Usamos galletiñas (cookies)—axúdannos a proporcionarche unha mellor experiencia online.
Ó usares o noso sitio web, aceptas que poidamos gardar galletiñas—cookies—e acceder a elas no teu ordenador.

O mundo »   Novas 

Novas

2-24-2010 Editorial: Vindeira tempada: Mellor equilibrio nas formacións

Queremos darche a coñecer que para a vindeira tempada temos preparada unha actualización importante do motor de xogo, tal como fixemos esta mesma tempada. A última actualización, non obstante, non se deseñou para que afectara moito á xestión do manager, pero esta si que o será.

A nosa intención con esta próxima actualización é darlle ao motor do xogo un mellor equilibrio entre as diferentes formacións e as diferentes demarcacións do equipo. Tamén queremos facer que a túa interacción co motor sexa máis doada e con menos dificultades, sobre todo á hora de dar as ordes dos partidos.

Na práctica esta modificación fará posíbel que uses máis formacións ca antes, e tamén reducirá o poder do centro do campo. Incluirá cambios para mellorar a experiencia e a confusión, así como tamén algúns cambios na contribución dos xogadores.
Para alguén que non estea moi metido no tema das formacións isto podería ser unha "frikada futboleira". Para min (e imaxino que para moitos máis) hai moita maxia dentro deses tres números. As formacións falan de como deseñan os equipos o seu partido, que intencións teñen e tamén de como poder parar os puntos máis fortes dos rivais.

É algo brillante que non exista "unha formación para dominalas todas". Unha táctica podería ser a perfecta receita contra un rival, pero bastante mala contra outro. O que realmente importa é o que fagas con eses números, o que poñas detrás deles. Isto é tamén o que queremos que sintas cando xogues ao Hattrick.

Os puntos a favor
Como xa mencionamos o pasado verán no noso editorial sobre a visión do xogo, queremos equilibrar e simplificar o motor do xogo. Desexamos engadirlle ese sentimento do que falamos arriba e tamén faremos que te centres máis no teu equipo, abrindo máis camiños para conseguir o éxito e facer que as túas decisións sexan máis doadas de entender e executar (sendo isto o máis importante nos nosos deseños).

Polo tanto, a vindeira tempada terás un mellor equilibrio do motor do xogo, ou o que é o mesmo, será máis doado interactuar con el. Tódolos detalles sobre estes cambios serán explicados ao seu debido tempo para o lanzamento, pero hai algunhas cousiñas das que queremos que vaias sendo coñecedor antes:

Respecto á contribución
Hoxe en día unha 3-5-2 é a formación dominante de lonxe, a maioría porque pode maximizar as cualificacións do centro do campo e darlle ao mesmo tempo un bo ataque e unha defensa decente. Pero incluso se escolles outra formación para xogar con tres medios normalmente é unha boa idea se queres ser competitivo.

Queremos un uso máis diversificado das formacións. Un ambiente máis creativo daríalle máis diversidade e aumentaría as opcións tácticas e estratéxicas, as cales co tempo aportaríanlle moitísimo ao xogo. Para achegarnos a isto e motivar aos managers a usar outras formacións, necesitamos baixar a importancia dos medios, en especial o usar os tres medios. Isto é unha das cousas que ocurrirá nesta actualización.

En principio, despois desta actualización, será igual de bo ca antes xogar cun só medio, xogando con dous perderase algo e xogando con tres perderase incluso máis. Este principio é tamén válido para outras demarcacións na posición central (defensas e dianteiros), pero nestes casos será máis beneficioso ca no pasado poñer a un só xogador nesa posición, xogando con dous será igualmente bo. Non obstante, se xogas con tres perderase efectividade con respecto á situación actual, inda que non tanto coma no caso dos medios.

Tamén se fixeron algúns axustes na contribución dos xogadores enfocados a esta misión, para valoralos hai que ter en conta:

- Extremo, defensas laterais e dianterios farán un pouco máis de uso da súa habilidade de extremo.
- Os dianteiros defensivos técnicos aportarán menos ao medio, pero un pouco máis ás bandas.

Respecto ás formacións
Os cambios para mellorar a experiencia e a confusión están incluídos nesta actualización. En esencia será máis doado para ti aumentar e manter a experiencia da formación, e ademais xogará un papel máis importante cando apareza a confusión no campo. Ademais:

- Podes adquirir experiencia en tódalas formacións posíbeis (2-5-3, 5-2-3 e 5-5-0 serán formación novas).
- As formacións extremas (máis de 3 centrais tanto en defensa, coma no medio, coma na dianteira, por exemplo unha 7-3-0 ou unha 4-6-0) non serán posíbeis de utilizar.
- A 4-4-2 será tratada ao igual que outras formacións.

Os xuvenís primeiro
Esta actualización será primeiro posta en funcionamento para os equipos de xuvenís máis adiante nesta tempada. Isto permitirá que a probemos durante unhas semanas para asegurarnos de que o motor funciona ben, e ao mesmo tempo daráche tempo para facer algunhas probiñas.

Para os primeiros equipos agardamos poder lanzar esta actualización para os últimos partidos amigábeis desta tempada (non é posíbel dar máis tempo de período de proba para os primeiros equipos, xa que non podemos ter funcionando o novo motor e o antigo ao mesmo tempo). Isto tamén significa que temos que mirar outras datas para as semifinais e a final da Copa do Mundo.

Isto é todo por agora. Aportaremos máis información cando esta actualización teña lugar para os xuvenís.
 
Server 070