Usamos galletiñas (cookies)—axúdannos a proporcionarche unha mellor experiencia online.
Ó usares o noso sitio web, aceptas que poidamos gardar galletiñas—cookies—e acceder a elas no teu ordenador.

O mundo »   Novas 

Novas

12-7-2007 Editorial: Achegándose ás melloras na Academia de Xuvenís

As Academias de Xuvenís estiveron pechadas case todo o Luns para unha actualización moi necesaria, xa explicada no editorial do Martes "Trocos na Academia de Xuvenís". Esta é unha continuación do editorial do Martes escrita especialmente para aqueles de vós que queredes a descrición completa do que fixemos e do que temos en mente para o futuro das academias.
Cando leades isto, o primeiro paso do arranxo da Academia de Xuvenís xa estará dado. Vimos de mellorar os niveis dos xogadores existentes no sistema de xuvenís, ademais de reparar as fórmulas para crear novos xogadores nos mesmos, e máis altos, novos niveis. Este é un nivel de calidade que dará a moitos managers unha mellor oportunidade para producir xogadores xuvenís decentes.

Os principios da actualización de xogadores:

* Tanto as habilidades actuais como o potencial foron incrementados. Os xogadores que xa tiñan un alto potencial obtiveron un incremento de potencial menor que o dos xogadores con potencial baixo. Isto débese a que estamos bastante ledos cos valores "teito", pero non tanto co tempo que leva chegar ós potenciais dos xogadores.

* O aumento dos niveles actuais decídese en relación co potencial do xogador. Canto maior sexa o potencial, poderá ser maior a diferenza entre as habilidades actuais e o potencial. Se es moi bo, terás que adestrar moito sempre para acadar o teu potencial.

* O aumento das habilidades actuais ten en conta o tempo que cada xogador leva na Academia de Xuvenís - canto máis tempo mellor.

* Aínda que o aumento será distinto para tódolos xogadores, ningún xogador terá unha baixada de nivel.

Detalles do troco do adestramento:

* A velocidade do adestramento foi incrementada para o equipo de xuvenís. Como no primeiro equipo, as habilidades máis baixas reciben máis adestramento que as altas, e os xogadores máis novos adestran con máis velocidade que os máis vellos. O resto seguirá igual, os xogadores adestrarán algo máis rápido na Academia de Xuvenís que no primeiro equipo.

* Estamos a aumentar a bonificación por usar dos tipos de adestramento ó mesmo tempo na Academia de Xuvenís. O efecto combinado será un 25% maior, no canto do 10%.

* Os adestramentos de resistencia e xeral desaparecen como opcións para a Academia de Xuvenís. A efectos dos encontros tódolos xuvenís terán a mesma resistencia. Cando os xuvenís suban ó primeiro equipo o seu nivel de resistencia andará entre feble e insuficiente (isto tamén é válido para os xuvenís sacados co vello sistema aleatorio).

* A resistencia e a forma non serán factores nos encontros entre Academias de Xuvenís. Isto soluciona dous problemas: Elimina as alternativas ó adestramento de habilidades, aumentand a velocidade do adestramento. Tamén fai que os managers atopen máis doado facer un seguimento ós seus xogadores xuvenís.

* Os xuvenís aínda serán algo impredicibles en canto ó rendemento nos encontros. O seu rendemento nun encontro estará preto do seu nivel de habilidade actual a maioría das veces, pero tamén poderán chegar preto do seu potencial completo. Isto dará un idea de que xogadores "teñen máis dentro deles".

* Os gardamallas terán máis potencial en Defensa do que tiñan ata o de agora, peo a súa habilidade inicial será algo menor.

* O balón parado terá menos espazo para mellorar. Se non adestras nada, os teus xogadores rematarán cos menos Balón Parado que co "vello" sistema de xuvenís. Se adestras, na maior parte dos casos rematars cun mellor nivel de Balón Parado que co vello sistema.

* O adestramento individual fíxose moito máis eficiente. Con este tipo de adestramento, non haberá adestramento do equipo, pero cada xogador adestrará unha das habilidades que se usan na posición na que xogou. O adestramento individual segue a ser menos eficiente que o adestramento de equipo.

* Cando un xogador é promocionado, recibirá un pulo cara ó seu potencial máximo. Este pulo dependerá da idade. Os xogadores de 17 anos non recibirán ningún pulo, e canto máis vello sexa o xogador, maior será o pulo. Isto implica que o xogador será máis maduro e estará máis preparado para participar no primeiro plantel.

Vindeiras atraccións
Tan axiña como sexa posible (ó comezo da vindeira temporada como moi tarde), daremos o próximo paso no noso arranxo. Estará centrado na interfaz da Academia de Xuvenís, e nas ferramentas que teñen os managers para analizar ós seus xogadores. Isto non é unha descrición final das próximas novidades, aínda podemos facer algunha modificación.

* Cando procures un candidato para o teu equipo de xuvenís, recibirás máis información do ollador - e a información será máis útil.

- O ollador dirá o potencial dunha das tres habilidades máis altas.
- O ollador dirá o nivel actual dunha das tres habilidades máis altas.
- O ollador poderá indicar os xogadores que teñen bos niveis iniciais en dúas habilidaes. Isto podería ser unha indicación de candidatos a xogadores multi-skill.
- Nalgúns casos a Especialidade será comentada.
- Nalgúns casos o valor da Personalidade será comentado.

* Os informes do adestramento serán remodelados.

- O adestrador dará o nivel de habilidade dun xogador do equipo para cada tipo de adestramento que escollas. Se adestras anotación, o valor actual de anotación dun xogador do equipo será indicado. Se tes o mesmo adestramento principal e secundario, só recibirás datos dun xogador. Hai tamén posibilidades de recibir información do máximo potencial neste tipo de adestramento.
- Se a diferenza entre o nivel de habilidade actual e o potencial ("O que resta por adestrar") baixa a menos dun nivel completo de habilidade, será notificado. Esta notificación tamén aparecerá cando queden 2 ou 3 niveis por adestrar.
- Teredes a posibilidade de coñecer o total de adestramento dun tipo que lle resta a un xogador.
- Se un xogador adestrou pero non mellorou nada ("Acadou o seu potencial") sempre será notificado.
- O adestrador poderá dicirche a Especialidade do xogador, ou se o xogador non ten Especialidade.
- A personalidade do xogador podería ser notificada.

De novo, esta non é unha lista final e poderíamos engadir ou eliminar algunhas destas notificacións, pero a idea xeral é que será máis doado evaluar a información e, nalgúns casos, será máis sinxelo predicir o tipo de información que será reportada segundo as eleccións do manager.

Como resumo, pensamos que a nova Academia de Xuvenís revisada funcionará máis preto das nosas intencións iniciais para o sistema. Permitiravos decidir que tipo de xogadores queredes crear para o voso equipo, e escoller entre adestrar moito uns poucos xogadores ou subir moitos xogadores con niveis preto dos do "vello" sistema. Agorá, a elección estará nas vosas mans. A rañala raparigos!
 
Server 071