Usamos galletiñas (cookies)—axúdannos a proporcionarche unha mellor experiencia online.
Ó usares o noso sitio web, aceptas que poidamos gardar galletiñas—cookies—e acceder a elas no teu ordenador.

O mundo »   Novas 

Novas

11-23-2009 Editorial: Abaixo cos bots!

A HFA (Hattrick Football Association) decidiu descender os equipos bot á división máis baixa posíbel ó remate desta tempada, ademais de impedir que poidan ascender. Pola contra, algúns de vós ascenderedes gratuitamente e ocuparedes os lugares que os bots deixan nas posicións superiores á vosa dentro da pirámide de ligas de Hattrick.

O propósito deste cambio é colocar ós bots na parte máis baixa do sistema de ligas, para que poidades xogar contra usuarios reais en divisións superiores, en vez de enfrontarvos a aburridos bots, o cal animará a competición e a túa experiencia como mánager.

Este novo (e permanente) sistema entrará en vigor dende a fin desta tempada, e será válido na división VI e inferiores (os bots da división V e superiores seguirán tendo as regras actuais). Segue lendo para coñecer tódolos detalles sobre este cambio.
É moito máis divertido xogar contra usuarios reais que xogar contra equipos robot. Os equipos bot teñen un papel importante no xogo, ben como equipos de transición, ben como recheo en ligas e divisións onde non hai un número suficiente de equipos reais. Pero nunca poderán substituír ó reto de enfrontarse á mente doutra persoa.

Por tanto, ó remate desta tempada introduciranse unhas novas e permanentes regras para o ascenso e descenso de bots, que ó mesmo tempo afectarán ós ascensos de equipos reais. Queremos que os equipos reais se enfronten entre eles (e que os bots tamén se enfronten entre eles) tanto como sexa posíbel. O novo sistema vai funcionar así:

Ascenso e descenso de bots:
Tódolos equipos bots da división VI e inferiores descenderán á división máis baixa posíbel. Independentemente de que rematen no primeiro, terceiro ou quinto lugar da súa liga, sempre descenderán ata o máis baixo. Por exemplo, se un equipo bot remata como segundo na división VII, pode ser descendido directamente á división X (sempre que esa división non estea completamente formada por bots). Só hai unha excepción: os bots que rematen primeiros nun grupo da división VI, ascenderán ou xogarán a promoción.

Isto significa, naturalmente, que os bots tampouco poderán ascender de categoría (excepto no caso mencionado anteriormente do ascenso de VI a V). O resultado de todo isto é fermoso: tódolos bots pasarán rapidamente ás divisións máis baixas, de onde nunca sairán.

Os equipos reais ocuparán as posicións dos equipos bots
Cando os equipos bot descendan, as súas prazas serán ocupadas por equipos reais. Polo tanto, aínda que non remates nun posto de ascenso existe unha posibilidade de subires. Sería un ascenso gratuíto, por chamalo dalgún xeito. Non obstante, só podes ascender unha división de cada vez.

Estes ascensos extra estarán baseados na clasificación da liga, do mesmo xeito que os ascensos normais. O equipo mellor clasificado da división VII (entre aqueles que non ascendesen directamente) será o primeiro en ocupar a plaza dun bot da división VI que descende, e así sucesivamente. Para a Copa, os equipos que consigan o ascenso extra tamén obterán a praza do equipo bot ó que substitúan (se o bot estivese clasificado para a Copa).

Non hai premios por ascenso
Se ascendes gratuitamente, non recibirás ningún premio en metálico por parte da HFA. Non obstante, os teus seareiros celebrarano coma un ascenso normal, e obterás un 10% máis de socios. Ademais, os teus seareiros serán pouco esixentes e non agardarán moito do equipo na división superior.

Os equipos que ocupen praza de descenso, baixarán
Ten en conta que os equipos que perdan a categoría, non a recuperarán. Se resultas ser o último na túa liga descenderás aínda que haxa bots que vaian ser descendidos na túa división (incluso na túa propia liga). Serán os equipos da división inferior os que ascenderán e ocuparán as prazas de ditos bots. A única excepción é se non hai máis equipos reais que ascender da división anterior. En tal caso, permanecerás na túa liga aínda que remates no derradeiro lugar.

As novas regras son válidas na división VI e inferiores
Estas novas regras son válidas na división VI e inferiores, polo que non afectan ao sistema completo de ligas. Na división V e superiores manterase o sistema actual de ascenso e descenso para os bots (así como para os bots que resulten campións na división VI, como se mencionou antes, aínda que é un caso moi raro en case todo o mundo). Non obstante, hai moi poucos bots por enriba da división VI (máis do 99% dos bots xogan na división VI ou inferior).

A razón pola que se manteñen as cousas como están da división V en diante é porque teñen promoción, e sería moito máis complicado crear un sistema que tamén a abranga (polo menos, como parte deste primeiro paso).

As división repletas con bots serán pechadas
Se a división máis baixa dunha liga está completamente ocupada por bots, a HFA procederá a pechala e borrala do sistema de ligas. Isto farase para evitar que un novo equipo entre nunha división chea de equipos bots. No caso de que non queden prazas para novos usuarios (se tódolos equipos están ocupados), a división eliminada será facilmente reintroducida no sistema.

Exemplo sobre o novo panorama
Neste primeiro proceso, unha morea de equipos serán ascendidos gratuitamente, posto que haberá moitos bots enviados ás divisións baixas. Obviamente, cando remate a próxima tempada haberá moitos menos ascensos gratuítos. Para dar un bo exemplo do impacto desta medida:

En España hai 28157 equipos bots. Hoxe en día, 6336 xogan na división XI, 11086 na X, 5521 na IX, 2942 na VIII, 1517 na VII e 651 na VI. Na próxima tempada haberán 24 bots na división VI e 28029 na XI, e non haberá ningún bot nas divisións VII, VIII, IX e X.

(Ten en conta que estes datos só son preliminares, pode haber algunhas pequenas diferenzas na situación final - aínda que segue dando unha boa imaxe do que sucederá).

Non quero ascender gratuitamente
Se, por algunha razón, non queres ascender de xeito gratuíto e coñecer novos retos, a HFA ofréceche a posibilidade de decirlle "non" ó ascenso na túa páxina de preferencias. O mércores, esa opción aparecerá nas preferencias (con "aceptar o ascenso" como opción por defecto). Por suposto, isto aplicarase só en caso de conseguires un ascenso extra, e non para o ascenso ordinario.

Pero recorda que a HFA non aceptará o "non" como resposta se xogas na división máis baixa e esta se vai encher con bots (e, por tanto, vai ser pechada e eliminada). Se iso ocorre, serás ascendido de todos modos, pois os novos usuarios terían un aburrido comezo da súa carreira en Hattrick se só xogasen contra bots.
 
Server 070