Usamos galletiñas (cookies)—axúdannos a proporcionarche unha mellor experiencia online.
Ó usares o noso sitio web, aceptas que poidamos gardar galletiñas—cookies—e acceder a elas no teu ordenador.

O mundo »   Novas 

Novas

12-3-2007 Editorial: O noso home na Masters

Esta noite xógase a primeira rolda da Hattrick Masters. Desta vez o noso home na Masters ha ser Noflik(1372915), que será o noso guía no torneo.
Hola, son Noflik, dono do Niflheims Vikinger na V.196 holandesa. Serei o voso guía na Masters esta tempada!

Esta tempada a Hattrick Masters acollerá a 193 participantes, dos que 3 son antigos campións: Beltxis, AC Ziky Team e Hapoel Nahariya. Será algún destes lendarios equipos capaz de ser o primeiro en repetir título? Por desgraza para eles, aínda non están na 2ª rolda.

Entre os outros favoritos, os campións letóns SX 200 xogarán contra o equipo holandés do Ruckers Utd, que veñen de mercar un equipo repleto de extrelas especialmente para esta edición da Masters. Os xigantes do mediocampo MTigers de Romanía terán que loitar contra o fortísimo campión da Bundesliga, o Tantris Shanghai. Para os equipos pequenos tamén haberá boas oportunidades de pasar a 1ª rolda, o King Akre de Irak xogará contra o Wes Side Connection de Trinidade e Tobago, e teremos un derbi caribeño entre os campións de Xamaica e Barbados.

Algúns equipos terán unha primeira rolda bastante doada, algúns dos favoritos terán unha eliminatoria doada, pero trala 1ª rolda estaremos un chanzo máis preto de saber que equipo firmará no libro dorado da historia de Hattrick. O equipo que vivirá para sempre.


1ª Rolda
O torneo xa está en marcha oficialmente! Algúns equipos fortes caeron na 1ª rolda, pero ningún dos favoritos quedou fóra polo de agora.

Romasz, o equipo co meirande salario, pasouno mal para vencer ós visitantes que se empregaron a fondo na presión, o Liverpool Football Club (1982), pero tras unha lesión e algo de confusión coa táctica dos visitiantes xa non houbo quen parase ó Romasz. A vitoria do Hapoel Nahariya por 6-2 pode parecer doada, pero o -Alberto- plantou cara, cun mediocampo titánico. O Tantris Shanghai amosou a súa valentía xogando 5-2-3, pero o seu opoñente, o MTigers, xogou un encontro supersónico e gañou por 4-0. O Stiinta United tamén xogou un partido impresionante, deixando ós Belair Allstars coas mans baleiras.

Unha morea de equipos decidiron empregar unha táctica ofensiva para ter opcións contra rivais máis fortes, sendo un deles o CA Santaneco Juniors do Salvador. Eles acadaron o impensable, derrotando ós pouco afortunados campións ingleses do Potatoe Heads, cunha malleira por 5-0.

En Tokio xogouse un encontro inesperadamente igualado. O Kawasaki Tigers non tivo problemas para dominar o xogo contra o Nöibärn, pero marcar os goles pareceu ser máis difícil. Co paso do tempo parecía que o 1-0 inicial sería dabondo, pero un tiro aparentemente sen perigo do dianteiro do Nöibärn Tubbing deu lugar ó sorprendente empate no minuto 76. Nos derradeiros minutos a presión foi demasiado grande para o Nöibärn, e o Kawasaki Tigers foi capar de anotar outro tanto uns minutos antes do asubío final.

A 2ª Rolda xa terá algúns grandes encontros para nós: O MTigers xogará contra un dos "Mestres", o Hapoel Nahariya, teremos un "derbi inglés" entre os campións de Oceanía o FC Sudtirol Alto Adige e o campión da copa inglesa, o Holy Rollers. Os estonios do Lazybones xogarán contra o Nordby, un equipo que leva 8 tempadas seguidas xogando na Tippeligaen Norueguesa. E poderán os Canadianos do Thoroughbreds parar os pés ó xigante económico polaco do Romasz?


2ª Rolda
A 2ª Rolda pareceu máis un campo de batalla, con 36 xogadores mancados. O partido máis duro foi o AC AS - Erster Im Länden, onde 3 xogadores tiveron que saír na padiola. Esta rolda tamén tivo algúns encontros disputados, con 4 encontros co resultado de 5-4 trala prórroga.

O campión da pasada edición, o Beltxis, quedou fóra moi cedo esta tempada. O Traktorist foi un rival demasiado duro, e puido derrotalo na prórroga por 2-1. O MTigers foron o primeiro equipo en chegar a divino (moi alto) en mediocampo esta tempada, pero non foi dabondo para vencer ó Hapoel Nahariya nun encontro impresionante, levándose ó fin os pasados campións a victoria por 3-4. Non tódolos encontros foron tan excitantes, por exemplo o Saints Regia - Straikeris foi un de xogo defensivo. Ámbolos managers decidiron empregar unha aliñación 4-5-1, o que fixo que houbese moi poucas ocasións. E por se fose pouco para os afeccionados locais, os visitantes saíron coa súa cun 0-1.

O AC Ziky Team non parecía preocupado cando se puxeron gañando 2-0 no descanso contra o Hlv86. Pero na segunda metade as cousas trocaron axiña, e tras 17 minutos o Hlv86 ía gañando por 3-2. Ninguén sabe como o Hlv86 foi quen de manterse por diante, pero o fixeron e o pouco afortunado AC Ziky Team está fóra da Masters. O FC Café Ubåden tamén están fóra, despois de esmagar ó SC Buochs co resultado record de 13-0 na primeira rolda, o GB Rovers foron demasiado fortes: 2-4.

O Lazybones parece que escolleu o seu nome de equipo con senso, contra o Nordby os xogadores estiveron ben lacazáns e permitiron 4 goles ó seu rival antes do descanso. Só colleron o ritmo nos derradeiros 10 minutos e anotaron 3 goles, co que o final do encontro foi unha proba de nervios. Pero non se chegou a prórroga, o Nordby aguantou e gañou por 4-3.

A 3ª rolda presenta dous derbis nacionais. Os Noruegueses do Nordby e o Trondheim Thunder, e os sorprendentes equipos angoleños do AC Luanda e o AC AS teñen que enfrontarse. Pero como en calquera rolda, algúns grandes encontros hanse xogar: os campións bielorrusos do FC Boars xogarán contra os campións de copa croatas do Viva Ludež nun enfrontamento da Europa do Leste. O Hapoel Nahariya ten de novo un cruce moi duro, contra os letóns do FK Pirates esta vez, e os campións da copa portuguesa, o Teamaço, teñen que visitar ós campións ucraínos, o poderoso FC Granit.


3ª Rolda

A 3ª rolda viu a caída do derradeiro campión da Masters que seguía nela, o Hapoel Nahariya. O FK Pirates fixo un bo traballo rompendo o xogo do Nahariya, e conseguiu derrotalos no seu propio estadio por 1-2. Tamén tivo lugar a primeira tanda de penaltys nesta edición da Masters, sendo o FC Boars o equipo afortunado, derrotando ó Viva Ludež despois de ser dominados durante todo o segundo tempo.

Os iraquíes do King Akre van mellorando pasiño a pasiño. Nas primeiras roldas apenas fixeron ruido, pero agora foron quen de vencer ó Club Atletico Santaneco Juniors por un incrible 8-2. O derbi de Luanda entre AC Luanda e AC AS amosou o significado da competitividade, estes dous equipos sen ser dos máis ricos saíron a por todas, e só no minuto 88 o equipo local do AC Luanda anotou o 2-1 final. A vitoria foi cara, con 2 xogadores do AC Luada mancados de gravidade a causa das entradas durísimas dos xogadores do AC AS.

Outro encontro emocionante xogouse en Bélxica, o Spiroezie e o Schlappekickerhausen anotaron 4 goles cada un no tempo regulamentario, no que o Spiroezie foi especialmente forte. No tempo engadido foi o Spiroezie o que anotou o gol de ouro, deixando o marcador en 5-4. O outro gol de ouro púidose ver entre o Sport Latita e o FC Sudtirol Alto Adige, o Sport Latita fixo algunhas contras moi perigosas pero foi o FC Sudtirol Alto Adige o que acadou o gol de ouro: 1-2.

A 4ª rolda, con só 32 equipos, ten algúns partidos moi duros. O campións de copa belgas e ucraínos, Spiroezie e Traktorist, seguramente xogarán un enorme encontro. Tamén teremos o choque de Europa Occidental entre os alemáns do German Boca JBA e os belgas do FC Goudenploeg, o FC Boars bielorruso visitará Polonia para xogar contra o Romasz, e o derradeiro equipo africano, o AC Luanda, ten opcións de derrotar ós seus opoñentes, os xaponeses do United Min.


4ª Rolda

Xa estamos case á metade do camiño, os equipos pequenos van quedando fóra paseniño, e os grandes van sacando a artillería pesada. O Spiroezie e o Traktorist xogaron o que é, ata o de agora, o mellor encontro. O Spiroezie foi gañando case todo o encontro, pero gañou só por 2-1 neste encontro moi disputado. Non foi o encontro dos defensas laterais esquerdos, tódolos goles chegaron dende ataques pola dereita.

O Romasz foi quen de gañar 3-1 de novo, por 3ª vez neste torneo. Esta vez, o FC Boars foi o equipo derrotado. O Sini Zverove gañouse unha praza na lista de favoritos despois da súa incrible vitoria por 7-2 contra o Deportivo Flecha. O Vienna Warlords viña dunha espectacular traxectoria, con 18 goles a favor e só 1 en contra. O equipo rival, o Alderwood Chiefs, non podía gabarse deses números, pero seguramente non lles importe despois da súa clara vitoria por 4-1.

O FK Pirates conseguiu botar fóra a outro grande equipo, o Kawasaki Tigers que fixo un bo encontro. Pero o FK Pirates amosou unha grande resistencia, como na pasada rolda, e anotou dous tantos nos derradeiros minitos do encontro, para acadar a vitoria por 4-2.

A 5ª rolda contará con equipos de todo o mundo, a ningún país lle quedan 2 equipos. A derradeira esperanza de Norteamérica, o Alderwood Chiefs, xogará contra o FK Pirates en Letonia, e o derradeiro equipo do Sur de América, o Camiseta Blanquirroja irá a Portugal para xogar contra o Fon Utd FC. En canto ós grandes encontros, o FC Granit poderá tomar a revancha ucraína contra os belgas do Spiroezie, e o Sini Zverove de Bulgaria recibirá ós franceses do Kastelin.
 
Server 071