Usamos galletiñas (cookies)—axúdannos a proporcionarche unha mellor experiencia online.
Ó usares o noso sitio web, aceptas que poidamos gardar galletiñas—cookies—e acceder a elas no teu ordenador.

O mundo »   Novas 

Novas

3-18-2008 Editorial: Revisión das expectativas dos seareiros

As novas expectativas dos seareiros cambiaron o xeito no que os teus seareiros reaccionan aos resultados dos partidos. Como consecuencia disto tamén se cambiou a dinámica de asistencia ao teu estadio, o que de feito era unha das intencións que tiñamos para facer o cambio. Pero tende claro que lle estamos a botar unha ollada ás fórmulas para estar seguros de que todo funciona como queriamos. Algunhas cousas, como o menor número de asistentes do que estabades acostumados, xa as esperabamos. Outras cousas precisan dunha mellora máis en profundidade, coma por exemplo as expectativas dos seareiros para a copa.
Como houbo tantos usuarios informando de entradas máis baixas do que era normal durante estas primeiras semanas, queremos sinalar que esta era unha consecuencia esperada do novo sistema. As expectativas dos seareiros foron deseñadas para reducir os cambios drásticos no seu comportamento, como cando soamente reaccionaban ao último partido xogado. Neste momento, ao principio da tempada, moitos equipos estaban afeitos a subir rapidamente o ánimo dos seareiros cun par de vitorias fáciles na copa. Coas novas expectativas dos seareiros, eles terán unha visión máis realista desas vitorias. Como consecuencia, o seu ánimo non sobe tan rápido e isto tamén ten a súa influencia nas asistencias aos partidos de liga. Máis avanzada a tempada, cando o ánimo dos seareiros xa estea subido e cando moitos equipos teñan adaptado o seu estadio, con máis asentos baixo teito, en xeral notaremos unhas asistencias aos estadios maiores do que temos visto ata o momento.

Menor impacto dos seareiros visitantes
No pasado, cando tanto os seareiros do equipo local coma do visitante estaban cun bo ánimo, notabamos unhas asistencias aos partidos moi altas e isto era típico poder velo xa en moitos dos encontros do principio da tempada. Estes encontros teñen menos espectadores esta tempada, xa que o impacto dos seareiros visitantes é menor hoxe en día.
Por outro lado, os partidos nos que os seareiros visitantes estaban anoxados (pero os locais estaban felices) terán agora máis asistencia do que antes esperabamos. Pero a maioría deses partidos non se xogan ao principio da tempada, inda están por chegar.

As primeiras xornadas teñen menos importancia
Tamén terás que ter en conta que aos teus seareiros non lles importa tanto o resultado das primeiras xornadas de liga. A importancia do resultado nas súas expectativas crece cada semana ao principio da tempada, o que tamén significa que se tarda un pouco máis en chegar a un estado de euforia neses momentos. Esta subida do interese é un modo de diminuír a importancia do calendario de liga – sen este mecanismo, un equipo que comezaba en casa tiña unha teórica vantaxe ao longo da tempada, comparándose cos seus rivais que comezaban a liga cun partido fóra da casa. Hoxe en día, non hai moita diferenza na orde en que xogues os encontros, son os resultados os que importan realmente.

Os ingresos son case iguais
Xa falamos abondo do ánimo dos seareiros e da asistencia, pero as recadacións son o que realmente importa. Poderías pensar que as asistencias máis baixas levarían a ingresos máis baixos, pero en realidade nada fai pensar iso por regra xeral. A media de ingresos no sistema permaneceu igual, e incluso subiron un chisco. Non obstante, nas ligas máis grandes que temos consultado as recadacións baixaron ao redor dun 5%. O que podemos ver é que os equipos que xogan nas 5 primeiras divisións dentro de países grandes están a facer menos cartos comparando coa tempada pasada, mentres que os equipos que están nas divisións máis baixas están a ter os mesmos ingresos, ou incluso maiores. A principal razón de todo isto é que os seareiros dos equipos de divisións máis altas están a ter unha visión máis realista dos encontros de copa gañados facilmente (como xa explicamos antes), pero hai outra razón como é a riqueza deses equipos. Continuaremos ollando os efectos económicos deste cambio, especialmente coma os equipos modifican os seus estadios e constrúen máis asentos baixo teito durante esta tempada.

Axuste das expectativas na Copa
Un problema que temos ollado e que arranxamos agora para a cuarta rolda da Copa, estaba no cálculo das expectativas dos seareiros para os encontros de copa. Os equipos de ligas grandes estiveron en desvantaxe, xa que as expectativas foron calculadas baseándose nas expectativas da Liga (entre outras cousas tiñan en conta a diferencia en número de divisións entre dous equipos). Un equipo na división II en Alemaña que lle toca contra un equipo de VI está de feito tocándolle un equipo de nivel medio na súa Liga, mentres que un equipo da división II en Venezuela que xoga contra un VI está a facelo contra un equipo da última división.

Agora temos engandido un factor para evitar isto nas expectativas dos seareiros, que lles fará entender mellor contra que equipos xogan na copa. Isto eliminará as diferenzas entre países con diferentes tamaños, facéndoo máis realista e máis equilibrado.
 
Server 071