Usamos galletiñas (cookies)—axúdannos a proporcionarche unha mellor experiencia online.
Ó usares o noso sitio web, aceptas que poidamos gardar galletiñas—cookies—e acceder a elas no teu ordenador.

O mundo »   Novas 

Novas

1-28-2008 Editorial: Na vindeira tempada: saques de falta indirectos e disparos de lonxe

Na vindeira tempada introduciremos os saques de falta indirectos no Hattrick. En diferenza ás variantes xa existentes de xogadas a balón parado, os saques de falta indirectos non dependerán dun único lanzador, senón dun traballo en equipo. Ademais das faltas indirectas, engadiremos un novo tipo de táctica de equipo, chamada "Disparos de Lonxe". Esta táctica usará un mecanismo de xogo semellante ao das faltas indirectas.

Proxectamos lanzar esta característica só nos amigábeis para a tempada que comeza en Febreiro de 2008, xa que logo tomará vida en encontros oficiais na seguinte tempada. Nese intre, faremos ademais que a habilidade de balón parado se axuste a outras habilidades do Hattrick no xeito de como se adestra, e tamén en como esta habilidade vai perdendo nivel cos anos. Por último, engadirémoslles un lixeiro custo aos salarios por esta habilidade.
A día de hoxe, o Hattrick ten dous tipos de eventos de balón parado, os saques de falta directos e os penaltis. Ámbolos dous funcionan do mesmo xeito, fan competir a habilidade individual de balón parado do lanzador contra o gardameta. No lanzamento, os outros xogadores non teñen influenza. Engadiremos un novo tipo de de balón parado para isto: os saques de falta indirectos. Este funcionará como un traballo en equipo. Isto significa que o xogo sumará as habilidades dun número de xogadores, e fará isto tanto cando teñan que marcalos coma cando haxa que defendelos. O tirador e o gardameta seguirán sendo importantes, pero agora coma un eslabón máis na cadea.

A principal razón deste cambio é ampliar o uso da habilidade de balón parado, mentres tamén lle damos á simulación dos encontros máis profundidade e unha posibilidade táctica. Ademais nós non pensamos que actualmente o balón parado funcione todo o ben que desexamos. Simplemente ter a un porteiro de alto nivel fai moi difícil que o equipo contrario anote un saque de falta. Cos saques de falta indirectos, o equipo enteiro necesita estar preparado para defender o saque da falta. Unha consecuencia disto é que determinadas tácticas "extremas", tales como usar un mediocampo moi forte pero sen defensa, serán bastante vulnerábeis a este tipo de faltas.

Ademais queremos crear novas utilidades para as habilidades secundarias no motor do xogo. Cos saques de falta indirectos e os disparos de lonxe, haberá unha razón para adestrar balón parado, defensa e anotación nas novas categorías de xogadores. Despois deste ano, complementaremos os saques de falta directos e indirectos cunha variación a maiores do balón parado, os saques dende o curruncho (córners). Os córners serán tamén un evento de traballo en equipo, e engadirá un pouco máis de valor á habilidade de balón parado do teu equipo.


Como conseguir saques de falta e penaltis

En xeral, os eventos de balón parado ocorrerán cun pouco máis de asiduidade que a día de hoxe. Os eventos de balón parado que xa existen (penaltis e saques de faltas directos) ocorrerán aproximadamente o dobre de veces como probabelmente ocorra tamén cos novos saques de falta indirectos. Todos os eventos anteriores están considerados como ataques "normais", non como un evento especial no encontro.


Saques de falta directos e penaltis

As faltas directas e os penaltis funcionarán dun xeito moi semellante a como o fan hoxe en día. Os gardamallas sufrirán un cambio no seu propósito de atallar unha falta directa ou un penalti. A súa habilidade para facer isto, agora tamén terá en conta a súa habilidade de balón parado. Ter un gardamallas cun bo nivel na defensa de faltas directas e penaltis implicará ter ámbalas dúas habilidades: portería e balón parado.

Esta vantaxe para algúns gardamallas será compensada no sistema polo feito de que os gardamallas por si mesmos non serán capaces de ser o primeiro tirador de faltas do equipo. Se un gardamallas é asignado coma o tirador de faltas nun encontro, el non será usado coma tal. Outro xogador ocupará o seu lugar, seguindo as mesmas regras de tiradores de faltas que xa existen. No embargante, os gardamallas si que serán capaces de participar nos lanzamentos de penaltis.

Saques de falta indirectos

O resultado das faltas indirectas decidirase polo traballo en equipo máis que pola habilidade individual. A eficiencia do equipo en ataque decidirase pola media dos xogadores de campo (todos menos o gardamallas) nas habilidades de balón parado e anotación. A maiores disto, a habilidade de balón parado do tirador de saques de falta terá un valor extra engadido.

A habilidade de balón parado do equipo atacante compararase coa do equipo que defende. A defensa estará baseada na media das habilidades de defensa e de balón parado de todo o equipo agás a do gardamallas. Estes últimos terán un valor extra e defenderán usando as súas habilidades de balón parado e portería.

Se un equipo supera ao outro, por lóxica, a súa posibilidade de anotar (ou defenderse do gol) medra. Os niveis de ataque e defensa calcúlanse de xeito semellante nos eventos de ataque normais. A principal diferenza é que agora ten importancia o equipo enteiro.

Este deseño dá a vantaxe aos equipos que están especializados en mellorar o balón parado, a anotación e a defensa no equipo enteiro. Por outra banda, non ter en conta en absoluto os saques de falta indirectos
tamén será unha opción. Despois de todo, só serán unha pequena proporción das oportunidades de acadar gol no Hattrick. E incluso cun nivel baixo conservarás aínda algunha capacidade para marcar nestas situacións.

Táctica "Disparos de lonxe"

A nova táctica "Disparos de lonxe" será unha alternativa para os equipos que teñen problemas de convertir a súa posesión en goles. Usando está táctica un equipo convertirá algún dos seus eventos normais en eventos "Disparos de lonxe". O equipo simplemente sae coas instruccións de "facer tiros de lonxe" con máis frecuencia da normal, máis que a través de xogadas de ataque completas.

De xeito semellante a como funcionan as faltas indirectas, os disparos de lonxe dependerán da media das habilidades de balón parado e anotación do equipo. Isto decidirá a súa capacidade para procurar, e conseguir, un disparo de lonxe no intre axeitado. Se disparades nun momento erróneo, poderiades interromper un ataque que finalmente acabaría nun gol real, no lugar dun disparo de lonxe con poucas posibilidades de acadar gol.

Calquera xogador no terreo de xogo é un potencial tirador de faltas, agás o gardamallas, pero a posición no campo afectará na probabilidade de quen e cando xutará. Os mediocentros e os extremos teñen dúas veces máis probabilidades de tocarlles un disparo de lonxe que os defensas ou os dianteiros.

O xogador que execute o disparo de lonxe necesita balón parado e anotación. Para facer un bo disparo, ámbalas dúas habilidades son necesarias, de feito reforzaranse unha á outra. Tendo un nivel moi alto nunha habilidade, pero moi baixo na outra, fará que teñades un lanzador de disparos de lonxe menos eficiente que se tiverades un nivel razoábel en ámbalas dúas habilidades. A calidade do disparo de lonxe decidirase tanto polo xogador que fai o xute coma pola calidade da xogada, que no seu momento dependerá da capacidade do equipo como se describiu anteriormente. A defensa terá a posibilidade de bloquear un disparo de lonxe. As súas probabilidades para facelo dependerán do seu nivel de defensa normal, e tamén en como de alto é este nivel comparado con outras partes do equipo. Os equipos centrados na defensa serán máis eficientes no bloqueo dos disparos de lonxe.

Adestramento

O balón parado adestrarase como calquera outra habilidade en relación ao seu nivel e á idade. Non obstante, o máximo aumento dunha habilidade por semana será un nivel. Este límite só será importante cando se adestre balón parado con niveis da habilidade baixos. Este cambio comezará a vindeira tempada, que terá o seu inicio en Febreiro de 2008.

Baixada de nivel da habilidade

A baixada da habilidade de balón parado calcularase en función do seu nivel e da súa idade, tal e como ocorre actualmente coas outras habilidades. Isto significa que as habilidades con niveis máis altos baixarán máis rápido, debido a súa idade e a ese alto nivel, do que o fan hoxe en día. Todo isto se compensará diminuíndo o nivel de balón parado que se necesita para ter unha alta probabilidade de marcar nos saques de falta e penaltis. Este cambio tamén comezará a utilizarse na vindeira tempada, en Febreiro de 2008.

Salarios

Ao comezo da vindeira tempada o balón parado afectará aos salarios. O seu efecto será progresivo con respecto ao seu nivel. Un balón parado "divino", por exemplo, terá un incremento do seu salario dun 5%. O efecto en xeral espérase que estea ao redor dun 2%. Este cambio, ao igual que os anteriores, comezará na vindeira tempada (Febreiro de 2008).
 
Server 070