Usamos galletiñas (cookies)—axúdannos a proporcionarche unha mellor experiencia online.
Ó usares o noso sitio web, aceptas que poidamos gardar galletiñas—cookies—e acceder a elas no teu ordenador.

O mundo »   Novas 

Novas

3-17-2009 Editorial: Un bo feixe de melloras para o Supporter

A verdade é que estamos ben orgullosos de presentarvos esta gran mellora no noso paquete de Supporter. Durante o último ano estivemos mellorando a funcionalidade da páxina e tentando estabilizar o acceso á mesma, e con grande éxito, na nosa opinión. Hoxe o portal está funcionando moi ben (o que esperamos e cremos que notarías). Con esta bagaxe un síntese realmente ben ao presentar agora un bo feixe de novas para vós, os nosos Supporters, que fixestes que todo isto fora posíbel.

Dentro das melloras atoparás o Cara a cara, unha impresionante ferramenta que che axudará a aforrar tempo ao analizar o teu rival. Tes tamén a opción de crear filtros de busca no mercado de traspasos e crear tamén as túas propias ligazóns dentro da páxina. Tamén poderás empregar a linguaxe HT-ML para os anuncios de prensa e os libros de visitas; unha ferramenta que che permitirá compartir os teus deseños de uniformes; algunhas melloras para as federacións… e aínda máis cousas!
Realmente non nos quedariamos curtos se dixéramos que os nosos Supporters e o paquete de Hattrick Supporter son moi importantes para nós. Son eles quen fai posíbel que o Hattrick siga funcionando como un xogo de balde para a gran maioría dos nosos usuarios, e é grazas a todos eles que podemos continuar desenvolvendo e mellorando o xogo. Durante o último ano fixemos unha das máis importantes melloras de todos os tempos na páxina de Hattrick: reescribimos por enteiro o código web, vestíndoo despois cun novo deseño máis moderno e acompañándoo con melloras tamén no noso equipo hardware. O resultado de todo isto foi unha páxina moi estable, funcional e con moita fiabilidade; así que cremos que ese esforzo foi moi ben investido. Incluímos algún engadido realmente bo para a estrea do novo deseño, pero antes de centrarnos en novos proxectos sentiamos que debiamos poñer en práctica algunha das ideas que tiñamos pensadas para vós, os nosos Supporters, que de sempre tanto estades facendo por nós. Estas son as melloras que vos presentamos agora, acompañadas polo noso máis sincero agradecemento:

Cara a cara
Perfeccionamos o antigo Cara a cara para convertelo nunha fantástica ferramenta de planificación dos partidos. Dáche unha completa visión dos teus próximos rivais, facilitándote a análise e preparación dos partidos. Poderás saber dun só golpe de vista se os seus xogadores están lesionados ou se ten algún sancionado, os traspasos que fixo nos últimos días e moito máis. Atoparás esta nova función facendo clic nun dos teus futuros partidos. A primeira pestana, a do encontro, é visíbel para todos. As seguintes, estado, últimos encontros e historial son exclusivas para os Supporters.

Crear e editar as túas propias ligazóns
Como Supporter podes personalizar as ligazóns que tes na esquina superior dereita da páxina. Agora podes editalas como queiras, cambiándolle a orde, elixindo as que queres que se amosen e ademais crear as túas propias ligazóns. É ben sinxelo! Soamente tes que arrastrar e recolocar as iconas do xeito que queiras.

Crea os teus filtros de busca de traspasos personalizados
A partir de agora terás a opción de crear os teus propios perfiles de busca e incluso gardar a túa busca personalizada. Pensamos que pode serche moi útil e un aforro importante de tempo, se queres facer a mesma busca un día tras outro.

Miradoiro de traspasos
Se algún dos xogadores que gardas na lista de favoritos sae á venda terás unha mensaxe informándote no apartado de O meu hattrick. Tes entón a opción de poñelo no Miradoiro de traspasos, o que significa que poderás ver o progreso nas poxas da súa venda, facéndoche máis sinxelo coñecer e seguir a súa evolución no mercado.

Garda aliñacións predeterminadas para os partidos
Coas opcións da aliñación serache máis sinxelo e rápido cambiar, por exemplo, entre a túa mellor aliñación e os teus reservas cando queiras preparar as ordes dos partidos. Podes atopar esta ferramenta na parte inferior do formulario de ordes. Tamén podes gardar algunha das aliñacións dalgún dos teus partidos anteriores e empregala para un partido futuro (para usar esta ferramenta garda primeiro as ordes dun partido, volve a entrar no formulario de ordes e xa a atoparás na lista para gardala). As ordes que establezas para os xogadores tamén se incluirán na aliñación gardada.

Compartir un deseño de uniforme do equipo
Temos visto deseños de uniformes incribles dende que presentamos o novo Deseñador de uniformes en decembro e agora esperamos ver aínda máis! Agora podes compartir os teus mellores deseños coa comunidade, ou deseñar unha edición limitada para un só ou para uns poucos equipos. Para aqueles de vós que aínda non tivestes tempo, interese ou o coñecemento suficiente para deseñar o voso propio conxunto disporedes dun bo "fondo de armario" de uniformes para elixir entre eles.

Melloras para as federacións
Estivemos traballando un chisco nas federacións e fixemos que a páxina dos membros fora máis interesante. Agora tes á túa disposición máis información dos teus compañeiros de federación: as súas bandeiras dos seus países, os nomes dos equipos e as súas clasificacións nas respectivas ligas, os seus últimos partidos e os seus últimos anuncios de prensa… Tamén incorporamos un cadro cos últimos visitantes, un xeito máis rápido de ver os membros e un cadro coas palabras máis buscadas na páxina de procurar federacións.

Editar o teu retrato
Podes facer que o teu retrato persoal reflicta o teu propio estado de ánimo ou o contrario, como queiras. Podes cambialo establecendo como queres que sexan os teus ollos e boca. Tamén podes escoller a cor do pelo e da pel. Para poder elixir un retrato tes que activar nas preferencias a opción de amosar os retratos.

Bloquear usuarios
Se por algunha razón non queres que alguén sexa seareiro teu ou que escriba no teu libro de visitas podes engadilo á lista de usuarios bloqueados que atoparás na páxina de preferencias.

HT-ML para os anuncios de prensa e arquivo de correo
Nesta mellora do Supporter tamén queriamos facer posible que se puidera empregar a linguaxe HT-ML nos anuncios de prensa e nas firmas no libro de visitas. Aínda máis, agora podes salvar os correos enviados da queima meténdoos no arquivo de correo!

Non máis publicidade
Por último, pero non o menos importante, como Supporter agora non recibirás publicidade de ningún tipo. A nosa política até agora era que non se recargaban os anuncios, para facilitar a navegación pola páxina, pero agora decidimos ir aínda máis alá e prometerche que non terás ningunha publicidade. Reservámonos a posibilidade de anunciarvos aos Supporters algún produto de dentro do xogo (algún dos nosos produtos ou algunha mensaxe dalgún patrocinador puntual, por exemplo), pero verás tantos deses anuncios tan rutilantes e molestos coma papagaios no polo sur: ningún.
 
Server 070