Usamos galletiñas (cookies)—axúdannos a proporcionarche unha mellor experiencia online.
Ó usares o noso sitio web, aceptas que poidamos gardar galletiñas—cookies—e acceder a elas no teu ordenador.

O mundo »   Novas 

Novas

2-12-2008 Editorial: Cancélase a reserva de entradas para o rival - Adestramento baseado en minutos

A vindeira tempada comeza xa en dúas semanas e os seareiros están desexosos de contarvos as súas expectativas. Pero antes diso hai algunhas cousiñas que vos queremos contar. En primeiro lugar, démoslle voltas á cabeza sobre a opción de enviar entradas ao equipo contrario e decidimos dar marcha atrás e non engadir esa opción.

En segundo lugar, na vindeira tempada cambiaremos o xeito no que se calculan os adestramentos. Estarán baseados nos minutos e dependerán de cantos minutos dispute un xogador nunha determinada posición durante a semana, no canto de estar baseados só na última posición. Este cambio non só é bo para o futuro, tamén fai máis doado para os novos usuarios comprender o funcionamento do adestramento, e inda que poda semellar un cambio drástico non afectará o xeito actual de adestrar da maioría dos managers.
No mes de Nadal anunciámosvos unha nova sobre como funcionarían as expectativas dos seareiros. En breve seredes capaces de ver o que os vosos seareiros agardan do equipo. Asemade, tamén vos anunciamos algúns cambios sobre como funcionaría a asistencia ao campo e a vantaxe de xogar como local. Pero dende aquela temos cambiado de opinión ao respecto dunha das novas características como é a reserva de entradas, a cal afectaría tamén á vantaxe de xogar como local. Ademais hai un incremento no prezo das entradas e outros dous cambios pendentes, pero imos ir paseniño:

Reserva de entradas ao equipo contrario
Decidimos non introducir esta posibilidade, polo menos neste intre. A razón desta volta atrás é que se engadiría un elemento innecesario de complexidade, máis aínda pensando que non xogaría un papel importante no xogo.

Vantaxe do equipo local
Coma xa non seredes capaces de reservar entradas, a vantaxe do equipo local non sufrirá ningún cambio, inda que cunha excepción, que o equipo local nun derbi aumentará unha pequena parte esa vantaxe, sobre a metade da vantaxe normal. A principal razón deste cambio de opinión é que os equipos, que teñen a un equipo máis forte da súa rexión no seu grupo, están en desvantaxe respecto aos equipos doutras rexións. O equipo máis feble nun derbi normalmente está condeado a perder, mentres ese mesmo equipo nun encontro normal aínda ten algunha posibilidade de gañar na casa grazas a súa vantaxe como local. Con este cambio, mantemos o sentimento de derbi e asemade dámoslle ao equipo máis feble do derbi algunha posibilidade a maiores de gañar, polo menos cando xoguen na casa.

Os prezos das entradas soben para os asentos baixo teito
A vindeira tempada venderanse moitas máis entradas en asentos baixo teito (a cuberto) nos días con chuvia e nubrados, e polo contrario venderanse menos asentos non cubertos. Ademais, o prezo das entradas de asentos baixo teito aumentará a 18 euros.

Os xa anunciados cambios na resistencia
Na nosa editorial do 8 de Outubro de 2007 anunciamos dous cambios, relativos á resistencia, os cales ían ser implementandos durante a actual tempada. Isto, como saberedes, nunca ocorreu e vai sendo hora de darvos información sobre elas:
• "O nivel de resistencia afecta ao adestramento": non se implementará.
• "As lesións dependen da resistencia, pero a recuperación das lesións son máis rápidas": tampouco se implementará, pero aínda estamos a darlle voltas á cabeza e cando haxa tempo botarémoslle unha ollada ao tema das lesións.

Os adestramentos baseados en minutos
Na vindeira tempada, a cantidade de adestramento que un xogador reciba dependerá de cantos minutos xogou no seu equipo durante a semana. A razón para este cambio é sobor de todo para preparar a futura posta en marcha das substitucións planificadas, pero tamén significa que haberá un sistema de adestramento mellor e máis lóxico en lugar do actual sistema que é moi pouco intuitivo, xa que só a última posición tense en conta para o adestramento. A maiores, terá efectos prexudicando a compravenda a esgalla.
Mentres isto pode soar como un cambio drástico e xigante, realmente non cambia tanto as nosas vidas nin a planificación. A maioría dos managers aínda adestrarán aos seus xogadores como fixeron sempre, só en tres circunstancias especiais o adestramento baseado en minutos diferenciase do sistema actual:

• Os xogadores mancados dende agora recibirán adestramento polo tempo que eles xogaron durante a semana, sen importar o nivel da lesión.
• Un substituto que entra no campo (ou un xogador que se foi aos vestiarios) só obterá adestramento polo tempo que xogou.
• Os xogadores só recibirán adestramento polos encontros xogados co equipo ao que pertence no momento en que se realiza o adestramento. Isto significa que se o Martes pola mañá mercades un xogador que disputou o encontro de Liga co seu anterior equipo, aínda teredes que aliñalo na posición que adestra no voso encontro amigábel ou de copa se queredes que reciba o adestramento semanal.

Isto limitará o excesivo, e case que industrial, uso do "skill trading" onde se mercan xogadores antes do adestramento e póñense á venda despois de incrementar a habilidade, sen chegar a xogar ningún encontro nese equipo.

Como funcionarán os adestramentos baseados nos minutos?
Un xogador pode recibir 90 minutos de adestramento como máximo durante unha semana (90 minutos corresponden a un adestramento completo no sistema actual), e a posición na que sexa posto un xogador todavía segue sendo importante. Xogar máis de 90 minutos na posición que se adestra non lle dará máis adestramento. Xogando menos, por exemplo 50 minutos, daralle menos adestramento, neste caso 50 minutos sobre 90.

Algúns exemplos para o equipo A (adestrando extremo):
• O xogador X disputa 90 minutos como extremo na Liga e non xoga o amigábel. Recibe 90 minutos (completo) de adestramento de extremo.
• O xogador Y disputa 90 minutos como extremo na Liga e 90 minutos coma dianteiro no amigábel. Recibe 90 minutos (completo) de adestramento de extremo xa que xogou 90 minutos como extremo durante a semana.
• O xogador Z disputa 40 minutos como extremo na Liga e 90 minutos como dianteiro no amigábel. Recibe 40 minutos de adestramento de extremo e 50 minutos de adestramento residual.
• O xogador W disputa 90 minutos como extremo na Liga para o equipo B, e entón se traspasa ao equipo A onde disputa 90 minutos como dianteiro no amigábel. Recibe 90 minuto de adestramento residual, xa que só recibe o adestramento dos encontros xogados polo equipo ao que pertence.
• O xogador V disputa 50 minutos como extremo na Liga e 90 minutos como defensa lateral no amigábel. Recibe 50 minutos de adestramento de extremo (completo) e 40 minutos a maiores do mesmo adestramento a 'media' velocidade.

Bloqueo do Adestramento
Esta función será deseñada para equipos que queiran adestrar unha certa habilidade do seu equipo, pero senten que non poden facer iso xa qe teñen un xogador estrela que chegaría a ter un salario demasiado elevado. O bloqueo do adestramento significa que podes elixir non darlle a un xogador o adestramento completo, inda que xogara na posición que adestra durante esa semana. Esta característica non estará para o comezo da vindeira tempada, pero agardamos poder sacala nalgún momento durante o desenrolo da mesma.
 
Server 070