñas—cookies—e acceder a elas no teu ordenador.

Editoriais

Trocos na Academia de Xuvenís


2007-12-04 09:46:00

Este é o primeiro dunha serie de tres editoriais que presentarán os vindeiros trocos en Hattrick. Comezaremos pola Academia de Xuvenís, xa que nesta área era onde viamos necesarios os trocos urxentes. Nas vindeiras semanas plantexaremos outros trocos que temos preparados para a seguinte tempada: Planificación dos estadios, fórmulas de seareiros, e o papel do Balón Parado no xogo.

A nova Academia de Xuvenís xa leva funcionando máis de dúas tempadas. Fíxose moi popular, pero tamén é bastante difícil afacerse a ela e sacarlle o mellor partido. En termos de que tipo de xogadores son producidos pola A.X., houbo unha decepción para a maioría dos managers - e só podemos confirmar a súa sospeita de que era moi complicado crear xogadores decentes na Academia. Isto débese principalmente a dous factores: Os valores iniciais dos xogadores nacidos co sistema da Academia, e as ferramentas que os managers teñen para adestrar e analizar o seu equipo de xuvenís.

Os xogadores da academia de xuvenís nacen cun nivel de habilidade actual (bastante parecido ó dun xogador do primeiro plantel) e un potencial, que é o máximo valor que pode acadar dentro da academia. Este deseño garántenos que a calidade dos xogadores producidos na A.X. non supera en moito á do antigo sistema. En teoría, os xogadores da A.X. poden chegar a ser mellores que os xogadores do "vello sistema", pero non por moito, e é bastante complicado acadar o punto xusto. Demasiado complicado, polo que se ve. Co noso amaño en dous pasos para a A.X., pensamos que chegaremos moito máis preto ó que tiñamos pensado orixinalmente para a Academia de Xuvenís. Os xogadores xuvenís serán bastante mellores, como media, do que son hoxe - serán máis "promocionables" ó primeiro plantel. Atopar candidatos que poidan chegar a ser estrelas será máis doado, pero tamén fará que as eleccións sexan máis duras porque non poderedes dar a tódolos vosos xogadores o adestramento óptimo.

Estes son os nosos primeiros pasos para arranxar o sistema:

* Tódolos xogadores existentes na academia de xuvenís recibirán inmediatamente un aumento de habilidades e potencial para reflectir dun mellor xeito as nosas intencións iniciais para os xogadores da A.X. Os xogadores futuros comezarán neses novos niveis.

* A velocidade de adestramento para os xogadores da Academia de Xuvenís aumentará comparada coa velocidade actual. Os xogadores da A.X. adestrarán con máis velocidade que os xogadores no primeiro equipo, aínda que a súa idade e habilidades sexan as mesmas. O adestramento Individual faise moito máis eficiente.

* Os xogadores xuvenís nacerán cun atributo de Personalidade. Isto estará oculto arestora e tamén influirá algo na velocidade de adestramento. No futuro, será posible coñecer tamén este novo atributo.

* O adestramento de Resistencia desaparecerá na Academia de Xuvenís. Tódolos xogadores serán fixados no mesmo nivel, e os xogadores que saian do "vello sistema" tamén sairán comezarán con ese nivel.

* A forma será eliminada como factor para os xogadores da A.X. Aínda así, o rendemento dos xuvenís seguirá a variar dunha semana a outra, entre o seu rendemento actual e o seu rendemento potencial. Este é un factor aleatorio, que amosa o rango de rendemento que o teu xogador pode dar. Os xogadores darán un rendemento preto do seu nivel de habilidade actual máis veces do que o farán preto do seu nivel potencial.

* A eliminación da forma e a resistencia como "factores cegos" fará que sexa máis doado xulgar o verdadeiro potencial dos xogadores, para centrarse máis no tipo de adestramento axeitado.

* Nunca perderedes habilidade actual cando subades un xogador ó primeiro equipo. Esta "penalización" existía antes como xeito para evitar que os usuarios subisen ós seus xogadores en canto cumprisen os 17. Xa que o adestramento é agora máis rápido na Academia, hai un incentivo meirande para manter os xogadores na Academia ata que sexan adestrados de todo.

En canto á vindeira tempada, melloraremos algunhas outras cousas nas Academias de Xuvenís:

* Os informes dos olladores sobre o potencial dos xuvenís conterán información máis útil e precisa.

* Os informes do adestramento mudarán para dar información máis útil sobre os xogadores do voso equipo. Tamén estamos procurando xeitos de dar ós managers un mellor control sobre o tipo de información revelada dos xuvenís, e novos xeitos de seguir o que xa sabedes sobre eles.

Se vos gustaría obter máis detalles sobre as actualizacións intermedias e as melloras nas Academias de Xuvenís para a vindeira tempada, este Venres haberá algunha información adicional. Esa información será máis do tipo "está ben sabelo" que do "é preciso sabelo"

Xa para rematar, tamén reparamos un erro que facía que non se retirasen os xogadores que chegaban ó seu 19º aniversario. Agora isto xa funcionará. Aínda así, a retirada só ocorrerá o día do aniversario, así que os xogadores que xa fixeron 19 anos poderán quedar no equipo ata que cheguen ós 20. Se tes un xogador interesante, e ves que axiña fará 19 (ou 20), deberías pensar en promocionalo ó primeiro equipo canto antes. Estamos a pensar nun sistema máis "brando" para a retirada dos xuvenís de 19 anos, así que pode que retoquemos este sistema nun futuro non moi lonxano.

HT-Johan
Lista de todos os editoriais

Reaccións da comunidade

Ninguén emitiu aínda un comunicado de prensa sobre isto.

 
 
Server 081