Novas
12-19-2005
Editorial: Hattrick Masters!
Énchenos de ledicia anunciar unha novidade longamente debatida e desexada: a Copa Internacional Hattrick Masters. Trátase dunha nova competición internacional para os mellores equipos de Hattrick. A nova competición afectará á meirande parte dos equipos dalgún xeito, así que asegúrate de que estás preparado para as novidades.
O tema dunha competición internacional foi debatido durante anos nos foros. Foi suxerido en múltiples ocasións en diversas enquisas e suxerencias, pero nunca antes fumos capaces de atopar un formato adecuado e o tempo para implementalo. Pero chegou o momento da Hattrick Masters.
O primeiro tema é no tocante ao que afecta á meirande parte de equipos en Hattrick: Co gallo de introduci-la Hattrick Masters no calendario, a Copa Nacional fará un pequeno descanso no punto intermedio da tempada, polo que o encontro correspondente á oitava rolda da copa será xogado unha semana máis tarde. Isto significa que as copas nacionais rematarán unha semana máis tarde que ata o de agora. Tódolos equipos, incluindo aos que permanezan na copa a esas alturas e tamén os participantes na Hattrick Masters, poderán xogar encontros amigábeis esa semana.
A Hattrick Masters é só para gañadores. De cada liga só participarán os gañadores da división máis alta e da Copa nacional. Se un equipo consegue o dobrete, só ese equipo participará na Hattrick Masters dende esa liga. Ata un máximo de 256 equipos compoñerán o calendario, número que podería variar no futuro se medrase o número de equipos con dereito a participar na competición. Os equipos que participen na Hattrick Masters poderán participar tamén na Copa nacional. A Hattrick Masters é un engadido, e non un remprazo da Copa nacional.
Durante a semana da Hattrick Masters os encontros xogaranse de forma intensiva. Comezando a mañá do luns ás 08:00 hora-HT, as seguintes roldas serán xogadas cada 12 horas. Se o número de participantes é de 256 equipos, xogaríanse oito roldas, sendo a final o Xoves ás 20:00. Así, para os mánagers desexosos de convertirse nos mellores, poderían ser necesarios certos sacrificios na vida real.
Económicamente, queremos premiar ao gañador da Hattrick Masters e, ao mesmo tempo, non queremos que o gañador acade unha vantaxe demasiado grande sobre o resto de equipos da súa liga. O premio monetario será o mesmo que o da Copa nacional. Isto, unido aos ingresos por vendas de entradas, significará unha boa recompensa para os equipos que acaden chegar ás últimas roldas.
Non darei máis datos sobre a Hattrick Masters aquí. Podedes ler tódalas regras vencelladas con esta novidade na
Páxina da Hattrick Masters.
Dentro de oito semanas despois do comezo da vindeira tempada veremos quen é o mellor mánager de Hattrick. Apenas podo agardar polo momento. E ti?