Usamos galletiñas (cookies)—axúdannos a proporcionarche unha mellor experiencia online.
Ó usares o noso sitio web, aceptas que poidamos gardar galletiñas—cookies—e acceder a elas no teu ordenador.

O mundo »   Novas 

Novas

12-18-2007 Editorial: O noso home na Masters, parte II

A quinta rolda da Masters xogouse onte pola tarde, e os cuartos de final terán lugar o Xoves. Noflik(1372915) segue a guiarnos a través desta edición da Masters, onde estamos a unha semana da loita final polo título.
5ª Rolda

A 5ª rolda estivo moi parella, e a metade dos encontros remataron cunha diferencia de só 1 gol. Pero non tódolos encontros estiveron igualados, o Boca JBA esmagou ó united min cun 6-1, e o Sini Zverove foi capaz de derrotar ó Kastelin por 8-1.

Aínda que o resto dos encontros estiveron igualados cara ó final, só 1 rematou despois do tempo regulamentario. O Camiseta Blanquirroja foi o equipo gañador, cun 4-3 contra un Fon Utd FC que tivo moi mola sorte. O Fon Utd FC estivo a dominar durante todo o encontro, pero 2 lesións déronlles opcións ós seus rivais. O Spiroezie tivo o segundo enfrontamento seguido contra un equipo ucraíno, o FC Granit xogou un encontro xenial pero non puido parar as contras dos visitantes: 2-3.

O Trondheim Thunder armou unha boa, se miramos os cartos. O seu rival o Quirin paga máis do dobre de salarios, pero tivo que tragar cunha derrota por 3-0. O FK Pirates venceu a outro dos (para algúns) favoritos de novo, esta vez foi o Alderwood Chiefs o que amosou a súa debilidade: 2-1. O King Akre estivo preto do Diesel 1. FC, pero permitiulle anotar 2 goles nos últimos 10 minutos e perdeu por un doloroso 1-4. O Romasz, definitivamente un dos favoritos dende o comezo, tivo un encontro igualado de novo. O seu rival o Garristop empregou unha presión abafante, causándolle ó Romasz unha tarde incómoda. Só a 12 minutos do final chegou o gol da vitoria do Romasz, 2-1.

Os Cuartos de Final por suposto amosarán grandes encontros, xa que só quedan 8 equipos dos 193 que iniciaron o torneo. Os 2 encontros máis interesantes serán probablemente os que enfronten a Spiroezie co sempre sorprendente FK Pirates, e o enfrontamento dos, ata o de agora, dous mellores equipos: Boca JBA e Sini Zverove.


Cuartos de Final

O Romasz tivo por primeira vez unha vitoria cómoda. Despois dunha serie de vitorias axustadas, o derradeiro equipo "non europeo", o Camiseta Blanquirroja foi derrotado por un duro 8-0. O FK Pirates pola súa parte tivo que presionar de novo, e os seus rivais o Spiroezie foron os máis fortes no mediocampo. Ningún dos dous equipos foi quen de controlar a defensa do outro, pero iso non impediu anotar ó Spiroezie, e gañar por 4-0.

O Trondheim Thunder pensou que era necesario xogar ó contraatque, o que provocou que o Diesel 1. FC tivese unha morea de oportunidades. O Trondheim Thunder foi quen de poñerse por diante pero, a pesares da súa forte defensa, caeu por 3-1. Os equipos que máis gastan, o Boca JBA e o Sini Zverove enfrontábanse hoze. O Boca JBA tamén xogou ó contragolpe, o que os fixo máis vulnerables que perigosos. O Sini Zverove púxose 2-0 doadamente, pero o Boca JBA meteuse de novo no encontro despois de que un dos seus dianteiros dese un chimpo impresionante para anotar dun testarazo. No segundo tempo o Boca JBA anotou o 2-2 a pesares de ter só 10 xogadores no campo, e como ese foi o único tanto na segunda metade, houbo que ir á prórroga. O tempo engadido non durou moito, xa que ós 3 minutos o Boca JBA anotou o gol de ouro para deixar fóra ó Sini Zverove.

As semifinais enfrontan ó Diesel 1. FC contra o Spiroezie, e a batalla dos cartos entre o Romasz e o Boca JBA. Xa estamos a só dous encontros de saber o gañador desta edición da Masters!


Semifinais

Diesel 1. FC – spiroezie
O Diesel 1. FC foi o equipo checo encargado de chegar ás semifinais esta edición, no que xa parece unha tradición. A súa estratexia consistiu en defender e presionar ó seu rival o Spiroezie, que optou por un forte mediocampo para obter o maior número posible de ocasións. Deste xeito tivemos unha primeira metade na que os visitantes estiveron a piques de poñerse por diante, pero o Diesel 1. FC mantivo a raia ós seus rivais e incluso foi quen de ter algunha oportunidade. No segundo tempo máis do mesmo, agás porque o dianteiro mercenario do Spiroezie, Karsten Bomers, anotou un gol no minuto 62. O 0-1 final pode facer pensar que foi un encontro aburrido, pero sen dúbida foi unha experiencia moi estresante (interesante non, estresante) para os seareiros dos dous equipos.

Romasz - Boca JBA
Os dous equipos que gastaron millóns para chegar a esta rolda tiñan un enfrontamento directo, o Romasz mercou uns cantos xogadores máis para este encontro, deixando para o Boca JBA unha soa táctica, o contraataque. Aínda que o Boca JBA tiña un nivel de CA impresionante, o encontro nunca estivo igualado. Só lle levou 28 minutos ó Romasz poñerse cun 2-0 a favor, e se o ataque do Boca JBA non era dabondo para anotar un gol, moito menos para anotar 3. En só 8 minutos da segunda metade o encontro xa estaba decidido, o Romasz vencía por 4-0 e o Boca JBA tiña que asimilar a derrota. O resultado pareceu contentar ó Romasz, que aguantaron o resto do encontro ata o 4-0 final.

Non esquezades conectarvos para a final da HT Masters entre a táctica (Spiroezie) e os cartos (Romasz) o vindeiro xoves ás 20:00 hora HT. Que sexa un encontro interesante, e boa sorte para os dous equipos.


FINAL

Despois de 7 roldas e a eliminación de 191 equipos era a hora da final da Hattrick Masters. Os campións polacos do Romasz eran uns dos favoritos de antemán, tras ter gastado unha morea de pasta para prepararse para a Masters. Os campións de copa do spiroezie chegaron á final dun xeito algo sorprendente, despois de ter gañado por só un gol en 4 ocasións, decidíndose unha delas na prórroga.

Os dous equipos decidiron saír con todo o que tiñan a polo partido, sen presión nin contraataque. Tardou 17 minutos en pasar algo, e foi un gol para o Romasz, 1-0. A primeira metade pasou como se agardaba, o Romasz creou unha morea de ocasións, e por fin acadou o 2-0, o segundo tanto de Kazanowski. O que non se agardaba era que o spiroezie fose o equipo con maior posesión de balón. No segundo tempo o spiroezie tivo unha ocasión para manter vivo o soño, pero a defensa do Romasz foi un muro. O encontro rematou cando o fero extremo do spiroezie Kilpatrick recibiu o seu segundo cartón amarelo. O Romasz defendeu con acerto a súa vantaxe de 2-0, convertíndose nos novos Masters de Hattrick. O seu rival o spiroezie fixo un fenomenal traballo, pero non foi dabondo ó final. Parabéns para o manager Romajack do Romasz!

A Masters desta tempada estivo moi disputada, e amosou que tanto os cartos como as tácticas poden levar ó éxito. Agardemos que a vindeira tempada teñamos unha batalla aínda máis dura! Gustaríame agradecer a todos o tempo empregado en ler cada actualización, ó equipo de HT por darme a oportunidade de escribir sobre a Masters, e por suposto ó equipo de LA's polas súas traducións.
 
Server 070